25/6/21

GAÑADORES NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ORGANIZADO POLO PUERTO DE CELEIRO

 Helena Goás, de 6º de primaria, e Daniel García, de 5º de primaria, son os gañadores do concurso de fotografía. Unha cita que versou, este ano, sobre a restauración de ecosistemas, temática protagonista do día do Medio Ambiente neste 2021. Un concurso organizado, como cada ano, polo Puerto de Celeiro.

O xurado estivo conformado por Ana Feáns, Eduardo Míguez e Jesús Lourido do Puerto de Celeiro, Rita Lamas, Marta Pérez e Bibiana Santos do CEIP Celeiro e Carolina Docampo, Natalia García, Sonia Martínez da ANPA do centro.

O prazo de inscrición abriuse o 5 de xuño e pechouse o venres 18, Día da Gastronomía  Sostible. Durante este tempo foron 44 os escolares que presentaron os seus traballos, de eles 18 alumnas e alumnos, de 5º e 6º de primaria, foron os que entraron no concurso de maneira oficial. O premio ao mellor traballo recaeu en Helena Goás, de 6º de primaria, o segundo premio foi para David Paleo e o terceiro para Nerea Pigueiras. Na categoría de mellor formato o primeiro premio é para Daniel García, de 5º de primaria, o segundo para Andrés Adam e o terceiro para Sara Asmerón.  As rapazas e rapaces gañadores recibirán libros sobre temática ambiental e mariña. O centro será premiado ademais cunha pantalla interactiva valorada en preto de 2000 euros. 

Neste concurso participaron 44 nenas e nenos de 3º,4º, 5º e 6º de primaria, pese a que na sección oficial formaron parte 18 escolares de 5º e 6º. Un concurso onde puideron deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha fotografía vencellada coa temática deste ano do Día Mundial do Medio Ambiente, a reconstrución de ecosistemas. Asemade, todo o alumnado que participou presentou esta fotografía nun marco realizado con materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedou patente a vea artística destas pequenas e pequenos.

O acto de entrega dos premios tivo lugar o venres 25 de xuño, Día da xente do mar, ás 12:30 no salón de actos do Puerto de Celeiro.

 

Esta iniciativa é froito do acordo de colaboración entre o CEIP de Celeiro e PUERTO de CELEIRO S.A OPP-77, para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca e está financiada polos fondos FEMP a través do PPeC 2021 da OPP77.

24/6/21

Moita sorte para o alumnado que rematou 6º de Primaria!

Co remate deste curso o alumnado de 6º de Primaria 

tamén remata a súa escolaridade no colexio de Celeiro.

As experiencias vividas nestes  anos  son innumerables, e estamos seguros que o chegar hoxe aquí para moitos  non foi fácil, estes anos requiriron de moito esforzo e dedicación e hoxe non é máis que o resultado de todo o seu empeño.

Tocoulles vivir nunha época difícil en todos os sentidos, pero amosaron ser fortes e con ganas de superación.

Deron un paso esencial no seu camiño da educación pero aínda teñen moitos que dar e por iso lles pedimos que sigan esforzándose para chegar a lograr todo o que desexen.

A vosa titora, Eva e todos os demais profesores, 

deséxanvos moitos éxitos na vosa vindeira etapa!




22/6/21

Rematamos o curso 20-21!!!

Hoxe, último día do curso, celebramos o comezo das vacacións de verán cun divertido circuíto de xogos no que participou todo o alumnado do colexio.

As nenas e nenos de sexto curso, como veteranos que son,  foron os encargados de dirixir as diferentes actividades: xogos de persecucións, de equilibrio, de coordinación... poñendo sempre por diante a colaboración e a diversión.

Pasáronno estupendamente! e despois, para repoñer forzas, unha boa merenda saudable: brochetas de froitas variadas, estaban requísimas!


 


21/6/21

Graduación do alumnado de 6º de Infantil

 Hoxe foi un día moi emotivo para as nenas e nenos da aula de 6º de Infantil e a súa titora Inés. 

Despedíronse da etapa de Infantil e para o vindeiro curso comezarán Primaria. 

  • Iniciaron a mañá visualizando un vídeo que recolle os momentos de toda a etapa, desde que comezaron en setembro de 2018 ata xuño deste ano 2021.
  • A titora, Inés, entregoulles un diploma e unha orla ben bonita.
  • E por suposto, non faltou unha gran merendola!

VÍDEO DA PROMOCIÓN


Boas vacacións para todos, descansade, gozade e volvemos a vernos en PRIMARIA!


18/6/21

TRABALLO DA AULA DE 1º de PRIMARIA

 O alumnado de 1º de Primaria, xunto coa súa titora Angélica Novo, realizaron un proxecto sobre:

O ESPAZO

Unha vez rematado fixeron un vídeo de presentación que podemos ver premendo na imaxe


 

17/6/21

Cartas que van e veñen!

 Outro bonito proxecto do alumnado de 2º curso

Nesta oacasión están enviando correspondencia aos usuarios do Centro de Día de Alzheimer de Celeiro. 

Hoxe enviaron unhas postais nas que se presentaron e cada neno/nena ten asignado un señor ou señora que lles contestarán con outra carta.

Están moi ilusionados! aprenderon que é o servizo de correos e a maxia da correspondencia escrita.

Os usuarios e usuarias responderon con agasallos e un vídeo de agradecemento:

Estes son os agasallos que recibiron as nenas e nenos de 2º de Primaria



16/6/21

Concerto de A GRAMOLA GOMINOLA

 Estamos chegando ao final do curso 20-21 e facémolo con actividades diferentes, nesta ocasión a ANPA do colexio organizou un concerto do grupo de rock GRAMOLA GOMINOLA:

A Gramola Gominola é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos). O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man!
Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Teñen tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia.

