26/2/19

RADIO NA BIBLIO: Especial Rosalía de Castro

O alumnado de Valores  de 6º curso, Tábata, Julia, Carmen e Bryan, realizaron un programa especial adicado a Rosalía de Castro coas seguintes propostas:
  • Semblanza da poeta
  • Entrevista ás mestras Angélica, Patricia e Marta
  • Entrevista ao alumnado
  • Entrevista ás familias e veciños do Chao
Seguimos á espera do material técnico especial para poder traballar con máis recursos, pero non quixemos perder a oportunidade de dedicarlle este pequeno traballo a ROSALÍA DE CASTRO.


VÍDEO QUE RECOLLE "COMO O FIXEMOS"


22/2/19

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2019



Hoxe celebramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, foi un acto compartido coas familias e veciños na Praza do Chao en Celeiro.
Fixemos as seguintes actividades:



  • Desfile con pancartas, seguindo a proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)   

MANI-FESTA-ACCIÓN

co poema que nos fala da emigración

VIUDA DOS VIVOS, VIUDA DOS MORTOS

(Do libro Follas Novas)

  • Recitado de versos de Rosalía 
  • Cantamos dúas cancións dos poemas:

PASA RÍO  do libro Cantares Gallegos

VIUDA DOS VIVOS, VIUDA DOS MORTOS do libro Follas Novas





 VÍDEO conmemorativo coa canción de creación propia: 
"VIUDAS DOS VIVOS, VIUDAS DOS MORTOS"  
VÍDEO DO RECITAL DE POEMAS PARA ROSALÍA NA BIBLIOSOÑOS
 VÍDEO RESUMO DA CELEBRACIÓN
 

20/2/19

Traballos presentados ao concurso de ideas

O alumnado de 6º curso convocou un concurso de ideas para buscar un nome e un logo para a RADIO NA BIBLIO.
O equipo encargado desta actividade colocou os traballos presentados e elixiron 3 semifinalistas en cada apartado. O seguinte paso será elixir un gañador ou gañadora.

Na seguinte presentación podemos ver todos os traballos.


14/2/19

Dúas celebracións moi importantes no noso colexio

Estamos a preparar as dúas celebracións inmediatas: 
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO e o ENTROIDO

https://sites.google.com/site/bibliosonosrosaliadecastro/rosalia-de-castro-curso-18-19
O venres, 22 de febreiro, como en anos anteriores, a partir das 12:00 horas, sairemos á Praza do Chao a celebrar o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro), faremos:
  • Desfile con pancartas, seguindo a proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)   
  • Recitado de versos de Rosalía 
  • Cantaremos dúas cancións dos poemas:
PASA RÍO  do libro Cantares Gallegos
VIUDA DOS VIVOS VIUDA DOS MORTOS do libro Follas Novas

Na páxina especial de ROSALÍA DE CASTRO atoparemos moita máis información.


http://entroido2010.blogspot.com/2019/
O venres, 1 de marzo, celebraremos a nosa tradicional festa de Entroido.
  • Desfile polas rúas do Chao (ás 11:30 horas) con disfraces relacionados co mundo dos bosques e montes: flora e fauna galega ou personaxes fantásticos (fadas, trasnos, santa compaña, ananos, bruxas...)
  • A continuación chocolatada con larpeiradas antroideiras 
  • Bailes e cancións.
Durante a semana do luns 25 ata o xoves 28  seguiremos os mandatos do MECO.

No blog do ENTROIDO podemos ver moita máis información.

13/2/19

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2019: 13 DE FEBREIRO

13 de Febreiro: Día Mundial da Radio 2019

No ano 2013 a ONU aprobou a proclamación da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación de Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a coperación internacional entre os organismos de radiodifusión."
Este ano celébrase co lema: "Diálogo, tolerancia e paz".

