PROXECTO ELBE (LECTURA DIXITAL)

 ELBE.2: LECTURA DIXITAL NA BIBLIOTECA ESCOLAR
24/04/2018

No mes de marzo do ano 2014 puxemos en marcha o proxecto ELBE nos cursos de 5º e 6º de Primaria. 
(Entrada no blog da Bibliosoños). 
Neste curso a Consellería seleccionou o noso centro, xunto con outros 49 de toda Galicia, e dotounos dunha partida económica para dar continuidade á primeira fase ELBE e poder así contar cun novo recurso que amplía os fondos da biblioteca cunha primeira selección de recursos en formato dixital. Trátase do proxecto ELBE.2 e que estamos a poñer en marcha nestes días.
O profesorado e alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso recibirán unha formación de usuarios para coñecer esta plataforma e como poder descargala.
Na seguinte presentación atopamos máis información.
CLICA NA IMAXE
http://bega-elbe2.edu.xunta.es/opac/#


Poñemos en marcha os libros electrónicos
 11/03/2014
Asistimos na actualidade a importantes cambios na forma de presentar os textos e de acceder á súa lectura, coa incorporación de novos soportes e novos artefactos (lectores electrónicos, tabletas, e outros), que cómpre ir introducindo na biblioteca escolar, co fin de que o alumnado poida coñecer de primeira man, e coa orientación do profesorado, os novos soportes.
Porén, a incorporación dos lectores electrónicos nas bibliotecas conleva certa complexidade, pois a industria editorial e a industria tecnolóxica está aínda probando soportes e formatos, e procurando solucións a problemas que se presentan. Unha das incógnitas por resolver é a mellor fórmula para realizar os préstamos de lectores e de libros electrónicos no contexto específico das bibliotecas dos centros de ensino. Entre tanto, é desexable que o noso alumnado teña acceso a estes soportes e que o profesorado poida probar as posibilidades que ofrecen, na mellora da competencia lectora e no de- senvolvemento de hábitos de lectura, ámbolos dous obxectivos do Proxecto Lector de Centro.
Comezamos a nosa andaina poñendo en marcha este tipo de lectura nos cursos do 3º ciclo.
Na presentación podemos ver a información que recibirán os alumnos e alumnas.

No hay comentarios: