Estamos a preparar as dúas celebracións inmediatas:
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO e o ENTROIDO
O venres, 22 de febreiro, como en anos anteriores, a partir das 12:00 horas, sairemos á Praza do Chao a celebrar o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro), faremos:
- Desfile con pancartas, seguindo a proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)
- Recitado de versos de Rosalía
- Cantaremos dúas cancións dos poemas:
PASA RÍO do libro Cantares Gallegos
VIUDA DOS VIVOS VIUDA DOS MORTOS do libro Follas Novas
Na páxina especial de ROSALÍA DE CASTRO atoparemos moita máis información.
O venres, 1 de marzo, celebraremos a nosa tradicional festa de Entroido.
- Desfile polas rúas do Chao (ás 11:30 horas) con disfraces relacionados co mundo dos bosques e montes: flora e fauna galega ou personaxes fantásticos (fadas, trasnos, santa compaña, ananos, bruxas...)
- A continuación chocolatada con larpeiradas antroideiras
- Bailes e cancións.
No blog do ENTROIDO podemos ver moita máis información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario