Mostrando entradas con la etiqueta Día do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do libro. Mostrar todas las entradas

26/4/22

DÍA DO LIBRO -RECREAMOS PORTADAS-

 Este ano para celebrar o día do libro, propuxémosvos reproducir dun "xeito caseiro", a portada dun libro ou conto que vos gustara, tentando repetir esa portada. 

Para iso, podíades facer varias cousas:

- caracterizarvos das persoaxes 

- facer un debuxo aplicando diferentes técnicas

- ou facer un bookface.

Despois, tiñades que sacar unha foto e envíala ao email da nosa biblioteca.

Pois ben, o resultado foi o seguinte:

Fostes moitos os que participástedes e fixéchedes moi bos traballos!

Gracias por participar, seguro que vos divertíchedes moito recreándoas.  Encantáronos todas as portadas! 

Os nenos e nenas de Infantil agasallaron cun libro, expurgado da nosa biblioteca, ás familias.
PREME NA IMAXE

 

29/4/21

PROGRAMA DE RADIO Nº 6: "Abril, mes dos libros"

Para rematar o mes de abril, no que as actividades sobre os libros tiveron moita relevancia, publicamos o programa de RADIO NA BIBLIO realizado por: Bruno, Nicolás F., Lía, Helena e Alison, titulado "Abril, mes dos libros".



23/4/21

23 de abril, DÍA DO LIBRO

No día de hoxe o alumnado de 5º de Ed. Primaria, repartiru polas diferentes clases, tiras de citas para animar a ler, así cada nen@, ó sair da súa aula, podía coller unha tira e quedarse con ela. 

Por outra parte,  con motivo deste día, a Deputación de Lugo a través da Concellería de Cultura do Concello de Viveiro, entregounos o exemplar titulado "Cen historias máxicas pola Mariña Encantada", de Antón Reigosa.

A obra recrea historias sobre quince concellos da Mariña e complétase con 60 ilustracións de Neira Brochs. 

Como di o autor: "Este libro pretende ser a aeronave imaxinaria que permita dar cumprimento ó soño de sobrevoar a Mariña".


 

21/4/21

DÍA DO LIBRO, as nosas actividades

Este venres celebramos o Día do Libro, e por iso esta semana estivo dedicada a levar a cabo moitas actividades para conmemorar esta data tan especial e recordarnos todos os beneficios que nos aporta a lectura. 
A continuación, no seguinte Genially (preme na imaxe), amosamos un resumen destas actividades realizadas por todos os cursos.

VÍDEO RESUMEN DAS ACTIVIDADES
 

23/4/20

FELIZ DÍA DO LIBRO


Este ano o Día do Libro conmemorámolo dende as nosas casas. Por iso as mestras e mestres do cole quixeron agasallar a todo o alumnado cun conto moi popular dos irmáns Grimm: Os sete cabritos (unha adaptación de Tareixa Alonso & Teresa Lima).

  ACTIVIDADES NO COLEXIO por cursos

 
https://sites.google.com/site/diadolibro23deabril/

19/4/20

DÍA DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1306
Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.  LER MÁIS

Este curso dende a BIBLIOSOÑOS propoñemos como actividade:  
  • Visualización da páxina SITES, que recolle todas as celebracións deste día desde o curso 2009-2010, polo tanto estamos no 10º aniversario da mesma.
  • En especial podedes ir ao apartado:
https://sites.google.com/site/diadolibro23deabril/

23/4/19

DÍA DO LIBRO 2019

Hoxe é o DÍA DO LIBRO

O 15 de novembro de 1995, a UNESCO decidiu proclamar este día como o Día internacional do libro e dos dereitos de autor. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural. Esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través del o acceso á cultura do maior número de persoas posible.