No noso colexio, o grupo de traballo formado por Alejandro, Pablo A., Antía, Martina, Julia, María e Candela, foron os encargados da realización do programa de radio conmemorativo.
Podemos velo na páxina especial da RADIO NA BIBLIO:

CLICA NA IMAXE
https://sites.google.com/view/ceip-celeiro-radio-na-biblio/programas-de-radio/programa-1?authuser=0

DURANTE A HORA DE LECER, NO PATIO DE RECREO,  ESCOITAMOS 
OS PROGRAMAS DE RADIO NA BIBLIO

11/2/19

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O 11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A iniciativa 11 de Febreiro promove a realización de actividades que, visibilizando o labor das científicas, conmemoren este día, fomenten vocacións científicas nas nenas e axuden a pechar a brecha de xénero en ciencia.


MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

10/2/19

Entrega de premios de poesía no Concello de Viveiro

O sábado, 9 de febreiro, no Concello de Viveiro, tivo lugar a entrega de premios de Poesía de NADAL, coas concelleiras de Cultura e Educación Isabel e Lara e o Teniente Alcalde Jesús Fdez.
O alumno do noso colexio, Diego Fernández Bermúdez de 4º de Primaria, foi premiado e por elo, dende a Bibliosoños, queremos felicitar á súa familia e tamén a el polo traballo e esforzo.  NORABOA!!!





9/2/19

Visita a ASPANANE

O xoves 7 de febreiro, o alumnado de cuarto curso visitaron as instalacións de ASPANANE e participaron nos talleres de cerámica, serigrafía e madeira. 
No obradoiro de cerámica fixeron  figuriñas, no de madeira un chaveiro e no de serigrafía unha bolsa de papel.
Foi unha visita moi agradable, os usuarios de ASPANANE e os seus monitores foron moi agarimosos e simpáticos con todos nós.
Queremos agradecerlles  toda atención prestada cara ao noso alumnado e o noso colexio, MOITAS GRACIAS!!!




7/2/19

O noso alumnado participa no "FUN POLO AIRE"

FUN POLO AIRE

http://www.crtvg.es/tvg/programas/fun-polo-aire
Na mañá do xoves, 7 de febreiro, alumnado  de Infantil, 1º e 2º curso de Primaria, do noso colexio participou na gravación dunha sección do porgrama da TVG Fun polo aire, que se emite polas tardes. 
Fixeron a gravación na Biblioteca do colexio coa reporteira Nuria Castro e o cámara Marcos Sarmiento. 
O programa seguramente xa se emitirá na tarde do venres 8 de febreiro e tamén estará colgado na páxina da CRTVG.

RADIO NA BIBLIO. PROGRAMA 0 "COMEZAMOS"

Presentamos o vídeo da realización do  PROGRAMA 0 de RADIO NA BIBLIO.
https://sites.google.com/view/ceip-celeiro-radio-na-biblio/p%C3%A1xina-principal?authuser=0Tamén podemos escoitar o audio.
Para máis información podedes visitar a Páxina da Radio na Biblio







CARTEL DAS BASES DO CONCURSO DE IDEAS PARA O NOME E LOGO DA NOSA RADIO
 

6/2/19

PÁXINA ESPECIAL PARA "RADIO NA BIBLIO"

https://sites.google.com/view/ceip-celeiro-radio-na-biblio/p%C3%A1xina-principal
Na páxina RADIO NA BIBLIO, que atoparedes na marxe esquerda do blog insertaremos todo o relacionado coa nosa Radio Escolar e outras seccións importantes da nosa biblioteca.
Estes días, o alumnado de 6º curso, están a gravar o PROGRAMA "0" que en breve subiremos tamén ao blog.
Cabe destacar deste programa que fan unha convocatoria de concurso de ideas para buscar un nome e un logo para a nosa RADIO.
As bases repartiranse polas aulas e tamén informarán o alumnado encargado desta sección. 
Dende aquí avanzamos que se establecen 3 categorías:
  • Infantil
  • 1º, 2º e 3º curso
  • 4º, 5º e 6º curso
O nome e o logo terá que estar relacionado coa biblioteca e coa radio escolar.

1/2/19

1 de febreiro, Día da Lectura en Voz Alta

1 de febreiro, Día da Lectura en Voz Alta

Na nosa biblioteca practicamos a LECTURA EN VOZ ALTA
O alumnado de 4º curso, na Hora de Ler e a través do proxecto de lectura dixital ELBE.2, están a ler o libro "Contos por palabras" de Agustín Fernández Paz.