BIBLIOTECA e EDLG do CEIP de CELEIRO.
Celeiro-Viveiro (LUGO)
▼
11/11/14
Hoxe, día de San Martiño, celebramos o noso MAGOSTO
A palabra magosto designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo. Celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro.
REFRÁNS:
As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.
Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.
Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
Polo san Martiño, castañas e viño.
Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario