2/2/17

Unha sesión de contacontos na Bibliosoños

Todos os nenos e nenas de Infantil tiveron unha sesión moi especial na Bibliosoños pois a profesora Cristina contoulles o conto ZERALDA E O DRAGÓN de Agustín Fernández Paz.
Con el participamos na actividade 21 DÍAS CO GALEGO. 
A actividade rematará coa elaboración dun vídeo no que os nenos e nenas recomendarán o conto a outros nenos e nenas que o queiran ler.

Un dragón, unha princesa e un bruxo nunha aventura marabillosa. Un libro sobre o terrible dragón Smaug, que ten aterrorizada a xente da comarca, pois ataca de cada pouco os seus habitantes e rouba canto haxa de valor. Zeralda, a princesa de Moebia, decide vingarse del. Mentres o monstro dorme, róuballe o tesouro que gardaba na súa cova. Daquela, o dragón, coa axuda do Bruxo Vello, convértese nun mozo garrido, o príncipe Xabrín, e consegue enganar a Zeralda cos seus encantos. Un conto que segue o modelo dos relatos clásicos marabillosos, tanto na temática como na estrutura e nas fórmulas narrativas, e no que destaca o rol protagonista concedido á princesa.


Na sesión de lectura do conto pasámolo moi ben e despois comentamos o que máis nos gustou e a quen lle podía gustar este libro.

No hay comentarios: