30/11/15

Seguimos traballando sobre as ABELLAS

Os alumnos de 1º e 2º curso, xunto coas súas profesoras Angélica e Maricarmen, acaban de rematar o gran mural sobre AS ABELLAS, quedoulles moi ben, con moita información e moito debuxo.

28/11/15

Adeus a Xosé Neira Vilas.

https://sites.google.com/site/50anosmemoriasdunnenolabrego/
Clica na imaxe e poderás ver e ler máis cousas sobre Neira Vilas. A páxina fixémola no 50 aniversario da publicación Memorias dun neno labrego (1961-2011).


O escritor Xosé Neira Vilas finou na súa casa de Gres, Vila de Cruces. Tiña 87 anos e foi autor dun libro esencial nas letras galegas, Memorias dun neno labrego.
 No mes de xullo Memorias dun neno labrego, publicado orixinalmente en 1961 levaba vendidos 600.000 exemplares. As súas primeiras verbas pasarán a historia: «Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre». A historia de Balbino é o testemuño da vida rural en Galicia nun tempo pasado. Durante décadas foi unha lectura cotiá para os alumnos en moitas escolas galegas. Foi traducida ao castelán, inglés, francés, alemán, checo, ruso e outros idiomas.
Na nosa Biblioteca temos tamén este libro e todos os nenos e nenas cando chegan a 5º ou 6º curso téñeno como lectura obligada e colectiva. 
Tamén recordamos que o 20 de novembro, os nenos e nenas de 5º curso dramatizaron unha pequena obra da súa dona Anisia Miranda, Que lle pasou a coelliño?.

25/11/15

Convocatoria de concursos

Dende a Biblioteca do noso centro poñemos en coñecemento das familias a convocatoria de dous concursos moi interesantes para os nenos e nenas do noso colexio.
  • Certame de Poesía Infantil "Nadal 2015", convocado pola biblioteca Municipal de Viveiro
  • ·      Os Bolechas poñen en marcha un CONCURSO DE DEBUXO con grandes premios para os escolares e os colexios. O tema é HISTORIAS DO MEU COLE.
    Este concurso desenvolvese a través do sitio web  http://www.osbolechas.gal/cole/


Educar en valores: a igualdade de xénero

No blog EN CLAVE DE NIÑOS atopamos este artículo que merece a pena ler lido.

http://www.educarenigualdad.org/material



20/11/15

Celebramos o Día da Infancia

O 20 de novembro celébrase o Día dos Dereitos dos Nenos e das Nenas.
No colexio, durante toda a semana estamos levando a cabo moitas e diversas actividades:
  • O martes, para o nenos e nenas de infantil, o bisavó dunha alumna veu a falar sobre as abellas e os traballos do apicultor. "Unha charla moi interesante"
  • Tamén o martes, para todos os nenos e nenas de primaria, a Banda de Música impartiu un mini concerto didáctico. "A túa Banda vai ao cole"
  • O mércores, para infantil e 1º e 2º curso, o grupo de Música Tradicional "Non cho digo" ensinoulles moitas cousas sobre a Música, Baile e Vestimenta Tradicional Galega. "Unha clase moi especial coa música tradicional"
  • O venres, os nenos e nenas de 5º curso farán unha pequena dramatización sobre a obra de Anisia Miranda, Que lle pasou a coelliño?. Esta actividade esta enmarcada dentro dos Apadriñamentos Lectores e que levamos a cabo un venres ao mes.

  • Tamén fixemos unha pequena exposición con libros e traballos relacionados coa celebración dos Dereitos dos Nenos e Nenas.

19/11/15

Unha clase no noso porto




Esta fotografía corresponde ao artigo de LA VOZ DE GALICIA.






Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria foron ata o Porto de Celeiro para coller apuntes e facer bocetos de diferentes partes ou zonas do mesmo; pois van participar no concurso de debuxo "Nuestros Puertos" que convoca a Autoridade Portuaria de Ferrol.
O curso pasado, o alumno José Manuel Guirado Fernández, levou o 1º premio.


