Mostrando entradas con la etiqueta Contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Contacontos. Mostrar todas las entradas

19/5/17

Contacontos na Bibliosoños

  • Venres, 19 de maio. Proxecto Interxeracional Fundación ABANCA
    • Ás 10:00 horas, na Biblioteca do Centro, para o alumnado de Infantil e 1º curso.
    • Narración do conto A GALIÑA AZUL, con apoio de láminas, a cargo dos voluntarios  Espazos+ 60 de Viveiro.
Moitas grazas á Fundación ABANCA e aos voluntarios que participaron na narración do conto.


2/2/17

Unha sesión de contacontos na Bibliosoños

Todos os nenos e nenas de Infantil tiveron unha sesión moi especial na Bibliosoños pois a profesora Cristina contoulles o conto ZERALDA E O DRAGÓN de Agustín Fernández Paz.
Con el participamos na actividade 21 DÍAS CO GALEGO. 
A actividade rematará coa elaboración dun vídeo no que os nenos e nenas recomendarán o conto a outros nenos e nenas que o queiran ler.

Un dragón, unha princesa e un bruxo nunha aventura marabillosa. Un libro sobre o terrible dragón Smaug, que ten aterrorizada a xente da comarca, pois ataca de cada pouco os seus habitantes e rouba canto haxa de valor. Zeralda, a princesa de Moebia, decide vingarse del. Mentres o monstro dorme, róuballe o tesouro que gardaba na súa cova. Daquela, o dragón, coa axuda do Bruxo Vello, convértese nun mozo garrido, o príncipe Xabrín, e consegue enganar a Zeralda cos seus encantos. Un conto que segue o modelo dos relatos clásicos marabillosos, tanto na temática como na estrutura e nas fórmulas narrativas, e no que destaca o rol protagonista concedido á princesa.


Na sesión de lectura do conto pasámolo moi ben e despois comentamos o que máis nos gustou e a quen lle podía gustar este libro.

25/1/17

Traballando o IMPRESIONISMO

 
O alumnado de 4º curso, xunto coa súa titora Xulia, traballaron sobre a vida e obra de Vicent van Gogh e especialmente o cadro dos xirasois.

Para complementar o traballo fixeron un vídeo-conto da obra de Laurence Anholt "Camille e os xirasois"; traducíronno ao galego e puxeron as súas voces.

10/3/14

Anxo Moure no colexio

Hoxe, despois do recreo, imos ter dúas sesións (unha para Infantil e 1º curso e outra os demáis cursos de primaria) co contador de contos ANXO MOURE que nos presentará  o libro:

"A XACIA LUVIÑAS"

http://www.rios-galegos.com/venasgxacia.htm

A historia ensina aos nenos e nenas a non pelexarse, a coidar dos ríos e sobre todo a acariciar. Conta as lendas que os xacios e as xacias son seres medio humanos, medio peixes, que vivían nos pozos dos ríos.

15/5/13

Sesión de contacontos

O mércores, 15 de maio, na sala multiusos do Concello de Viveiro, lugar onde temos a exposición conxunta as bibliotecas Escolares da Mariña, houbo contacontos a cargo das mestras Angélica Novo e Rebeca Palmeira do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro.
Pasamos unha velada moi entretida e divertida!



26/10/12

Sesión de contacontos no colexio

A Compañía de Teatro "Os Quinquilláns"  visitan o noso colexio para contarnos "A verdadeira historia de Artur e Morgana".
Moitas gracias pola vosa visita!
Con esta actuación queda inaugurado o novo escenario do salón de actos do colexio.