Mostrando entradas con la etiqueta hora de ler. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta hora de ler. Mostrar todas las entradas

18/10/13

As Mochilas Viaxeiras xa están preparadas

Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.
A mochila viaxeira está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola na súa labor común para a formación dos lectores máis novos.
A fórmula para decidir quen se leva a mochila para a casa será variada: unhas veces por orde alfabética outras por sorteo ou por orde de petición...
En canto á periodicidade non sobrepasará dunha semana, tamén dependerá do número de alumnos e alumnas do curso.

16/4/13

Un libro moi interesante

Temos un novo libro na Biblioteca


TASTARABÁS

A memoria dos xoguetes: facer un bazar coa natureza. Reportaxe de Otero Ricart sobre «Tastarabás, de Antón Cortiza. 

 

 O xornal Faro de Vigo publicou no suplemento Estela unha reportaxe de J. A. Otero Ricart sobre Tastarabás, de Antón Cortizas, a enciclopedia dos xoguetes e brinquedos tradicionais

"Agora os nenos non saen á rúa a xogar de forma natural, como sucedía fai unhas décadas, por iso estanse a perder moitos dos nosos xoguetes de enxeño tradicionais"

O profesor ferrolano Antón Cortizas, que se considera "un neno grande", recompilou máis de mil deses brinquedos galegos nun libro que constitúe toda unha enciclopedia. "Afortunadamente non está todo perdido", sinala; "aínda quedan pícaros, por exemplo, que saben facer avións de papel".

8/4/13

Nova colección dos BOLECHAS

Esta semana entrou na nosa Biblioteca esta fermosa colección sobre OS BOLECHAS, da editorial BOLANDA.
Son 12 libros con pictogramas de fácil lectura para facilitar unha rápida comprensión do texto, sendo moi axeitados para lectores noveis ou para persoas con dificultades para accederen á lectura.

22/10/12

Libros da editorial OQO

Este curso imos seguir recibindo as novidades da editorial OQO.
Acabamos de recibir a colección Conto cinco sentidos.
Clicade na imaxe para ter máis información.

10/10/12

Hoxe as Mochilas empezan a viaxar

No mes de outubro preparamos moitas actividades para celebrar o Mes das Bibliotecas Escolares. 
Hoxe fixemos entrega dos carnets de Biblioteca aos alumnos de primaria e tamén puxemos en marcha as 
MOCHILAS VIAXEIRAS...BOA VIAXE! 

2/12/11

Libros para os alumn@s do 3º ciclo

Acaban de chegar dous títulos de libros para ler colectivamente os alumn@s dos cursos 5º e 6º de primaria:
  • 20.000 leguas baixo dos mares. Unha adaptación da novela de Jules Verne.  Ilustracións de Sandrine Gambart  -  Texto de Virginie Hanna
Mortos de frío e case sen folgos, Pierre Aronnax, Conseil e Ned Land atópanse na auga a lombos dun monstro. Só entón se decatan de que non se trata nin dunha balea nin cunha criatura mariña, senón dunha estraña máquina submarina, o NAUTILUS!
De súpeto, ábrese un zapón e os nosos amigos son arrastrados ao interior da nave. Son prisioneiros do misterioso capitán Nemo.


Un día de moito vento, alguén peta na porta do "Almirante Benbow", a pousada dos pais de Jim Hawkins. É Billy Bones, un vello pirata que garda no seu cofre un gran segredo: o mapa do capitán Flint!.  O mapa da illa do tesouto!. Para Jim e os seus amigos a aventura só acaba de comezar!

DISFRUTADE COAS LECTURAS!!!

    25/10/10

    Hora de ler

    Neste curso comezamos a facer a hora de ler  todos os ciclos á mesma hora, despois do recreo, de 12:00 a 12:20 horas temos cita cos libros que máis nos gusta ler