31/10/20

CONTOS PARA O SAMAÍN 2020

 


Na Bibliosoños temos unha colección de contos que leva por título: O baúl dos MONSTROS da editorial Baía Edicións.
E como  hoxe é O SAMAÍN, as profesoras Rita Lamas e Lorena Rivas quixeron contarlle a Rufo e tamén a tod@s vós o conto O Esqueleto.

 


29/10/20

Traballos de ambientación para O SAMAÍN

OS NOSOS TRABALLOS NO SAMAÍN
 


28/10/20

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO SAMAIN

 Bo día familias, nenos e nenas!

Achégase o día da noite mais arrepiante do ano... o Samaín... unha noite especial na que nos rodeamos de morcegos, meigas, cabazas, pantasmas e  mais seres terroríficos.

Pois, para que pasedes esa noite con moito medo.... amosámosvos unha recompilación de libros que, ademais de facervos tremer.....gustaranvos e divertiranvos moito!!

 





24/10/20

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

 VÍDEO RESUMO DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO:

21/10/20

24 de outubro, Día das Bibliotecas

 

ARTIGO DO BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón. 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

18/10/20

EDUCACIÓN INCLUSIVA

 O pasado venres 16 de outubro, celebramos o día da Educación Inclusiva, educación que promovemos no noso cole, como unha educación para todos os nenos e nenos sen discriminación de ningunha natureza e con todos os apoios necesarios para que reciban unha educación de calidade.

 E por iso, este curso, dotamos a nosa biblioteca con moitos fondos que fan referencia á mesma. 

 A continuación, amosámosvos  unha pequena recomendación dalgúns libros dos que dispoñemos e recordarvos que esto é unha pequena mostra deles, porque son moitos os que temos.

Esperamos que vos guste!







14/10/20

DÍA DAS ESCRITORAS

 LUNS, 19 DE OUTUBRO

O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras. 

Desde a Asesoría das Bibliotecas Escolares de Galicia propóñennos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición de libros, ben lendo fragmentos dos mesmos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura.

DURANTE A SEMANA DO 19 AO 23 DE OUTUBRO, NA HORA DE LER, FAREMOS LECTURAS DE FRAGMENTOS DE LIBROS DE ESCRITORAS GALEGAS.

 RECOMPILACIÓN DE FRAGMENTOS DE ESCRITORAS GALEGAS 

TAMÉN ESTAMOS A DOTAR DE NOVOS FONDOS Á BIBLIOTECA CON LIBROS ESCRITOS POR AUTORAS CONTEMPORÁNEAS.

 



5/10/20

Comezamos a Formación de Usuarios

 Durante a semana do 5 ao 9 de outubro imos facer unha formación de usuarios da nosa biblioteca escolar:

  • Luns 5, 5º curso (4ª hora)
  • Martes 6, 4º curso (3ª hora)
  • Mércores 7, 6º curso (1ª hora)
  • Xoves 8, 2º curso (5ª hora)
  • Venres 9, 3º curso (1ª hora)

 Seguiremos a seguinte presentación: