O 20 de novembro celébrase o Día dos Dereitos dos Nenos e das Nenas.
No colexio, durante toda a semana estamos levando a cabo moitas e diversas actividades:
- O martes, para o nenos e nenas de infantil, o bisavó dunha alumna veu a falar sobre as abellas e os traballos do apicultor. "Unha charla moi interesante"
- Tamén o martes, para todos os nenos e nenas de primaria, a Banda de Música impartiu un mini concerto didáctico. "A túa Banda vai ao cole"
- O mércores, para infantil e 1º e 2º curso, o grupo de Música Tradicional "Non cho digo" ensinoulles moitas cousas sobre a Música, Baile e Vestimenta Tradicional Galega. "Unha clase moi especial coa música tradicional"
- O venres, os nenos e nenas de 5º curso farán unha pequena dramatización sobre a obra de Anisia Miranda, Que lle pasou a coelliño?. Esta actividade esta enmarcada dentro dos Apadriñamentos Lectores e que levamos a cabo un venres ao mes.
- Tamén fixemos unha pequena exposición con libros e traballos relacionados coa celebración dos Dereitos dos Nenos e Nenas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario