22/6/18

FELICES VACACIÓNS!

Para estas vacacións de verán suxerimos algunhas orientacións para que, ademais de gozar do tempo libre, realicedes actividades que vos permitan non esquecer os conceptos estudados e manter os hábitos de traballo desenvolvidos ao longo do curso.
Durante o verán hai tempo para moitas cousas. Todos os nenos e nenas debedes gozar dunhas NECESARIAS vacacións que vos permitan recuperarvos do esforzo realizado durante o curso, e iniciar descansados e con ánimo o próximo ano.
 É o momento de gozar da familia, de realizar algún campamento de verán, de desenvolver as vosas actividades de lecer preferidas: deportes, pintura, música, xogos, etc.
Convén que conservedes ou intensifiquedes o hábito lector. É conveniente fixar un tempo diario para gozar dun intre de lectura tranquila na que gocedes lendo aqueles libros que máis vos gusten.
Recoméndovos entrar na seguinte dirección:

para buscar aqueles libros que vos poidan resultar máis atractivos.

Sempre vén ben dedicar un período de tempo, preferentemente pola mañá, antes de saír, ou despois de comer para escribir de forma creativa: un diario, contos, historias. Ou repasar os contidos traballados con calquera libro de vacacións ou co propio libro deste ano.

Tamén  vos deixamos este enlace:

onde atoparedes actividades moi interesantes e divertidas

21/6/18

IV MILLA CORRENDO POLO GALEGO

IV MILLA CORRENDO POLO GALEGO
Para rematar o curso escolar xa ven sendo tradición celebrar esta actividade deportiva que organiza a profesora de Educación Física, Eva Martínez, coa colaboración do profesorado do colexio.
Este ano o día amenceu chuvioso polo que non poidemos acudir ao estadio de fútbol do Cembedo, pero iso non impediu que a "MILLA" se levara a cabo no Pavillón do Colexio.
Esta xornada deportiva de integración e valoración social  contou coa participación de atletas divididos en diferentes categorías. 
  • Categoría Chupetín (non competitiva)
  • Categoría Prebenxamín
  • Categoría Benxamín
  • Categoría Alevín
  • Categoría Absoluta
Rematamos coa entrega de medallas e diplomas.

20/6/18

Pequeno Festival de Fin de Curso

Na mañá do mércores, 20 de xuño, despois do recreo, xuntámonos no Salón de Actos para celebrar o Fin de Curso cun pequeno Festival con Teatro, Bailes e Cancións.
Tamén despedimos ao alumnado de 6º curso facéndolles entrega dun diploma, orla e foto recordo por parte do seu titor Paco Gil.
MOITA SORTE NA VOSA NOVA ETAPA!!!

 

19/6/18

Para rematar o curso escolar 17-18

Quedan dous días de clase para rematar o curso e temos preparadas varias actividades:
  • O mércores, 20: Teatro a cargo do alumnado de 6º curso, cancións e bailes...
  • O xoves, 21: Trasladarémonos ao Cembedo para levar a cabo a actividade deportiva
"IV MILLA CORRENDO POLO GALEGO"



18/6/18

Unha clase práctica de piragüismo














Na mañá do luns, 18 de xuño, o alumnado de 3º e 4º curso de Primaria, xunto coas súas titoras Xulia e Rosa e a coordinadora da actividade, a profesora de Educación Física Eva, partiron cara ao Cembedo para asistir a unha clase práctica de piragüismo impartida a través do
Club  de Piragüismo de Viveiro.

Un día moi especial!

Que gran día o de hoxe!. 
Na Biblioteca, todo estaba preparado para recibir ao alumnado e profesorado de Infantil, un acontecemento ía ter lugar como cada ano ao rematar o curso escolar.
Primeiro chegaron os nenos e nenas de 4º e 5º de Infantil e logo xa fixeron entrada todo o alumnado  da aula da titora Ana Lago é dicir os nenos e nenas de 6º infantil que xa rematan esta etapa tan bonita e tan importante.
Despois de saudar, visionamos un vídeo resumo da súa etapa, cando chegaron con tres anos ata o día de hoxe; tiveron palabras de agradecemento para todo o profesorado; a súa titora entregoulles a cada nena e neno a orla da promoción; por último houbo agasallos para as profesoras por parte das familias.
Foi un acto de graduación moi emocionante con choros, risas, aplausos, palabras de agradecemento...


VÍDEO DO ACTO DA GRADUACIÓN 


15/6/18

Charla informativa: Ciberexpert@

CLICA NA IMAXE PARA TER MÁIS INFORMACIÓN
http://www.ciberexperto.org/

http://www.ciberexperto.org/
Novamente o delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González, está no noso centro co alumnado de 6º curso desenvolvendo o programa que ensina aos menores os riscos da internet e das RRSS.







14/6/18

Unha clase de Educación Física moi especial


O mércores día 13 de xuño, as alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria marharon cara á Praia de Esteiro (Mañón) para disfrutar dunha intensa xornada de clases de Surf, a cargo da  
Comezaron cunhas clases teóricas na area nas que lles explicaron as partes de táboa, a posición básica, e fixeron uns xogos de quecemento para pasar á auga, onde todo o alumnado subíu á táboa e “surfearon”.
Queremos dende aquí facerlle chegar á nosa gratitude aos monitores da Viveiro Surf Escola pola súa magnífica acollida e por todo o que nos ensinaron.

6/6/18

Excursión de 5º e 6º curso a ASTURIAS

 RESUMO DA EXCURSIÓN REALIZADO POR DIANA GOÁS
Os días 28, 29 e 30 de maio, as clases de 5º e 6º de Primaria fumos de excursión a Asturias para realizar una programa de "Multiaventura a tope".
Na primeira parada vimos a Universidade Laboral de Gijón e comimos no parque do Molinón.
A primeira actividade que fixemos foi espeleoloxía e despois leváronnos a un campo onde xogamos a moitos xogos: paintball, txister...
O aloxamento fixémolo no Hotel LOS AVELLANOS. Á hora da cea divertímonos moitos falando. A comida estaba moi boa!. Despois de cear, xogamos nas habitacións e máis tarde tivemos que durmir.
Odía seguinte estabamos moi emocionados porque iamos facer o descenso do Sella. Foi moi divertido (sobre todo ver caer aos profes). Cando chegamos á praia bañámonos un pouco no río.
Fumos comer e ao remator xa nos preparamos para facer unha gynkana orientativa. Pasámolo moi ben a pesares da choiva.
O último día leváronnos a escalar a unha praia.
Estabamos un pouco tristes porque tiñamos que regresar a Celeiro.
PASÁMOLO MOI BEN!!! 

2/6/18

Infantil vai de excursión á praia

Despois de ter que aplazar esta pequena excursión por mor da choiva, o venres, 1 de xuño todo o alumnado de Infantil, xunto coas súas titoras e profesorado acompañante, dirixímonos en autobús á praia de Area.
As nenas e nenos, coas súas merendas e utensilios para xogar coa area, chegaron moi ilusionados para compartir unha mañá con todos os seus compañeiros.
O tempo chegou a pouco pois pasáronno estupendamente e volveron ao colexio satisfeitos e "cargadiños de area" esperando que chegue xa o verán para poder disfrutar novamente da praia.