31/5/10

Libro xigante

Xa está rematado o libro xigante que elaboramos entre todos os ciclos e que traballamos durante este curso, a través do proxecto VOZ NATURA.


25/5/10

Unha boa nova

Dámos conta deste correo que nos envían dende o Teatro Pastor Díaz de Viveiro:

"A biblioteca pública municipal de Viveiro para conmemorar o "Día das letras Galegas 2010" organiza unha función de teatro no teatro Pastor Díaz de Viveiro da compañía "Migallas" teatro que terá lugar o día 27 de maio (xoves) ás once e media da mañá; dita actividade está proposta para os nenos de terceiro e cuarto de primaria dos colexios do municipio, O nome do espectáculo e ¡Canta Connosco! e a duración aproximada é de 60 minutos. É un espectáculo que combina as cancións con accións dramáticas .Os temas que se tratan son: o consumismo, o coidado das mascotas, o pracer da lectura e a importancia da imaxinación.


Aquí podemos atopar información da compañía MIGALLAS TEATRO

24/5/10

Seguimos a traballar

Estes días na Bibliosoños andamos moi atarefados pois estamos a elaborar a memoria das actividades levadas a cabo e tamén o novo proxecto do PLAMBE para o vindeiro curso.

Aquí podemos ver un resumo en imaxes:

18/5/10

Adicado ás LETRAS GALEGAS

Hoxe estamos a levar a cabo unha actividade proposta polo Departamento de Normalización Lingüística do Centro:
24 horas en GALEGO.

RUFO,  a mascota da Bibliosoños, tamén vai participar!!!

Pola tarde, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, teremos sesión de Teatro para conmemorar as LETRAS GALEGAS.
Este é o programa invitación para as familias.

Neste enlace podemos ver as fotos no Teatro Pastor Díaz


16/5/10

17 de maio
DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Nacido en Folgoso do Courel en 1930, foi un dos referentes da poesía galega contemporánea. Morreu en Santiago de Compostela cando apenas entrara na ancianidade, o 30 de outubro de 1999, e foi soterrado en Lugo. A bibliografía de Novoneyra é moi complexa, e algúns dos seus poemas máis célebres foron publicados en revistas ou panfletos moito antes de seren recollidos en libro. Unha das obras que podemos destacar é Os Eidos, con poemas escritos entr e1952 e 1953.

Neste blog temos unha páxina adicada á súa vida e obra.   


Para conmemorar esta data  estamos a facer moitas actividades e o martes, 18 de maio, iremos ao Teatro Pastor Díaz onde os alumn@s de 5º e 6º curso representarán a obra  QUE CIRCO, MAMMA MIA!!! e tamén farán unha semblanza de Uxío Novoneyra, ademáis de outras sorpresas!


13/5/10

QUE BE
O PASAMOS
NA FESTDMAIO !!!




10/5/10

Festa do Maio

Se o tempo o permite, o xoves 13 de maio, imos celebrar a nosa particular Festa do Maio.
Vestiremos roupas, sombreiros...con moitas flores e cantarémoslle ao Maio a canción que xa sabemos tod@s...


O curso pasado pasámolo moi ben!!!

3/5/10

Educación documental.

Educación para o acceso á información (educación documental).
Un dos obxectivos básicos da Biblioteca escolar é dar a formación necesaria aos usuarios para poder utilizar todos o recursos existentes coa maior precisión e exactitude.

Os alumnos e alumnas de 6º curso xa levan feito varios traballos partindo da información facilitada a través das páxinas do blog da Bibliosoños e outros documentos da Biblioteca.

Agora acaban de entregar os seus murais e traballos sobre Mozart. Para a súa elaboración buscaron a información na páxina adicada a Mozart, primeiro traballamos na Biblioteca, nas clases de música e cidadanía e despois, individualmente nas súas casas, fixeron os murais.



Quedaron moi ben e aprenderon moito sobre a vida e obra de Mozart!!!