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1180Día Mundial do Libro 2019  

No noso colexio para conmemorar esta data realizamos un montón de actividades:

  • Nas aulas traballamos a figura do Xenial Miguel de Cervantes Saavedra e lemos as adaptacións da súa obra DON QUIJOTE DE LA MANCHA.
  • Nas casas, coas nosas familias, preparamos os traballos para a MICRORREDE A MARIÑA, que este ano vai sobre A POESÍA QUE SENTIMOS. Todos os traballos formarán parte dunha gran exposición na que participan moitos colexios da Mariña. 
  • Outras actividades que nos quedan por facer en relación ao Día do Libro son a visita da autora María Canosa e tamén de Anxo Moure. 
  •  O alumnado de 2º curso recoméndanos a lectura do libro "Fernando e o oso polar" de Carmen García Iglesias.

  • My favourite books, o alumnado de 6º curso estivo na aula de 6º de Infantil para contarlles cales son os seus libros favoritos.
  • Un programa de Radio na RUFO SOÑOS realizado polas alumnas de 6º curso: Leire, Nayara, Ainara, Ana, Elena e Ánxela.


23/4/18

As nosas actividades en torno ao DÍA DO LIBRO

Son moitas as actividades que preparamos neste mes de abril en torno ao libro e que podemos ver nos seguintes enlaces:


21/4/18

Día do Libro 2018

 
 Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Fran Alonsoa poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.

A orixe do Día do Libro baséase na  conmemoración do falecemento de William Shakespeare, Miguel de Cervantes Saavedra e o Inca Garcilaso de la Vega en 1616. Esta celebración foi creada con varios motivos: combater o analfabetismo, fomentar a cultura, render  homenaxe universal aos libros e autores, e simplemente alentar a todas as persoas a gozar do pracer da lectura.
Tanto a celebración como a súa data foron instituidas durante a Conferencia Xeral da UNESCO de 1995. A iniciativa para celebrar este día débese á Unión Internacional de Editores (asociación que representa a industria editorial a nivel internacional desde a súa fundación en 1896). Actualmente esta celebración é acollida por máis de 100 países ao redor do mundo.

24/4/17

Para conmemorar o DÍA DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR

SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA CON SERVANDO BARREIRO

O Bardo Abelardo rende homenaxe a Carlos Casares no ano en que se lle adedica o día das Letras Galegas 2017 con un espectáculo no que vai debullando unha serie de contos con referencias expresas ás obras infantis máis coñecidas como “AS LARANXAS MAIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS” ou “A GALIÑA AZUL”.
Así escoitamos a historia de Leoncio, o inventor da bomba da Felicidade e outras historias máis, adaptadas para podelas contar e cantar acompañado da súa concertina. 

18/4/17

Dia do Libro 2017


Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.





A orixe do Día do Libro baséase na  conmemoración do falecemento de William Shakespeare, Miguel de Cervantes Saavedra e o Inca Garcilaso de la Vega en 1616. Esta celebración foi creada con varios motivos: combater o analfabetismo, fomentar a cultura, render  homenaxe universal aos libros e autores, e simplemente alentar a todas as persoas a gozar do pracer da lectura.
Tanto a celebración como a súa data foron instituidas durante a Conferencia Xeral da UNESCO de 1995. A iniciativa para celebrar este día débese á Unión Internacional de Editores (asociación que representa a industria editorial a nivel internacional desde a súa fundación en 1896). Actualmente esta celebración é acollida por máis de 100 países ao redor do mundo.


21/4/16

Traballos para o Día do LIBRO

Teatro para o Día do Libro

Os 23 nenos e nenas do grupo de teatro escolar do Pedrosa Latas de Celeiro participarán nos actos conmemorativos que organizan os Aventados en San Cibrao. 
Será o próximo sábado día 23, xusto o día no que se cumpren 400 anos do pasamento de Miguel de Cervantes, en cuxo homenaxe se celebran múltiples actividades en todo o mundo para honrar ao gran personaxe universal, autor da primeia novela, Don Quijote de la Mancha.
Ademais da representación teatral actuará a Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro.
Co título "El legado de Cervantes. Teatro y música" o acto celebrarase no Auditorio da Casa de Cultura, a partir das 8 da tarde.

