Mostrando entradas con la etiqueta Fomento da lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fomento da lectura. Mostrar todas las entradas

17/12/21

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

Velaiquí tedes as nosas recomendacións lectoras para este Nadal



10/11/21

MÁIS NOVIDADES

Na Bibliosoños seguimos recibindo moitos libros novos!
Esperamos que gocedes deles!

Aquí tedes unha pequena mostra deles


7/6/21

RETO LECTOR

 A mestra de 2º de Primaria, Alba Rodríguez, propuxo o todo o alumnado un RETO LECTOR.


Participaron todas as nenas e nenos do curso e xa conseguiron rematar este reto a alumna, Paula Gil e o alumno Iago Gil-Carcedo. Noraboa aos dous!!!

 



21/12/20

Proxecto "CONTOS E CANTOS"

Desde a Biblioteca e en colaboración coa Aula de Educación Musical, levamos varios cursos poñendo en marcha un proxecto que titulamos "Contos e cantos". 

Consiste na lectura ou posta en escea dun conto, de autor ou popular, que preparan as titoras e titores nas aulas e que se acompaña dunha canción que preparan na aula de música.

Neste Nadal as titorías de 3º, 4º, 5º e 6º curso prepararon catro contos coas súas respectivas cancións.

 "CONTO DE NADAL" Charles Dickens


"O ABETO" Hans Christian Andersen


"O SEGREDO DO NADAL" popular

"O NADAL DOS CONTOS" Xose Lueiro



15/12/20

Encontro Literario con MARÍA ROLLE

 Na maña do martes 15 de decembro, o alumnado de 4º de Primaria, tivo un Encontro Literario con MARÍA ROLLE, autora do libro "Esta non é outra historia de piratas".
Foi unha sesión moi divertida: 
  • Visualizaron un vídeo de presentación.
  • Fixéronlle moitas preguntas sobre o libro.
  • As nenas e nenos entregaron a María un libro feito cos debuxos de cada capítulo do libro.
  • Fixeron un xogo especial sobre o coñecemento do libro: "PASAPIRATA".
  • Rematamos  este encontro cunha  asinatura de libros.


 

 

13/11/20

No centenario de Gianni Rodari

Gianni  Rodari naceu en  Omegna, unha localidade situada ao norte de Italia, na rexión de  Piamonte, o día 23 de outubro do ano 1920, no seo dunha familia de panadeiros.

Foi pedagogo, xornalista, mestre e escritor italiano. Na súa faceta de pedagogo publicou “Gramática da fantasía”, onde expón as súas renovadoras ideas neste campo. Como escritor especializouse en literatura infantil e xuvenil.

Nesta páxina podedes ver todos os seus libros: 378 títulos para "Gianni Rodari"

 

Na  BIBLIOSOÑOS temos o libro "Cuentos por teléfono"

 

 

 

E tamén acaban de chegar estes dous títulos:

"Era dúas veces o Barón Lamberto" e       

"Las mejores historias y rimas de Gianni Rodari"





 


11/6/20

Recomendacións lectoras para o verán 2020

Estamos rematando este curso tan diferente ao que estamos acostumados, fáltannos as excursións e actividades de fin de curso, as actividades especiais na biblioteca...
Chegará o verán e tentaremos pasalo moi ben e como sempre cuns bos libros que ler no tempo de lecer. Dende a Bibliosoños e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega deixámosvos unhas recomendacións lectoras:


A MICRORREDE A MARIÑA tamén nos deixa recomendacións a través dos seguintes booktubers:

INFANTIL E PRIMARIA

LECTORES AVANZADOS

30/5/20

VAI DE CONTOS

http://pedrosalatas.blogspot.com/p/vai-de-contos.html
http://pedrosalatas.blogspot.com/p/vai-de-contos.html
Na pestana VAI DE CONTOS recollimos os contos que editaron a profesora Cris e o profesor Dani, neste tempo de Estado de Alarma. Son contos moi coñecidos e  seguro que vos gustará lembrar.
Animádevos a velos e escoitalos!!!

29/4/20

MÁIS RECURSOS...

Na marxe dereita tedes os enlaces para entrar nas seguintes webs:

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/datas-sinaladas/listado?tipo_recurso=Xestion/recurso/Dia_do_Libro/

https://www.cultura.gal/gl/aculturasegue
https://www.galiciale.gal/

28/4/20

BAÍA EDICIÓNS CON VÓS NA CASA


En Baía Edicións saben que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixáronnos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. 
"Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa."  

