O caderno dixital do CEIP Antonio Pedrosa Latas, colexio incluído en Naturacción (subprograma de Voz Natura patrocinado pola Fundación Alcoa e en colaboración coa Consellería de Educación), é a bitácora gañadora do premio a mellor blogue do programa Voz Natura no seu 20º aniversario. O xurado seleccionouno como exemplo de como un caderno dixital pode recompilar todas as actividades de Educación Ambiental desenvolvidas nun centro, integrando as distintas áreas curriculares, departamentos e accións que involucran a toda a comunidade escolar.
Para toda a comunidade educativa do noso colexio é unha noticia moi importante e que agradecemos ao programa Voz Natura.
O blogue comeza a súa andaina no mes de maio de 2009, despois de recibir un curso de formación a través do programa Voz Natura, e vimos que era un medio moi interesante para poder amosar todo o traballo e actividades que levamos a cabo relacionadas coa Educación Ambiental.
Ao longo de moitos anos o profesorado, alumnado, persoal non decente, ANPA e Institucións traballamos para conseguir un entorno respetuoso co Medio Ambiente e agradable para podelo disfrutar día a día. Por iso este premio vai dirixido a toda a Comunidade Educativa e será un aliciente para seguir traballando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario