30/5/20

VAI DE CONTOS

http://pedrosalatas.blogspot.com/p/vai-de-contos.html
http://pedrosalatas.blogspot.com/p/vai-de-contos.html
Na pestana VAI DE CONTOS recollimos os contos que editaron a profesora Cris e o profesor Dani, neste tempo de Estado de Alarma. Son contos moi coñecidos e  seguro que vos gustará lembrar.
Animádevos a velos e escoitalos!!!

22/5/20

Infantil nas LETRAS GALEGAS 2020

Deixamos nesta entrada o vídeo coa proposta realizada ao alumnado de Infantil do colexio de Celeiro con motivo das LETRAS GALEGAS 2020.



20/5/20

A natureza é a protagonista

Deixamos aquí o vídeo realizado pola mestra Cristina Freán desde Eirexalba, O Incio (Lugo). 
Nel vainos ensinando as árbores e animaliños que hai nesa contorna.

19/5/20

Titorial sobre a Aula Virtual

Nesta entrada deixamos un vídeo titorial sobre a Aula Virtual do colexio



18/5/20

Día Internacional dos Museos 2020

https://www.cultura.gal/es/evento/44533/109/49520«Museos pola igualdade: diversidade e inclusión» é o tema para a edición de 2020 do Día Internacional dos Museos que se celebra o 18 de maio de 2020.

O obxectivo do Día Internacional dos Museos
(DIM) é concienciar sobre a importancia dos museos como medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, así como para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos. Organizados cada 18 de maio ou ao redor desa data desde hai máis de 40 anos, os eventos e actividades planeados para celebrar o  DIM poden durar un día, unha fin de semana ou incluso toda a semana.





15/5/20

Programa de Radio na Biblio "LETRAS GALEGAS 2020"

CONVOCATORIA PARA PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO NA BIBLIO

O pasado 3 de maio, dende a Bibliosoños, convocábamos ao alumnado de 6º curso para intentar realizar o último programa de RADIO NA BIBLIO deste curso. Foi todo un reto traballar desde as casas, enviar audios e vídeos... pero lográmolo!

Aquí vai o Programa nº 10 "ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2020"


14/5/20

PRESENTAMOS TRABALLOS DAS LETRAS GALEGAS 2020

https://sites.google.com/site/ricardocarvalhocalerolg/as-nosas-actividades-nas-letras-galegas
O luns 4 de maio presentávamos a páxina coas actividades propostas para as Letras Galegas 2020. 
Hoxe remataba o prazo para enviar os traballos de banda deseñada e con eles fixemos a seguinte presentación:
PREME NA IMAXE


https://docs.google.com/presentation/d/1b2kfneqDhyy1mwysq11AwjPlqNLE16ELB5N8GJ-QQVw/edit?usp=sharing

BIOGRAFÍAS DE RICARDO CARVALHO CALERO, 
realizadas pola coordinadora do 
 Equipo Dinamizador da Lingua Galega (EDLG) 
Bibiana Santos




RETO DA AULA DE MÚSICA CUMPRIDO
O alumnado de 6º de Primaria cantou desde as súas casas o
HIMNO GALEGO

12/5/20

"As pitas baixo a choiva"

Comezamos a publicar os diferentes traballos e actividades que se van realizando con motivo das LETRAS GALEGAS 2020.

 A profesora de Infantil, Cristina Freán, 
fixo unha magnífica adaptación do libro: 
"As pitas baixo a choiva"



4/5/20

MES DAS LETRAS GALEGAS

https://sites.google.com/site/ricardocarvalhocalerolg/ 


Hoxe facemos a presentación da Páxina Especial dedicada ás Letras Galegas e ao Homenaxeado deste ano: Ricardo Carvalho Calero

Nela atoparedes moita información e as actividades que vos  propoñemos para logo facer unha posta en común. 

Animádevos a participar!!!

PREMEDE NAS IMAXES 
PARA ENTRAR NAS PÁXINAS

https://sites.google.com/site/ricardocarvalhocalerolg/as-nosas-actividades-nas-letras-galegas

3/5/20

CONVOCATORIA PARA PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO NA BIBLIO



A radio da Biblioteca do CEIP de Celeiro, “RUFOSOÑOS”, 

quere facervos unha proposta:

Realizar un programa de “radio virtual”, con motivo da pronta celebración do Día das Letras Galegas que este ano están dedicadas a Ricardo Carvalho Calero. 


Este será o voso último programa de RADIO NA BIBLIO (RADIO NA CASA) dadas as circunstancias que estamos a vivir por mor do CORONAVIRUS. 
Dentro do guión do programa faremos dúas partes diferenciadas: 
  •  Biografía e obra do autor homenaxeado… Cada un/unha lerá a súa parte correspondente 
          Pedides axuda para que vos graven un vídeo (teléfono en horizontal)
  •  Tamén cada un e unha de vós redactará unha entrada sobre o que queirades expresar: como vos atopades, o que votades de menos, o que faredes cando todo volva á normalidade, que é o que estades a facer, os libros que estades a ler ou tarefas que estades a realizar, o que votades en falta… é dicir todo aquelo que se vos ocorra. 
    • Primeiramente xa sabedes que tedes que escribir o texto 
    •  Practicar a súa lectura para unha correcta expresión 
    •  Por último gravádeo nun pequeno vídeo (teléfono en horizontal) que non debe exceder dun minuto e que terá que levar unha introdución cun saúdo e dicindo o voso nome. 
    • Os vosos profesores: Paco e Marta, encargaranse de editar e publicar o programa de radio “especial” realizado por todos vós. 
    • Agardamos que participedes todos e todas. 
    • Tedes de tempo ata o vindeiro xoves, 14 de maio ás 14:00 horas. 
    •  Enviades os vídeos ao seguinte correo: bibliotecaceleiro@gmail.com 
Saúdos

2/5/20

Presentamos algúns dos vosos traballos

Nesta entrada presentamos a Páxina de Educación Emocional na que se irán publicando as tarefas que vades entregando:
PREME NA IMAXE  PARA ENTRAR NA PÁXINA,
TEDES QUE PREMER DESPOIS ONDE PON TAREFA 1
PARA VER OS VÍDEOS DOS VOSOS TRABALLOS
https://sites.google.com/site/educacionemocionalcovid19/

Tamén queremos ensinarvos o apartado da Páxina da Aula de Música, onde atoparedes os vídeos dos traballos que vades enviando:

https://sites.google.com/site/especialcovid19/videos-dos-vosos-traballos

Animámosvos a que sigades traballando así de ben!!!

1/5/20

COMEZAMOS O MES DE MAIO!

Hoxe comeza o mes de maio!, un mes moi importante no noso colexio pois, se non estivesemos en estado de alarma, moitas serían as actividades a realizar: A festa do maio, Exposición da MICRORREDE, Letras Galegas, Excursións... entre outras.
Intentaremos, dende as nosas casas e desde este blog, realizar virtualmente algunha... 
Para empezar, que vos parece escoitar a canción "O MAIO": a letra é de Manuel Curros Enríquez e a música de Luis Emilio Batallán.
https://sites.google.com/site/maiodofesta/Tamén deixamos a páxina do cole
 onde recollemos A FESTA DO MAIO.




Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...

Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra