25/11/09

Recomendamos este libro para todas as idades.

Onde Viven os Monstros (título orixinal en inglés Where The Wild Things Are) é un libro infantil creado por Maurice Sendak. O libro foi escrito en 1963, sendo condecorado coa Medalla Caldercott en 1964. Tamén gañou o Boston Globe-Horn Book Award e foi un libro notable da Asociacion de Bibliotecas Americana.

O libro conta a historia de Max, un neno moi intelixente, incomprendido e rebelde, que se escapa da casa tras unha forte discusión coa súa nai. Pero non é unha fuxida calquera, pois Max se interna nun bosque misterioso creado pola súa propia imaxinación. O seu obxectivo: chegar á terra das Cousas Salvaxes, un lugar onde poderá facer travesuras para sempre.
Na Bibliosoños temos unha edición en galego e outra en catelán, estantería F.





24/11/09

Decálogo para crear bos lectores

Esta é unha cuestión que preocupa a moitos pais e nais que poden acabar desorientados e impotentes ante o feito de que os seus fillos dediquen todo o tempo libre de que dispoñen a estar diante dunha pantalla. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no seu Plan de Fomento da Lectura establece dez principios imprescindibles para crear bos lectores.
Nesta guía para pais aparecen moitas frontes polos que hai que actuar, e o principal obstáculo é que requiren de tempo, dedicación e constancia. Desde que son moi pequenos. Pero ninguén dixo que fose fácil...

1.Dar exemplo. As persoas adultas somos un modelo de lectura para os nenos. Leamos diante deles, gocemos lendo. Trátase dunha mostra da lema que máis recentemente fixo seu o Plan de Fomento da Lectura: Si ti les, eles len.

2.Escoitar. Nas preguntas dos nenos está o camiño para seguir aprendendo. Esteamos pendentes das súas dúbidas.

3.Compartir. O pracer da lectura contáxiase lendo xuntos. Leamos contos, contemos contos.

4.Propor, non impor. É mellor suxerir que impor. Evitemos tratar a lectura como unha obrigación. Este é o problema básico con que se atopan os nenos e mozos en moitos centros educativos: as lecturas obrigatorias moitas veces non apetecen o máis mínimo.

5.Acompañar. O apoio da familia é necesario en todas as idades. Non os deixemos sós cando aparentemente saben ler.

6.Ser constantes. Todos os días hai que reservar un tempo para ler. Busquemos momentos relaxados, con boa disposición para a lectura.

7.Respectar. Os lectores teñen dereito a elixir. Esteamos pendentes dos seus gustos e de como evolucionan.

8.Pedir consello. O colexio, ás bibliotecas, as librarías e os seus especialistas serán excelentes aliados. Fagámoslles unha visita.

9.Estimular, alentar. Calquera situación pode proporcionarnos motivos para chegar aos libros. Deixemos sempre libros apetecibles ao alcance dos nenos.

10.Organizarse. A desorganización pode estar rifada coa lectura. Axudémoslles a organizarse: o seu tempo, a súa biblioteca...

23/11/09

Conto: A que sabe a lúa?

A que sabe a lúa?  Este libro podedes atopalo na Bibliosoños estantería E, letra c esquerda.

20/11/09

20 aniversario da Convención dos Dereitos da Infancia

Na Bibliosoños celebramos o día Dos Dereitos do nenos e nenas. Tal día coma hoxe, un 20 de novembro de 1989 a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos dos nen@s.Agora estamos a celebrar o vixésimo aniversario.
A actividade que programamos na Bibliosoños implicou aos alumnos e alumnas de 6º curso, dentro da clase de Educación para a Cidadanía, que fixeron de pequenos profesores. Os demais alumnos de Infantil e Primaria atenderon moi ben ás explicacións, fixeron moitas preguntas e comentarios moi importantes.
Pouco a pouco imos sabendo máis dos nosos dereitos pero tamén nos temos que acordar que iso implica ter tamén deberes.

Abride a páxina especial que se titula CELEBRACIÓN: DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA E ATOPAREDES MOITA INFORMACIÓN.

13/11/09

Novidades na Bibliosoños



Hoxe chegaron tres libros novos á Bibliosoños

SACAPENAS de Anthony Brownw, editorial Kalandraka.

LA ISLA DEL TESORO de Geronimo Stilton, editorial Destino

E por último un cómic dos de sempre RUE DEL PERCEBE de Francisco Ibáñez.

QUE OS DISFRUTEDES!

5/11/09

Astérix e Obélix cumplen 50 anos

O mundo enteiro celebra hoxe o 50 aniversario da primeira publicación do cómic de Astérix e Obélix, creada polo guionista René Goscinny e o debuxante Albert Uderzo e que viu a luz o 29 de outubro de 1959. Desde a década de 1960, Asterix e Obélix convertéronse nos heroes de debuxo, xunto a Tintín, máis coñecidos do planeta e non perderon nadiña de nada da súa forza nos seus 50 aniversarios, todo o contrario, cada día son máis os seus seguedores.

PICA AQUÍ PARA ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN E PODER VER UNS VÍDEOS DA PELÍCULA "A SORPRESA DO CÉSAR"
Na Bibliosoños temos moitos cómics de varias coleccións.