25/3/20

PREPARANDO O DÍA DO LIBRO INFANTIL

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/
O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril, coincidindo co  natalicio do escritor danés  Hans  Christian Andersen. O obxectivo, é espertar o interese e amor polos libros e a lectura dos nenos e novos e facer diso, un hábito de vida.
BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras. 

GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de  Héctor Cajaraville. 



Quen foi  Hans  Christian Andersen?

Hans  Christian Andersen, foi o creador dalgúns dos contos clásicos infantís máis lidos en todo o mundo como o  Patito Feo,  Pulgarcita, o Soldado de Chumbo ou a  Sirenita e que tamén foron levados ao teatro e á gran pantalla.
Foi un escritor, abocado á literatura infantil, a cal se coñece nos cinco  continentes, ademais, os seus libros foron traducidos a máis de oitenta idiomas.

Xa temos preparados os vídeos cos vosos traballos!!!

ENTRADA DO DÍA 2 DE ABRIL DE 2020

24/3/20

VÍDEO CONMEMORATIVO

Xa temos o vídeo que realizamos con todos os traballos que se presentaron á proposta da BIBLIOSOÑOS:

IMOS SEGUIR TRABALLANDO... A BIBLIOSOÑOS PROPÓN...




Moitas gracias ás familias pola súa implicación. Temos que seguir traballando por iso animámosvos a que sigades as novas propostas que fará a BIBLIOSOÑOS

 

23/3/20

RECURSOS EDUCATIVOS NA REDE

Somos conscientes de que a situación que estamos a vivir nestes intres non é doada para ninguén, por ese motivo, todo o persoal do CEIP de Celeiro querémosvos enviar ánimos e toda a forza do mundo, e dicirvos que entre todos poderemos se non combater a este virus polo menos facelo menos presente na nosa sociedade.
Tede en conta que, isto non é de obrigado cumprimento, e non o facemos para seguir avanzando no currículo, senón porque consideramos as rutinas como esenciais no desenvolvemento e aprendizaxe dos máis pequenos.
Por outra banda dicir que consideramos como tarefas escolares:
- as manualidades
- a pintura e o debuxo
- a lectura ( de libros, contos, ...)
- a escritura (copia ou producións propias, esquemas e resumos, redaccións...)
- as matemáticas (facendo listaxe para a compra, estimando prezos, medindo ingredientes cociñando, xogando coas moedas... facendo medidas das habitacións da casa, facendo planos en escala...)
- os xogos de mesa en familia (como pode ser o parchis, o tabú, scrabell, o uno, cartas, puzzles...)
- o exercicio físico na casa (facendo bailes, subindo e baixando un chanzo, facendo saltos, barrer,....)
- Cantar (memorizar cancións e cantalas en galego, en inglés, en castelán...)

Para iso deixámosvos a disposición a páxina web do centro, e o blog, onde poderedes atopar diferentes recursos para traballar.
Así pois, queremos achegarvos unha serie de recomendacións para que os vosos fillos e fillas non perdan hábitos, e se lles faga máis ameno o confinamento.
  • Contos:
Coronavirus no es príncipe ni princesa
http://aulasgalegas.org/recursos-na-rede/
https://es.ixl.com/?partner=google&campaign=8855101097&adGroup=94161111043&gclid=EAIaIQobChMI3sn1zriw6AIVy6ZRCh2mmAyVEAEYASAAEgKs1_D_BwE
comprensión lectora general
https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria
xogos
www.yojuegoencasa.es (hai que rexistrase pero é totalmente gratuíto)
Espectáculos On-line
www.salondolibro.gal/salon-virtual/ totalmente gratuíto e onde podemos atopar, acutación musicais, contacontos, talleres…
  • Libros lectura Online
- https://keepreadingencasa.planetadelibros.com/ (libros para descargar gratuítos tanto para nenos e nenas como para adultos)
El señor cuadrado y sus amigos:
https://weeblebooks.com/es/ciencia/senor-cuadrado-amigos/ I
Un techo de estrellas:
https://weeblebooks.com/es/espacio/un-techo-de-estrellas/
Descubriendo a Julio Verne
https://weeblebooks.com/es/biografias/descubriendo-a-julio-verne/
La historia y sus historias (+11/12 anos)
https://weeblebooks.com/es/historia/la-historia-y-sus-historias/
Rosa contra el virushttps://bbkfamily.bbk.eus/es/mediateka/rosa-contra-el-virus/
Numeroso títulos infantiles:
http://www.digital.pintar-pintar.com/bookcase/combj

Dende o grupo de docentes do CEIP de Celeiro, esperamos vervos axiña, e lembrade#eutaménquedonacasa#

21/3/20

DÍA DA POESÍA


(Nestes días de quedar na casa pode ser unha boa ocasión para lembrar actividades que fixemos no colexio con motivo desta  e outras moitas celebracións)
http://marta-diapoesia.blogspot.com/


Hoxe, 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía 2020, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística. 
Durante a 30 reunión da UNESCO, en París en 1999, o organismo proclamou o 21 de marzo, como Día Mundial da Poesía, a proposta do editor Antonio Pastor  Bustamante.
Ao principio propúxose o 23 de abril, pero como xa se celebraba nesa data o Día Mundial do Libro, decidiuse finalmente o 21 de marzo, coincidindo co  equinoccio de primavera no hemisferio Setentrional.
Este día busca promover o ensino da poesía, fomentar a tradición oral dos recitais de poéticos, apoiar ás pequenas editoriais, crear unha imaxe atractiva da poesía para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión, e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.
A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar a forma na que usamos as palabras e o noso modo de percibir a realidade. Exprésase de maneira diferente e sutil e consegue comunicar cousas de maneira diferente.

