28/2/20

Traballos sobre Rosalía de Castro

Seguimos presentando traballos realizados no colexio para dar a coñecer e conmemorar a figura de Rosalía de Castro. Nesta ocasión presentamos uns murais presentados e complementados con poemas e cancións sobre Rosalía

  • MURAL  de Infantil

  • TRABALLOS de 1º e 2º de Primaria

  • MURAL de 3º e 4º de Primaria 

 

  • LIÑA DO TEMPO 5º de Primaria

 
 

27/2/20

PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO Nº 9

PROGRAMA NÚMERO 9 
"ESPECIAL ROSALÍA DE CASTRO"
GRAVACIÓN XOVES, 27 DE FEBREIRO 
EQUIPO TÉCNICO: DANIEL E MATEO 
PRESENTADORES: CARLA, ÁNGELA, IKER 

Hoxe foi un día especial no noso colexio, recordamos a Rosalía de Castro. O luns pasado, 24 de febreiro, foi o seu día pero como estabamos de vacacións de Entroido, deixámolo para hoxe e os vindeiros días.
Comezamos presentando o Programa de Radio na Biblio "Especial Rosalía de Castro" no que poidemos entrevistar á profesora Anxélica Novo e escoitamos as cancións "Viudas de vivos, viudas de mortos" e "Pasa río, pasa río" cantadas polos nenos e nenas do colexio.


21/2/20

FESTA DO ENTROIDO 2020


O venres, 21 de febreiro, despois dunha semana chea de "antroidadas" celebramos a nosa Gran Festa.
  • O desfile fixémolo no Pavillón porque chuviscaba un pouquiño. Tivemos moito público e aplaudíronnos moito as nosas familias.
  • Tamén fixemos os bailes e cancións que tiñamos preparadas.
  • Tomamos un chocolate moi rico acompañado de rosquillas, orellas, fereixos e outras larpeiradas
  • Rematamos novamente bailando e xogando no patio pois xa quixo saír o sol.
Viva o Entroido no Colexio!
Viva o Entroido en Celeiro!

 A continuación podemos ver o vídeo da festa e tamén unha reportaxe fotográfica de toda a semana


19/2/20

PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO Nº 8

O alumnado encargado de realizar o PROGRAMA Nº 8 de RADIO NA BIBLIO foron: Pedro, Irene, David, Elena e Cristina.
Un programa dedicado ao ENTROIDO no noso colexio, cunha entrevista á directora Rita Lamas.
Foi gravado o mércores, 19 de febreiro de 2020,  na Biblioteca do Centro. 


18/2/20

Encontro Literario con MARÍA ROLLE

Hoxe, o alumnado de 4º de Primaria, tivo un Encontro Literario con MARÍA ROLLE, autora do libro "Esta non é outra historia de piratas".
Foi unha sesión moi divertida: 
  •  As nenas e nenos entregaron a María un libro feito cos debuxos de cada capítulo do libro.
  • Visualizaron un vídeo de presentación do libro.
  • Fixeron unha "caza do tesouro".
  • Rematamos cunha  asinatura de libros.



DÁMOSLLE AS GRAZAS A MARÍA 
POR VISITARNOS E CONTARNOS MOITAS COUSAS SOBRE

"Esta non é outra historia de piratas"

14/2/20

Imos comezar a semana do ENTROIDO NO COLEXIO


HAI MÁIS INFORMACIÓN

                     MECO DE INFANTIL                                             MECO DE PRIMARIA


13/2/20

DÍA MUNDIAL DA RADIO

O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio, unha efeméride oficial proclamada pola ONU en 2012. A radio é neste momento, o medio informativo máis emblemático e dinámico, a pesar dos avances e novos sistemas de comunicación que apareceron no último século. O obxectivo principal deste día é facer da radio un medio interactivo que propicie o debate para tratar distintos temas que interesan á colectividade. Ademais, a radio ten a vantaxe de chegar a lugares remotos, que non é posible mediante o uso doutras tecnoloxías máis modernas

Este ano o Día Mundial da Radio, celébrase baixo o lema: "Pluralismo, Representación e Diversidade" 

Aproveitando a radio escolar do noso colexio, a RUFO SOÑOS, e dado que no noso centro, desde xa vai moito tempo, temos alumnado, familias e profesorado doutros países como Venezuela, Brasil, Colombia, República Dominicana, Marrocos, Romanía, Portugal, Eritrea, Estados Unidos… e tamén doutras etnias e doutras confesións relixiosas… O equipo formado por Yeray, Nicolás, Mireya, Mar e Pedro Gil, prepararon un programa especial dedicado a esta celebración.
Contaron coa visita de MELISA LAURO, a nosa auxiliar de conversa, que procede de New Jersy; tamén coa nai de Patrik, IONELA MARCELA que procede de Romanía e por último tres compañeiros e compañeiras que leron uns poemas nas súas linguas natais.
Foi gravado este mesmo día agás a entrevista da nosa auxiliar de conversa, Melisa Lauro, dado que só está no noso colexio os luns e martes.
Tamén temos que contar que foi gravado en directo tendo como público ao alumnado de 6º curso.

Agradecemos a colaboración de todos os participantes



12/2/20

Día Mundial da Radio: Pluralismo, representación e diversidade

No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión."

NA MAÑÁ DO XOVES, 13 DE FEBREIRO,
DÍA MUNDIAL DA RADIO,
GRAVAREMOS UN PROGRAMA MOI ESPECIAL !!!

https://sites.google.com/view/ceip-celeiro-radio-na-biblio/p%C3%A1xina-principal
 

11/2/20

11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.

7/2/20

Lectura en Voz Alta

1 de febreiro, Día da Lectura en Voz Alta

Na nosa biblioteca practicamos a LECTURA EN VOZ ALTA

https://www.casadellibro.com/libro-o-neno-can/9788498654318/2002351?utm_source=webgains&utm_campaign=21394&utm_content=ND&utm_medium=RedAfiliacion&wgtarget=https%3A%2Fwww.casadellibro.com%2Flibro-o-neno-can%2F9788498654318%2F2002351&wgu=8941_16644_15810718502095_f9b8082a04&wgexpiry=1588847850 














O alumnado de 5º curso,  a través do proxecto de lectura dixital ELBE.2, están a ler o libro "O NENO CAN" de Fina Casalderrey e Francisco Castro.
O alumnado de 4º curso está a ler o libro de Agustín Fernández Paz "CONTOS POR PALABRAS".
https://www.casadellibro.com/libro-cuentos-por-palabras/9788434864221/656019

6/2/20

O ENTROIDO está a chegar!!!


O alumnado de 5º e 6º curso xa prepararon as cestas entroideiras que se sortearán os días 24, 25 e 26 de febreiro. O recadado pola venta das rifas será para a axuda da excursión que farán ao final do curso.









5/2/20

Extraescolares: na clase de pintura

A profesora de pintura Oliva cos seus alumnos e alumnas posan moi orgullosos do seus traballos rematados que levan para as casas. 
Moitas felicidades polos vosos cadros!


3/2/20

PROGRAMA Nº 6 DE RADIO NA BIBLIO

Na mañá do luns, 3 de febreiro, fixemos a gravación dun novo programa de RADIO NA BIBLIO, concretamente o número seis e que tiña como contido os traballos de Ciencias Naturais que fixeron na aula de 4º curso de Primaria.
Unha representante de cada equipo: Amalia, Clara e Ana, foron os encargadas de explicar o contido dos seus traballos.
No equipo técnico estaban Iker e Carla de 6º curso de Primaria, esta última tamén fixo de presentadora.
No vídeo podemos ver esta gravación