28/9/18

Donación de libros para o colexio

A familia do alumno Iago Sánchez de 6º curso de Primaria fixo entrega dun lote de libros que imos aproveitar para as bibliotecas de aula.
Moitas gracias pola súa aportación.

27/9/18

Un libro moi especial na BIBLIOSOÑOS

O profesor do centro, Vícente Míguez Salgueiro, vén de facernos entrega dun volume do libro 
"Conserveiras 
de Celeiro, Vicedo, Bares e Barqueiro"

que escribiu xunto co tamén profesor do CEP Lois Tobío, historiador, presidente do Seminario de Estudos Terra de Viveiro e Cronista Oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal.
Invitamos a toda a Comunidade Educativa a participar da lectura de tan interesante libro.



20/9/18

Resolución do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2018-2019


O DOG do 20 de setembro publica a Orde de 10 de setembro de 2018 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios, de titularidade desta consellería, para o curso 2018/19.  
O documento conta de catro anexos, segundo os diversos apartados contemplados na convocatoria inicial:
  • Anexo I: Centros integrados no PLAMBE en convocatorias de 2005 a 2007, e de convocatorias de 2011 a 2016, que reciben asignacións para ampliar e renovar os fondos da colección.
  • Anexo II: Centros integrados no PLAMBE nas convocatorias de 2008 a 2010, que reciben, igualmente,  asignacións para renovar os fondos.  Neste caso tamén reciben asignación para renovar e ampliar mobiliario e equipamento imprescindible para o funcionamento da biblioteca como centro creativo de aprendizaxes.
  • Anexo III:Centros integrados no PLAMBE na convocatoria 2017, que reciben asignación para fondos, mobiliario/equipamento e gastos de funcionamento da biblioteca escolar.
  • Anexo IV: Centros públicos que se incorporan ao Plan de mellora de bibliotecas nesta última convocatoria de 2018 e que igualmente reciben asignación para fondos, mobiliario/equipamento e gastos de funcionamento da biblioteca escolar.
O noso Centro pertence á Convocatoria 2009-2010, polo que este vai ser o 10º curso que estamos neste Plan. 
Ademais de asinarnos orzamento para libros (1400 €) tamén nos asinaron orzamento para mobiliario e equipamentos (1200 €). En total 2600 € que empregaremos na mellora da nosa BIBLIOSOÑOS.

12/9/18

1º día do curso escolar 2018-2019

Enviámoslles un afectuoso saúdo de benvida ao iniciar este novo curso escolar. 
Comezamos esta nova andaina con entusiasmo e ilusión e como sempre, comprometéndonos a impartir unha formación integral, enfocada cara á adquisición de valores, aprendizaxes e competencias.

5/9/18

Comezamos o curso 2018-2019

Imos comezar un novo curso e facémolo dando a noticia de que alumnado do noso colexio foi premiado en varias categorías, no  
Concurso de Carteis "Festa da Merluza de Celeiro 2018"
que convoca o Colectivo Chilindrín-Asociación Penalba de Celeiro 
https://www.facebook.com/Colectivo-Chilindr%C3%ADn-Penalba-648716995232388/?hc_ref=ARR1cCju-9Yca5D5nPiGmOggfFoUa0Xhdi0VJaeY5gLLdambP3Wi7Nkf8a54MxXlVzo&fref=nf&__xts__[0]=68.ARAfHeLeY6jgQzDYWZDV_GvUH9rpsE7XfwcVKm8WrweDqUeW-dRS-oiJ7ZXfoAzPK17W9Pe_YUuyr8w_L6hBGg68RsXVNANgFDMx9g6CtIR7c_Gq5Yv9wJK2R04eV_noMU-cyhO-mIBntfl8qkZFtt3NhPR6YKc3zfhkKBnzdw0oOoDguVFB3g&__tn__=kCH-R


1º Premio: Gardaría Municipal de Viveiro.
2º Premio: 4º Infantil, CEIP de Celeiro.
Accesit: Pedro Arias Garcia, 4º Primaria, CEIP Celeiro.
Accesit: Amalia Alonso Otero, 2º Primaria, CEIP Celeiro

Noraboa a todas e todos os participantes e felicidades polo premios acadados.
Estos son os carteis gañadores:
 4º Infantil
 Pedro Arias
Amalia Alonso