27/2/18

Preparándonos para a fase final do concurso Rosalía sempre viva

No noso colexio xa levamos a cabo a fase de selección dos participantes para  a fase final da IV edición do concurso que convoca  a Casa-Museo Manuel María

Na primeira categoría concursarán:
  • Sara Asmerón Fernández de 3º curso
  • Lucas Fernández Sierra de 3º curso
 Na segunda categoría concursarán:
  • Pedro Gil Fernández de 4º curso
  • Inés Cachón Oulego de 6º curso


FASE FINAL
a) A fase final celebrarase na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei – Lugo) o sábado 10 de marzo.
b) O concurso consistirá no recitado dun único poema por cada participante escollido libremente entre a obra en galego de Rosalía ou a de Manuel María.

Desexámoslles que pasen un día estupendo en compañía doutros nenos e nenas de diferentes colexios, que  o disfruten e estamos seguros que o van facer moi ben. Moita sorte aos catro!!!

 

23/2/18

Hoxe celebramos o DÍA DE ROSALÍA

Despois do recreo, todo o colexio marchou cara a Praza do Chao onde nos esperaban as nosas familias. Alí recitamos e cantamos moitos poemas de Rosalía.
Tamén presentamos a nosa GRAN FIESTRA que levaba unha imaxe de Rosalía e o poema Adiós ríos, seguindo a proposta da AELG.
Todo o alumnado realizou a súa fiestra para levar ás casas.
No seguinte vídeo podemos ver un resumo do acto.

VÍDEO ABRIMOS A NOSA FIESTRA


19/2/18

Día de Rosalía 2018

O 24 de febreiro Rosalía de Castro está de aniversario, unha xornada a celebrar festexando á autora.

No colexio  estamos a traballar en varias actividades:
  •  aprendendo poemas, cancións, 


O vindeiro venres, 23 de febreiro, a partir das 12:00 horas, faremos un acto de lembranza na Praza do Chao onde presentaremos todos os traballos.


https://sites.google.com/site/bibliosonosrosaliadecastro/rosalia-de-castro-curso-17-18

EXPOSICIÓN DE LIBROS E TRABALLOS



8/2/18

Renovación das Mochilas Viaxeiras

Hoxe o alumnado de 4º e 5º curso renovaron o contido das 3 Mochilas Viaxeiras que teñen en cada curso.
A Mochila Viaxeira está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.

 
A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola na súa labor común para a formación dos lectores máis novos.

1/2/18

Xa estamos preparando o Entroido no colexio

NO BLOG DO ENTROIDO ATOPAREMOS TODA A INFORMACIÓN SOBRE A NOSA FESTA

https://entroido2010.blogspot.com.es/2018/