Unha clase moi especial coa Música Tradicional

Os nenos e nenas de 6º de Infantil están a traballar sobre GALICIA e chegaron ao apartado da Música e Baile Tradicional e para que poidesen escoitar e ver en directo as cualidades do noso folklore, a súa profesora Inés organizou un pequeno concerto didáctico.
Visitounos un cuarteto de Música Tradicional "Non cho digo" formado por dúas gaitas, tamboril e bombo; pero ademais, a profesora Eva, trouxo os seus traxes de baile e axudadas polas profesoras Rita e Lucía explicaronlles a todos os nenos e nenas as características de cada un deles.
Organizamos unha pequena romaría cantando e bailando todos xuntos. Pasámolo estupendamente!
Agradecemos aos compoñentes do cuarteto: Samuel, Rafa, Fran e Adrián  a súa visita e a súa gran clase e concerto.

18/11/15

“A túa banda vai ao cole”

O martes,17 de novembro, tivemos a oportunidade de contar no noso colexio cunha sección da BANDA DE MÚSICA de Viveiro. Ensináronnos os diferentes instrumentos dos que se compón unha Banda de Música, as súas características, os seus sons... Interpretaron varios temas musicais e poidemos probar os diferentes instrumentos.
Tamén nos invitaron a coñecer as instalacións onde ensaian e alí coñecer todo o que se pode facer pertencendo á Banda de Música.
O vindeiro sábado, 21 de novembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro farán o Concerto Tradicional de Santa Cecilia (22 de novembro) que é a patrona dos músicos.

Unha charla moi interesante na Bibliosoños

O martes, 17 de novembro, visitounos o bisavó de Lucía Fernández Rodríguez.
Fumos todos os nenos e nenas de infantil á Biblioteca e alí explicounos todo o relacionado coas abellas; nós tivemos oportunidade de facerlle unha chea de preguntas e aprendimos moitas cousas.
Tamén os nenos e nenas de 5º de Infantil lle fixemos uns debuxos en agradecemento para que sempre se acorde de todos nós.

12/11/15

Unha visita moi especial

Hoxe tivemos unha visita moi especial: Jesús e Ángeles, dous mestres do noso colexio e que agora están xubilados.
Eles saben moito das abellas pois son abelleiros ou aicultores e viñeron a contarnos moitas cousas sobre elas: como viven nas colmeas, como se extrae o mel, os beneficios tanto das abellas como o mel que nos dan...
Todos os nenos e nenas do colexio pasaron polo  Salón de Actos e alí escoitaron as explicación e viron unha colmea e moitos utensilios dos que se utilizan, coa cera fixeron unha vela, tamén fixeron moitas preguntas e disfrutaron dunha clase moi especial.
Tamén nos trouxeron un libriño informativo que nos vai axudar a comprender moito mellor  


11/11/15

Un día de festa

Hoxe, día de San Martiño, e dinfrutando do bo tempo, fixemos o xa tradicional Magosto no noso colexio. Os nenos e nenas fixeron cucuruchos moi especiais, recolleron as castañas asadas por Enrique e Antonio, comeron e beberon, xogaron e pasáronno estupendamente.
No seguinte vídeo podemos ver momentos da festa.

10/11/15

Exposición de marcapáxinas

Este curso os nosos marcapáxinas van adicados ao MUNDO DAS ABELLAS, pois é o Proxecto documental no que estamos a traballar durante este trimestre.
NESTE ENLACE podemos atopar máis información.
Na seguinte presentación podemos ver a Exposición dos marcapáxinas.


5/11/15

Unha colección moi interesante

Tras o éxito dos primeiros 12 tomos, a Biblioteca Básica Os Bolechas amplíase con 6 novos títulos que complementan esta colección pensada para se converter na primeira biblioteca das nenas e nenos galegos.






4/11/15

Mes da Ciencia

Noticia extraída do Blog das bibliotecas Escolares de Galicia

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas-2015

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/812
MANIFESTO
FOLLETO INFORMATIVO

3/11/15

Proxecto Documental

Durante este 1º trimestre do curso estamos a traballar nun Proxecto Documental sobre o mundo das abellas.
Preparamos esta páxina con moita información. Clica na imaxe para entrar.

https://sites.google.com/site/omundodasabellas/


Tamén preparamos una pequena exposición cos obxectos que foron traendo os alumnos e alumnas e que podemos visualizar no seguinte vídeo

Exposición de libros no mes de novembro

Acabamos de rexistrar e catalogar estes 19 títulos novos na Bibliosoños.
Podedes ollalos e levalos ás aulas na HORA DE LER.