Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca inclusiva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca inclusiva. Mostrar todas las entradas

3/12/21

3 de decembro, DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Biblioteca Inclusiva, todos os días do ano

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural. Asegurar que poidan exercer os seus dereitos, sen ningún tipo de discriminación, é a nosa prioridade.

E para concienciar ó noso alumnado, durante esta semana fixemos as seguintes actividades:

 

  • Exposición de libros inclusivos.
  • Lectura do conto "Supernenos"
  • Elaboración de dous cadros-murais dos alfabetos: Dactilolóxico e Braille.
  • Canción "Bos Dias" na linguaxe de signos.



2/12/21

SUPERNENOS

Nesta semana dedicada a diversidade funcional, presentámosvos o conto de "Supernenos" narrado en galego polos nenos do noso cole. Esta é unha bonita historia que axuda a concienciar aos máis pequenos de que as diferenzas non nos separan, senón que nos unen. O conto pretende cambiar a forma de ver a discapacidade e lanzar unha mensaxe de respecto, integración e tolerancia cara aos nenos e as nenas con diversidade funcional. Esperamos que vos guste tanto coma a nós!


30/11/21

SUPERARTE con Charo Pita

 Hoxe tivemos a visita no noso cole de Charo Pita, escritora galega de moitísimas obras, dentro da iniciativa do Concello de Viveiro "Superarte"

Os alumnos/as de 3º e 4º puideron disfrutar do relato do seu conto "A carreira", que nos conta a historia dun neno con TEA.

O próximo venres, 3 de decembro, celebramos o Día Internacional da Discapacidade e son varias a actividades que estamos realizando esta semana, sendo esta unha máis, co fin de concienciar ó noso alumnado da diversidade do ser humano e igualdade de oportunidades.



2/12/20

Día Internacional das Persoas con Discapacidade


O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Este ano, a OMS únese aos seus asociados baixo o lema «Un día para todos», co cal se quere reflectir a crecente aceptación de que a discapacidade forma parte da condición humana. Case todos nós experimentaremos unha discapacidade temporal ou permanente nalgún momento das nosas vidas.


Para recordar este día fixemos un "vídeo-postal" do NADAL con pictogramas e presentamos o conto "O cazo de Lorenzo".

 

 

VER NESTE BLOG MÁIS ENTRADAS SOBRE BIBLIOTECA INCLUSIVA  

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA DE RECURSOS

As nenas e nenos de 6º de E.I. conmemoraron este día.




18/10/20

EDUCACIÓN INCLUSIVA

 O pasado venres 16 de outubro, celebramos o día da Educación Inclusiva, educación que promovemos no noso cole, como unha educación para todos os nenos e nenos sen discriminación de ningunha natureza e con todos os apoios necesarios para que reciban unha educación de calidade.

 E por iso, este curso, dotamos a nosa biblioteca con moitos fondos que fan referencia á mesma. 

 A continuación, amosámosvos  unha pequena recomendación dalgúns libros dos que dispoñemos e recordarvos que esto é unha pequena mostra deles, porque son moitos os que temos.

Esperamos que vos guste!







3/12/19

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

BIBLIOTECA INCLUSIVA: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe é o día da Discapacidade e por iso o alumnado de 3º curso de Primaria de varios centros do Concello, fomos invitados a asistir a unha xornada de convivencia co alumnado de ASPANANE. Fixéronse grupos e talleres de cerámica, madeira, pintura de cara, serigrafía... onde os nenos e nenas desenvolveron distintas actividades. Foi un día moi especial e moi divertido. Dámoslle as grazas aos organizadores!!!

 



 


25/1/19

BIBLIOTECA INCLUSIVA

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1101
Biblioteca Inclusiva é o nome dun novo programa no contexto do Plan LÍA 2016-2020 de Bibliotecas Escolares, que desenvolve algunhas das liñas contempladas no desafío número tres deste Plan. Este programa pretende sensibilizar sobre a necesidade de avanzar cara unha biblioteca que responda ás necesidades de todo o alumnado do centro e que enfronte os retos, dunha forma decidida, que presenta a diversidade. 

O noso centro acaba de ricibir unha cuantía importante co fin de renovar e ampliar os fondos da colección da biblioteca escolar e tamén para renovar e ampliar o mobiliario ou o equipamento da mesma, de cara a unha mellor atención da diversidade e cara unha BIBLIOTECA INCLUSIVA. 

ACCESO AOS MATERIAIS DA XORNADA "BIBLIOTECA INCLUSIVA. LECTURA E DIVERSIDADE" (importante selección de recursos)

3/12/17

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

http://www.un.org/es/events/disabilitiesday/
En 1992, ao termo do Decenio das Nacións Unidas para os Impedidos (1983-1992), a Asemblea Xeral proclamou o día 3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O Decenio fora un período de toma de conciencia e de medidas orientadas cara á acción e destinadas a mellorar a situación das persoas con discapacidades e á consecución da igualdade de oportunidades para elas. Posteriormente, a Asemblea fixo un chamamento aos Estados Membros para que destacasen a celebración do Día, e así fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidade.
Deixamos nesta entrada uns vídeos resultaddo dun proxecto desenvolvido con motivo desta celebración e que organizaron dende o CEIP de Cervo coa colaboración de 30 colexios de toda Galicia.
Partindo do libro Está bien ser diferente de Todd Parr, traducido ao galego e posto en escea de formas moi diversas polo alumnado dos diferentes colexios.
 ENTRADA NO BLOG DO CEIP DE CERVO


                                                                             
O noso centro sae no minuto 13:27
O noso centro sae no minuto 2:18

25/10/16

Un percorrido polo conto "El cazo de Lorenzo" de Isabeller Carrier

Na aula de 6º de infantil traballouse o conto "El cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier.
Trátase dun conto que nos amosa en forma de metáfora os obstáculos que ten que superar un neno con dificultades. Esas dificultades represéntanse por medio dun cazo vermello que acompaña a Lourenzo a todas partes. 
A través do conto, podemos observar como Lourenzo ten que esforzarse moito máis cos demais para conseguir o mesmo, precisamente por ese cazo que lle complica un pouco a vida. 
Tamén nos amosa como Lourenzo ten moitísimas calidades; como hai persoas que só ven o cazo e atópano raro, e mesmo inquietante. Pero afortunadamente existen persoas extraordinarias (pais, mestres, terapeutas...) que axudan a Lourenzo a explotar os seus puntos fortes e a levar máis discretamente o seu cazo, o que lle facilita substancialmente a vida.

Como se traballou o conto?
Primeiro contóuselles o conto, sen explicarlles en ningún momento de que ía nin que significaba ese cazo, e logo viron varios  vídeos que están en internet. Despois fixéronse preguntas para ver  o que recolleran. Ningún entendera a metáfora, aínda que tampouco é de estranar, pois é difícil que a interpreten por si mesmos.
Entón explicóuselles que significaba ese cazo.  Ese cazo eran distintas dificultades coas que se podían atopar as persoas. E fomos poñendo exemplos: ese cazo podía significar non ver, non oír, non poder camiñar, ter dificultades para comunicarse... E con cada un dos exemplos, iamos falando sobre como podía afectar ao noso día a día (como o cazo complicábanos un pouco a vida) e que podiamos facer para que ese cazo fose máis discreto (por seguir cun exemplo, no caso de ter unha discapacidade auditiva, como a lingua de signos, a lectura de beizos ou uns audífonos podían facer a nosa vida moito máis fácil).

Tradución do conto.
Como o libro que temos na biblioteca está escrito en castelán fixémoslle a tradución ao galego, así os nenos e nenas participan por igual das dúas linguas oficiais de Galicia.

Actividades que levamos a cabo.
  •  Libro-Audio: que consistiu en reproducir as ilustracións, escribir e narrar o propio conto. Tomamos imaxes dos seus debuxos, gravamos as súas narracións e o resultado final foi o seguinte vídeo.
  •  Dramatización para os demais compañeiros do cole. Fixémolo coa colaboración do alumnado de 6º curso.  A representación tivo lugar no ximnasio o Día da Biblioteca Escolar, 24 de outubro. Gustou moito e o resultado final  queda recollido tamén en vídeo.

  • Reflexións e Gran Mural.  Finalmente fixemos un mural coa pancarta da dramatización, os debuxos e os textos do libro-audio.