Mostrando entradas con la etiqueta Obradoiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Obradoiros. Mostrar todas las entradas

25/3/11

Obradoiro de Monicreques no cole

Ángeles de Prado Díaz, escultora e pintora de profesión, estivo no noso centro impartindo un obradoiro de MONICREQUES para os alumnos e alumnas do 3º ciclo.
Nos tres días desta actividade tiveron a oportunidade de realizar dous monicreques cada un:
  • Unha marioneta con cucurucho móbil, un pau, a cabeza feita co tubo do papel hixiénico e un traxe de tea.
  • Un monicreque con cabeza feita en papel maché e vestido de tea, tamén feito por eles mesmos.
O resultado quedou ben bonito e pasaron un tempo moi entretido aprendendo e xogando.

18/3/11

Entrevista a Xaneco

Xoán Manuel Tubio Fernández, coñecido por XANECO é un Luthier de Outeiro de Rei .
Esta semana estivo no noso colexio para impartir o Obradoiro de Instrumentos Musicais. 
O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de LUGO leva a cabo estes obradoiros para facer chegar ás escolas o coñecemento dos oficios artesanais, neste caso o da elaboración de instrumentos musicais tradicionais galegos.

- Xaneco, como foi o resultado deste obradoiro no colexio de Celeiro?

--Moi positivo, os nenos e nenas traballaron con ilusión e pasaron uns momentos moi entretidos. Cada un fixo unha ferreña que van poder levar para as súas casas.
-Cal é a túa especialidade?

--O que máis fago son instrumentos de percusión tradicional galega e tamén zanfonas, que son as que máis traballo levan, cada unha pode levar arredor de mes e medio de traballo.

Quen solicita este tipo de instrumentos?

--Traballo moito por encargos de músicos profesionais, asociacións culturais e agrupacións folclóricas.