29/5/21

CARTEL e proxectos DA MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA 2021

 PREME NA IMAXE PARA VER OS PROXECTOS


O noso centro participa na MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA desde o curso 2011-2012. 
Este  curso non levamos a cabo a Exposición conxunta que realizabamos en colaboración coas familias, concello e asociacións, dadas as circunstancias da pandemia (COVID-19).
Non obstante realizamos intercambios intercentros de xeito online e seguimos visualizando no blog da MICRORREDE os proxectos dos diferentes centros tendo como obxectivos o fomento da lectura, adquisición das competencias na información e no sentido crítico do alumnado.
Así podemos ver, na anterior presentación, os proxectos baixo o título "XEOGRAFÍAS..." como exemplo de traballos nos diferentes centros.

21/5/21

PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO: Xela Arias Castaño

Na mañá do venres, 21 de maio, gravamos o Programa nº 8 deste curso de Radio na Biblio baixo o título "Xela Arias". Foi realizado por Andrés, Sara, Yeray, Ángel e Patrik.

Trátase dun monográfico dedicado á homenaxeada nas Letras Galegas 2021: Xela Arias


 

12/5/21

PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO "Maio, mes das Letras Galegas"

Na mañá do mércores, 12 de maio, gravamos o Programa nº 7 deste curso de Radio na Biblio baixo o título "Maio, mes das Letras Galegas". Foi realizado por Kevin, Ana, Nely, Nicolás E. e Noa.

O programa informa sobre o a celebración das Letras Galegas, quen instaurou a mesma e o por que se celebran o día 17 de maio.

Ademais podemos escoitar anacos das cancións que traballamos durante este mes.


11/5/21

AS NOSAS ACTIVIDADES POLAS LETRAS GALEGAS 2021

 Na páxina especial dedicada a Xela Arias temos todas as actividades que realizamos para estas Letras Galegas 2021.

PREME NA IMAXE



10/5/21

Máis contos e cantos no mes das Letras Galegas

 Seguimos traballando no Proxecto CONTOS E CANTOS:


Para as Letras Galegas o alumnado de 1º e 2º curso prepararon os  contos populares:

  • "Carapuchiña Vermella" e "O lobo e os tres porquiños". Presentados a través de debuxos e contados en pareados moi creativos. Tamén aprenderon a correspondente canción e agora podemos ver o resultado nos seguinte vídeos



 

7/5/21

REUNIÓN DA MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA

 

Na tarde do xoves, 6 de maio, coordinadoras e coordinadores das bibliotecas que formamos a MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, tivemos un encontro a modo de reunión de traballo onde falamos dos seguintes temas:

  • En primeiro lugar fixemos unha valoración da difícil situación que estamos a pasar no presente curso pola COVID-19, pero onde vemos que as bibliotecas están a superar con moito esforzo e ilusión.
  • Xa tiñamos acordado non facer a exposición conxunta e as actividades dinamizadoras entorno á mesma pero si se realizaron varios  encontros online entre centros para compartir experiencias.
  • Para rematar o curso acordamos que cada centro educativo faría unha presentación dos seus traballos, ben como proxectos de centro ou noutros casos actividades puntuais.
  • Acordamos elaborar un "cartel simbólico" como elemento dinamizador a través do alumnado do IES Perdouro.
  • Os traballos que presentemos como centros irémolos subindo a este blog para que podan ser compartidos cos demais centros da MICRORREDE, baixo o título da proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares, XEOGRAFÍAS... pois vennos moi ben xa que cada centro ubícase nun sitio distinto da Mariña, coas súas características ben diferenciadas e cada un cunha proposta distinta.

 Non queremos que esta pandemia nos achante e seguiremos coa ilusión de sempre traballando porque a MICRORREDE debe continuar (The show must go on!) en prol da lectura e das actividades dinamizadoras.

3/5/21

Entramos no mes das Letras Galegas e dos Maios

Durante  o mes de maio, como actividades complementarias, traballaremos os Maios e as Letras Galegas que este ano están dedicadas á XELA ARIAS.

 

Nas seguintes páxinas atopamos moita información:

PREME NAS IMAXES