 AGRADECEMOS Á ANPA DO COLEXIO A ORGANIZACIÓN DESTE CONCERTO



15/6/21

Excursión do alumnado de 5º de Infantil

 O alumnado de 5º de Infantil pasaron un día estupendo na praia de Area!!!. 

Foi unha xornada de despedida do curso


11/6/21

Saída "CAMIÑO DO MAR"

 Na mañá do xoves, 10 de xuño o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso de Primaria realizaron unha saída polo núcleo urbano de Celeiro para ter un maior coñecemento do noso entorno.

Foi unha visita guiada a través do proxecto "Camiño do Mar" do Concello de Viveiro.

 



10/6/21

PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO: Medio Ambiente

Na mañá do xoves 10 de xuño, o equipo formado por: Arón, Aurora, Coral, Lucas e Diego, realizaron o programa nº 9 dedicado ao MEDIO AMBIENTE.

Primeiramente buscaron a información sobre o tema do medioambiente, dos acéanos e tamén lle fixeron unha pequena entrevista á coordinadora do Programa Voz Natura, Cristina Freán.

Como música recordamos a canción "Voz Natura" e que foi gravada polo coro do colexio en maio de 2017 e coa que fixemos un vídeo especial no que participou todo o colexio. VER AQUÍ

Ao finalizar o programa o alumnado de 6º curso despídese pois xa marchan para o Instituto e danlles moito ánimo aos compañeiros e compañeiras que os sucederán nesta labor.


9/6/21

XORNADA MEDIOAMBIENTAL NO COLEXIO

Durante toda a mañá do martes 8 de xuño, todo o alumnado do colexio e o profesorado participamos dunha xornada especial para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) e o Día Mundial dos Océanos (8 de xuño). Divididos en grupos fumos pasando por diferentes actividades:

  • Nas aulas de infantil fixeron manualidades e nas de primaria un Trivial sobre o mar.
  • No ximnasio  tivemos unhas charlas informativas e visuais sobre os animais dos mares e acéanos
  • No patio houbo actividades deportivas de relevos moi divertidas.

Tod@s levamos un premio, unha botella reutilizable para levar auga e non ter que usar tanto plástico; tamén entregáronnos unha pequena planta para cada aula e que teremos que coidar.

Estas actividades  foron organizadas a través de Puerto de Celeiro en colaboración co colexio:

Queda por realizar o concurso de fotografía e a entrega dos premios. Neste enlace temos as bases.

 
Agradecemos a Puerto de Celeiro todas as atencións para con nós. 
Foron unhas actividades de moito proveito para o noso alumnado e pasárono moi ben!
MOITAS GRAZAS.

No seguinte vídeo podemos ver un resumo da actividade:

 PREME NA IMAXE


 



 

8/6/21

Xornada de lecer do alumnado de 6º de Primaria

Bos días: xente cativa e non tan cativa!

O día 7 de xuño de 2021, o alumnado de sexto curso dirixíuse cara a Galdo e San Roque (Viveiro) para emprender unha aventura moi especial: disfrutaron dun día de paintball e adentráronse en "RoqSort", tirándose por unhas grandes e non tan grandes tirolinas, entre outros obstáculos. Pasárono moi ben!

HELENA GOÁS REGO de 6º de Primaria.


Xornada de lecer, a modo de despedida do curso tan difícil que tivemos. O alumnado de 6º curso acompañado das profesoras Eva e Rita, pasaron unha xornada no campo de Paintball de Galdo e no Parque de Aventuras de San Roque, da empresa RockSport de Viveiro


7/6/21

RETO LECTOR

 A mestra de 2º de Primaria, Alba Rodríguez, propuxo o todo o alumnado un RETO LECTOR.


Participaron todas as nenas e nenos do curso e xa conseguiron rematar este reto a alumna, Paula Gil e o alumno Iago Gil-Carcedo. Noraboa aos dous!!!

 



5/6/21

PARA TRABALLAR O MEDIO AMBIENTE E O DÍA DOS OCÉANOS

 

Día Mundial do Medio Ambiente 05-06-2021 
Máis aló das xornadas dedicadas a temas ambientais concretos, o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, engloba a todas as efemérides ecolóxicas co obxectivo global de fomentar a sensibilización e promover a acción para a protección do planeta. 
Trátase, por iso, do evento ambiental máis importante que Nacións Unidas leva desenvolvendo desde 1972 en máis de 100 países ao redor do mundo. Elixiuse esa data porque coincide coa apertura da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente Humano celebrada en Estocolmo (Suecia) en 1972, a mesma que levou ao establecemento do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA). 
 
Día Mundial dos Océanos 08-06-2021
A celebración desta efeméride ambiental ten unha xustificación máis que evidente, xa que o 71% da superficie do planeta está formada polos mares e océanos. Ata fai relativamente poucos anos, concibíase aos océanos como unha fonte inesgotable de recursos para os animais que os habitan e os seres humanos. Agora, a comunidade internacional parece haberse concienciado da fraxilidade destes hábitats que se enfrontan a serias ameazas como a sobreexplotación, a contaminación ou a desaparición dos arrecifes de coral, entre outros.
 
 NO COLEXIO IMOS REALIZAR VARIAS ACTIVIDADES EN COLABORACIÓN CON
PUERTO DE CELEIRO

CONCURSO ESCOLAR

 RESTAURACIÓN DE ECOSISTEMAS NO MUNDO MARIÑO Edición 2021

E

DÍA 8 DE XUÑO UNHA XORNADA DE ACTIVIDADES 

 

 NA SEGUINTE PRESENTACIÓN ATOPAREDES 
AS BASES PARA O CONCURSO E 
O PROGRAMA DA XORNADA DO DÍA 8 DE XUÑO