(É que nos piden desde Baía Edicións e nós dámoslles as gracias pola súa xenerosidade)

PREMEDE NA IMAXE PARA DESCARGAR OS LIBROS QUE VOS INTERESEN


https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

16/4/20

Recibimos a revista O PAPAGAIO

https://drive.google.com/file/d/1fglPulItADGC87sRhn6knBuhpl73w-QV/view?usp=sharing

"O Papagaio estaba desexando saír voando ate as vosas casas e bibliotecas para achegarvos todo o que preparou para o número de Abril pero parece que imos ter que ficar na casa algúns días máis así que vos envía unha versión dixital deste número en formato PDF para que poidades descargala e desfrutala na casa."
CLICA NA IMAXE PARA LER

18/2/20

Encontro Literario con MARÍA ROLLE

Hoxe, o alumnado de 4º de Primaria, tivo un Encontro Literario con MARÍA ROLLE, autora do libro "Esta non é outra historia de piratas".
Foi unha sesión moi divertida: 
  •  As nenas e nenos entregaron a María un libro feito cos debuxos de cada capítulo do libro.
  • Visualizaron un vídeo de presentación do libro.
  • Fixeron unha "caza do tesouro".
  • Rematamos cunha  asinatura de libros.



DÁMOSLLE AS GRAZAS A MARÍA 
POR VISITARNOS E CONTARNOS MOITAS COUSAS SOBRE

"Esta non é outra historia de piratas"

29/1/19

Vídeo-Conto "O esquío preguiceiro"

O alumnado de 6º curso de Valores Socias e Cívicos prepararon un vídeo-conto para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia.
Este conto é unha adaptación realizada por Xosé Lueiro da fábula de Esopo “La cigarra y la hormiga”. 
A intencionalidade didáctica desta historia quere poñer en valor o traballo e o esforzo frente á pereza ou preguiza. 
 Está narrado por Tábata, Julia, Carmen e Bryan, alumnas e alumno de 6º curso. 
A continuación do conto podemos escoitar a canción que leva o mesmo título “O esquío preguiceiro”, cantada polo alumnado de 1º curso.



23/1/19

LIBROS PARA A PAZ



5/4/18

Un novo libro na nosa Biblioteca


O exprofesor do noso colexio, Vicente Míguez Salgueiro, entregounos un exemplar do libro "Tarbernas, parroquias de Viveiro". O mesmo formará parte do fondo documental sobre o Concello de Viveiro.
Trátase do primeiro volume dunha serie que terá continuidade cunha segunda publicación.
Este libro aborda unha catalogación das tabernas e salóns de baile de once parroquias do Concello (San André de Boimente, Santiago de Celeiro, Santa María de Chavín, San Xoán de Covas, San Xiao de Faro, Santa María de Galdo, San Xiao de Landrove, Santa María de Magazos, San Pedro de Viveiro, San Estevo de Valcarría, San Cibrao de Vieiro). 

Queremos manifestarlle o noso agradecemento pola donación do libro e tamén felicitalo pola publicación do mesmo. Na nosa Biblioteca tamén contamos cos seus libros: "De azul olvido" e "A Lúa deitada en Porto Norte". 
MOITAS FELICIDADES, VICENTE

3/4/18

2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil - 2018

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1069
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións puntuais.



No seguinte vídeo o alumnado de 5º curso presentan os libros que están a ler:

17/3/18

De conversa con Antía Yáñez

O misterio de Portomarín

Antía Yáñez Rodríguez

Aqueles irmáns pensaban que o verán ía ser igual de monótono e gris que sempre.
Mais por unha serie de casualidades van ter que investigar un misterio que todos coidaban esquecido… como a vila que descansa debaixo das augas do encoro.
Durante séculos aquela vila anegada tivo os seus (terribles) segredos ben gardados. Mais agora van saír á luz…

O venres, 16 de marzo, e por xentileza da Editorial Galaxia, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de conversar con Antía Yáñez, despois de ter lido o libro "O misterio de Portomarín", unha lectura que lles resultou apaixoante e moi entretida.
Antía fixo unha presentación do lugar onde acontece a historia e posteriormente as nenas e nenos tiveron a oportunidade de facerlle moitas preguntas sobre o libro e tamén sobre ela mesma.
Foi unha xornada moi gratificante para o noso alumnado que rematou coa firma dos exemplares que aportou a Bibliosoños.
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo:



27/11/17

Novos fondos na Bibliosoños

Durante este primeiro trimestre a Bibliosoños está a recibir novos libros, pois as diferentes editoriais e comerciais estannos achegando as novidades deste ano.
Para este curso o orzamento do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia)) é de 1300€ e o centro aportará outra cantidade para a adquisición de novos libros e materiais para a Biblioteca Escolar.