27/11/18

Saída ao Teatro


O alumnado de 2º e 3º curso, xunto coas súas titoras Angélica e Rosa, acuden hoxe ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro para asistir á representación do espectáculo infantil "Contos do recreo" da compañía REDRUM TEATRO.

Continuando a temática de acoso escolar iniciada con "A meniña que quería navegar", a compañía presenta esta historia inspirada libremente en Conto de Nadal, de Charles Dickens. Nesta ocasión a protagonista é Alicia, unha moza que goza facéndolle a vida imposible as súas compañeiras, e que se verá inmersa nunha aventura que a cambiará para sempre. No recreo previo ao exame máis importante do curso chegará, coma se fose a protagonista do País das Marabillas, ata un máxico lugar onde habita Xacobe, o estrafalario bedel custodio da impoñente porta que coroa o lugar. Para poder saír de alí e chegar ao exame, Alicia terá que resolver os enigmas e superar os obstáculos que se esconden tras a porta dos recreos pasados, presentes e futuros. Aprenderá que a agresividade e a falta de empatía só conducen á infelicidade e a frustración, e que para poder quererse a si mesma e aos demais ten que desterrar esas condutas da súa vida.

26/11/18

Alumnado de 6º curso participa na charla sobre micromachismos

O luns, 26 de novembro, o alumnado de 6º curso de Primaria participou na charla sobre "micromachismos" impartida pola psicóloga do CIM de Viveiro, Ana Abad.
Na mesma realizouse unha dinámica de traballo en grupo nas que as nenas e nenos tiñan que identificar si había ou non  "micromachismo" en diferentes situacións:
  • Dicir que un home axuda nas tarefas do fogar...
  • Pensar que unha boneca non pode gustar ou ser un agasallo de neno...
  • Que as mulleres paguen menos ou entren gratis nas discotecas...
  • Empregar "Tocouche de niñera" cando un amigo queda ao coidado dalgunha persoa que o necesia...
  • Vestir a unha nena de rosa...
  • Dicir o guapa que está unha amiga... 
  • Ofrecer axuda a unha muller cun carriño de bebé a subir ou baixar as escaleiras...

24/11/18

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo.

Esta conmemoración foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999, a proposta da República Dominicana, e co apoio de 80 países. 
No colexio traballamos cara á igualdade entre nenos e nenas, mulleres e homes, onde descartamos todo tipo de violencia.
Durante esta semana levamos a cabo varias actividades:
  • Lectura de libros para unha educación en igualdade
  • Elaboración de murais, debuxos...
  • Participación no acto convocado polo Concello de Viveiro a través do CIM (Centro de Información ás Mulleres) que tivo lugar o venres, 23 de novembro, no pavillón polideportivo de Viveiro. Neste acto participaron colectivos, colexios e institutos do Concello de Viveiro; en representación do noso colexio actuaron as nenas e nenos de primeiro curso cantando unha canción (Quiero ser feliz) e o alumnado de sexto curso dramatizou a canción de Rozalén "La puerta violeta". A continuación podemos ver o vídeo:

20/11/18

LUZ POZO GARZA, filla adoptiva de Viveiro

 A Biblioteca do CEIP de Celeiro faise eco da noticia tan importante para o noso Concello:
Dona Luz Pozo Garza foi nomeada FILLA ADOPTIVA DE VIVEIRO o domingo 18 de novembro nunha sesión que tivo lugar no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

Luz Pozo  Garza naceu en 1922 en Ribadeo, Lugo e é alí onde vive ata 1929 cando se traslada a súa familia a Viveiro, Lugo.
SEGUIR LENDO

MÁIS INFORMACIÓN:

Viveiro volcouse no nomeamento de Luz Pozo (La Voz de Galicia)

«Viveiro, Viveiro, Viveiro...! Canto te botei de menos naqueles anos!» (La Voz de Galicia)

VÍDEO  DE

Publicado el 19 nov. 2018



19/11/18

Traballamos os Dereitos da Infancia

O martes, 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, por iso nas aulas as nenas e nenos farán diferentes actividades para lembrar esta data. Poderán consultar os libros e traballos que están expostos no recuncho do corredor e que nos falan dos mesmos.

Durante a semana, na Hora de Ler, o alumnado de Valores de 6º curso fará un Apadriñamento Lector aos diferentes cursos de Infantil e Primaria. Lerán "O lapis máxico de Malala", con el poderán reflexionar sobre os Dereitos dos Nenos e das Nenas.
Tamén poderemos visualizar o vídeo que preparamos sobre este mesmo libro.

Tamén podemos atopar moita máis información nesta páxina da BIBLIOSOÑOS
e no BLOG DOS DEREITOS DA INFANCIA
https://sites.google.com/site/traballardereitosnenos/

18/11/18

Día Universal da Infancia

https://www.unicef.es/causas/derechos-ninos/dia-internacional-nino

O Día Universal da Infancia, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.  

UNICEF traballa todo o ano para conseguir cambios reais na vida dos nenos e as nenas, e o Día Universal do Neno é un momento clave para sumarnos a este chamamento mundial a favor da infancia e dos nenos máis vulnerables.  MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ

15/11/18

MAGOSTO no colexio

Neste precioso día de outono fixemos o xa tradicional MAGOSTO no noso colexio.
As nenas e nenos trouxeron un montón de castañas que Antonio e Lorenzo asaron con moito esmero e logo degustamos todos xuntos.
Logo de comer e beber fixemos 9 grupos  (con nenas e nenos de diferentes cursos) para xogar  ao Relevo de Castañas, Petanca, Castagolf, Castaña Cega, Mariola, Comecastañas, Pescacastañas, Castaña Dance e Laberinto.


NO SEGUINTE VÍDEO PODEMOS VER UN RESUMO DA FESTA

14/11/18

Saída cultural do alumnado de 3º e 4º de primaria

Na mañá do mércores, 14 de decembro, o alumnado de 3º e 4º curso de primaria, xunto coas súas titoras Rosa Blanco e Xulia Calvo, acompañadas do tamén profesor Vicente Míguez, acudiron á Lonxa de Celeiro onde visitaron todas as instalacións e asistiron a unha subasta de peixe. 
Tamén visitaron as instalacións do Heliporto Costa Norte onde observaron os materiais que utilizan no salvamento marítimo, o helicóptero e lles explicaron como realizan os rescates no mar.





8/11/18

Exposición dos REFRÁNS DO OUTONO


Rematado o prazo para traer os traballos da procura de REFRÁNS DO OUTONO, que convocou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e maila Biblioteca Escolar, agora toca ver a exposicións dos mesmos.
Temos que felicitar ás nenas e nenos que participaron pois fixeronno moi ben!




Unha nova doazón

Virginia Jiménez, mestra do noso colexio, fixo doazón do libro 
¡Mal tiempo! de Helen Young.
Que é un alude? Son moi destrutivos os tornados? Como se forman os furacáns? Cambiou o clima ao longo dos séculos? Que é a choiva aceda? E o efecto invernadoiro? Estas son algunhas das cuestións que trata este fermoso libro de Ciencias.

5/11/18

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2018

Artigo importante recollido no Blog das
BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Clica na imaxe para ler toda a información
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1151
Algúns recursos dispoñibles para estimular o achegamento á ciencia en galego, en novembro e durante todo o ano, na biblioteca escolar. 

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE CIENCIA