20/4/16

Celebramos o Día do Libro

O 23 de abril é unha data simbólica para o mundo da literatura. Nese día, en 1616, morreu Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega.
É por este motivo polo que a UNESCO elixiu esta data durante a súa Conferencia Xeral para render homenaxe ao libro e aos autores, animando a todo o mundo, e en especial aos mozos, a descubrir o pracer da lectura e a respectar a insubstituíble contribución dos autores ao progreso social e cultural. 
A orixe desta celebración atópase en Cataluña (España) onde é tradición regalar unha rosa e un libro o 23 de abril, data que coincide con Sant Jordi.
Todo o que fixemos para conmemorar esta data atopámolo na 

17/4/16

Entramos na semana da celebración do DÍA DO LIBRO

Achégase o Día Mundial do Libro, o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario civil nas bibliotecas escolares galegas. Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereizas..."


23/4/15

FELIZ DÍA DO LIBRO

O xoves, 23 de abril de 2015, celebramos nas Bibliotecas Escolares o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DO AUTOR.
Todas as actividades que levamos a cabo quedan recollidas nesta


22/4/15

Traballos especiais para celebrar o día do Libro

Os alumnos e alumnas de 2º curso, xunto co seu titor Eduardo, acaban de rematar o libro que leva por título "AVENTURA ESPACIAL".
O vindeiro 23 de abril, con motivo do DÍA DO LIBRO,  faremos a súa presentación.

21/4/15

Moitas actividades para o DÍA DO LIBRO

Estamos inmersos na conmemoración do DÍA DO LIBRO
coa realización de moitas actividades.
NESTA PÁXINA TEMOS 
TODA A INFORMACIÓN 






Exposicións:
·         Rincón da biblioteca:
o   Información sobre o Día do Libro
o   Exemplares do libro: “Don Quijote de la Mancha”
·         Entrada do colexio:
o   Traballos da convocatoria do PLAMBE A MARIÑA
“O refraneiro de Cervo a Viveiro”
·         Mércores, 22 de abril:
o   Obradoiro para o 3º ciclo “Como se fai un libro”
·         Xoves, 23 de abril:
o   Formación de usuarios na bibliosoños.
o   Presentación do libro de 2º curso
“Aventura espacial”
·         Martes, 28 de abril:
o   Visita do escritor e ilustrador Abraham Carreiro.
·         Elaboración de traballos especiais nas aulas

13/4/15

Preparando a celebración do Día Mundial do Libro

Coma en anos anteriores, as Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o Día Mundial do Libro coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora María Solar, sobre a maxia dos libros, con referencias literarias evocadoras de aventuras e viaxes. Agradecemos a María Solar a súa xenerosidade e a súa recomendación para este día: "Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar"



23/4/14

Actividades na Bibliosoños

Con motivo da Celebración do Día do Libro, na Bibliosoños fixemos a "LECTURA DEL QUIJOTE", un proxecto que está levando a cabo José Antonio Abella, avó da alumna Iria Basanta de 6º curso, baixo o título:

 Alumnos e alumnas de 3º, 4º , 5º e 6º curso leron parte do Capítulo VII da 2ª parte de "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha" de Miguel de Cervantes Saavedra.
José Antonio Abella Albo é veciño de Celeiro, gran colaborador no eido cultural tanto no Concello de Viveiro coma en toda A Mariña.
Os seus vídeos podémolos visualizar a través da súa páxina en YOUTUBE.

Tamén pasaron pola Bibliosoños os alumnos e alumnas de Infantil para ter unha Sesión de Formación de Usuarios, na que se lles explicou a función da Biblioteca no Centro, a situación dos seus libros preferidos, as partes dun libro... para rematar coa visualización da selección duns vídeos especiais para eles.