Lembrade a proposta da BIBLIOSOÑOS:

IMOS SEGUIR TRABALLANDO... A BIBLIOSOÑOS PROPÓN...

Estamos a recibir moitos traballos ben bonitos. 

O luns 23, cos traballos recibidos, faremos un vídeo conmemorativo

Moito ánimo e feliz DÍA DA POESÍA!!!

19/3/20

Unha ponte especial "QuédateNaCasa"

Hoxe comezariamos unha ponte moi especial pero o COVID-19 cambionos todos os plans.
Deixámosvos novas propostas:

16/3/20

IMOS SEGUIR TRABALLANDO... A BIBLIOSOÑOS PROPÓN...

Dende a Bibliosoños facemos a seguinte proposta de traballo voluntario 
para o alumnado de Primaria.

Esta semana si houbese cole celebrariamos os días da ÁRBORE, AUGA E POESÍA.

Por iso vos propoñemos que:
  • procuredes ou inventedes un poema relacionado coa natureza, árbores, animais... (en galego, castelán ou inglés)
  • escribides o mesmo nun folio ou folla
  • facedes un debuxo ben bonito relacionado co texto e escribides o voso nome e curso
  • pedídeslle a mamá ou papá que lle faga unha foto ao voso traballo para que o envíe ao seguinte correo: bibliotecaceleiro@gmail.com
  • tedes de tempo ata o luns 23 de marzo
  • coas fotos recibidas faremos un vídeo para celebrar dende a distancia estas conmemoracións que tanto nos gustan.
Outra proposta:
  • podedes enviar un vídeo recitando ese poema elexido
  • ao mesmo correo e ata o luns 23 de marzo
 Nota: O traballo e envío do mesmo ten que estar supervisado pola vosa familia

http://pedrosalatas.blogspot.com/
Tamén vos invitamos a ler e ver o blog BIBLIOSOÑOS
O EQUIPO DA BIBLIOTECA.

6/3/20

Para conmemorar o Día da Muller

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1294
O vindeiro 8 de marzo é o Día da Muller por iso no noso colexio durante esta semana fixemos actividades e traballos para fomentar a igualdade entre nenas e nenos, homes e mulleres e visualizar os seus dereitos.
Cada ano este día vai dedicado a unha muller relevante relacionada co Concello de Viveiro, pero este ano quixemos preguntar ás familias por esas mulleres que están no noso recordo e que foron parte fundamental da nosa sociedade por diversos motivos. A enquisa proporcionounos a figura de Dolores Salgueiro Fernández, "A Chitona".

  • Na Biblioteca elaboramos unhas pequenas presentacións: 



  • O seu fillo Vicente Míguez (exprofesor do colexio) impartiu unhas pequenas charlas para todo o alumnado dividido en dous grupos: Infantil, 1º e 2º curso e outro con 3º, 4º, 5º e 6º curso.
  • Tamén nos preparou unha pequena exposición con fotografías
  • Nas aulas tamén prepararon diversos traballos e murais


5/3/20

Máis traballos sobre Rosalía de Castro

Hoxe presentamos o traballo realizado polo alumnado de 5º curso. Prepararon unha LIÑA DO TEMPO da vida e obra de Rosalía. Ademais fixeron a presentación no seguinte vídeo.


Aproveitamos tamén esta entrada para presentar
 o poema de "Adiós ríos, adiós fontes" que preside a Nova Biblioteca.


4/3/20

Rematou o concurso de recollida de pilas


http://blogs.voznatura.es/ceipapedrosa/2020/01/15/imos-participar-no-concurso-de-recollida-de-pilas-e-acumuladores/
O pasado mes de xaneiro foi convocado o concurso de recollida de pilas e o noso colexio
participou recollendo un total de 350 kilos aproximadamente.
Toda a comunidade educativa colaboraou neste proxecto e por iso queremos agradecerlles todo o esforzo realizado.  MOITAS GRAZAS!!!
Aínda que o concurso rematou seguiremos recollendo para a seguinte convocatoria.

MOITO ANIMO E SEGUIDE TRAENDO PILAS!

3/3/20

FORMACIÓN DE RADIO NA BIBLIO CON LUIS PARDO

Entradas realizadas por:

Carla Rodríguez, alumna de 6º de Primaria:

O xoves día 27 de febreiro veu a darnos unha charla informativa sobre a radio Luis Pardo que é un presentador que traballa na Cadena Ser. Con el aprendimos as catro cousas imprescindibles para facer radio: a voz, a música, o son e o silencio.
Deunos uns papeis con noticias verdadeiras nas que tivemos que adaptar a noticia para lela mellor e noutro tivemos que lela en varios tonos.
Tamén nos ensinou un podcast e deunos consellos para facer un guión.
Pasámolo moi ben e aprendemos moitos. Teremos os seus consellos en conta!

Iker Díaz, alumno de 6º de Primaria:

 O xoves pasado, Luis Pardo, o periodista da cadena Ser ensinounos o bonito e o fácil que é emitir na radio. Fíxonos varios exercicios relacionados coa radio e explicounos como facer o guión máis curto e menos latoso. Tamén como expresarnos mellor lendo e para rematar falounos dos Podcast e escoitamos "El gran apagón". Foi moi divertido!