Mostrando entradas con la etiqueta Entrevista. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entrevista. Mostrar todas las entradas

8/1/13

José Gómez Casas colabora co noso colexio

José Gómez Casas foi alumno deste colexio do que garda moi bos recordos, en especial o seu primeiro día cando entrou con 3 anos, a súa avoa díxolle que... "ía á compra e que enseguida o volvía a recoller".
As súas asinaturas preferidas eran as Matemáticas e a Educación Física. Despois foi ao Instituto María Sarmiento e recoñece que lle costou un pouco adaptarse pero máis adiante, xunto co seu pai, incorporouse á Educación Secundaria para Adultos e ámbolos dous remataron os estudos. 
Iso si que é esforzo e valentía!
Jose segue a estudar con entusiamo no IES de Ortigueira o Ciclo Medio de Carpintería e incluso recoñece que tivo boas notas.
Compaxina os seus estudos co traballo na empresa de carpintería do seu pai "Che Ramón". Ao comezar a traballar a súa vida persoal toma un rumbo moi especial que el así valora, dado que se pode organizar mellor, con máis "orden" e que lle permite poder estudar e divertirse coma un rapaz da súa idade (ten 17 anos). Recoñece que a orientación do seu pai foi básica para poder emprender esta nova etapa da súa vida.
Che Ramón e Jose están a colaborar en varios proxectos do colexio: 

18/3/11

Entrevista a Xaneco

Xoán Manuel Tubio Fernández, coñecido por XANECO é un Luthier de Outeiro de Rei .
Esta semana estivo no noso colexio para impartir o Obradoiro de Instrumentos Musicais. 
O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de LUGO leva a cabo estes obradoiros para facer chegar ás escolas o coñecemento dos oficios artesanais, neste caso o da elaboración de instrumentos musicais tradicionais galegos.

- Xaneco, como foi o resultado deste obradoiro no colexio de Celeiro?

--Moi positivo, os nenos e nenas traballaron con ilusión e pasaron uns momentos moi entretidos. Cada un fixo unha ferreña que van poder levar para as súas casas.
-Cal é a túa especialidade?

--O que máis fago son instrumentos de percusión tradicional galega e tamén zanfonas, que son as que máis traballo levan, cada unha pode levar arredor de mes e medio de traballo.

Quen solicita este tipo de instrumentos?

--Traballo moito por encargos de músicos profesionais, asociacións culturais e agrupacións folclóricas.