Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiros. Mostrar todas las entradas

27/5/22

Visita da escritora Érica Esmorís

 Na mañá do xoves, 26 de maio,  o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo a oportunidade de coñecer a Érika Esmorís, escritora primiada, ilustradora de grandes marcas, guionista e directora de casting de diversas pezas audiovisuais...

Durante o trimestre, o alumnado comezou a ler libros dela, concretamente "Patio de luces" en castelán e "Quen salva a un can" en galego.

Primeiramente, Érica realizou unha presentación interactiva sobre ambos libros, amosando en imaxes a orixe que tivo cada un deles. Tamén realizou xogos cos que amosou a creatividade coa que os escribiu, así como os valores que foi transmitindo. Posteriormente firmou cada exemplar.

VÍDEO DA ACTIVIDADE


 

23/3/22

Charla sobre o cine a cargo de Sandra Montes

O luns, o alumnado de 5º e 6º de EP recibiu a visita de Sandra Montes (directora de cine, axudante de dirección e directora de casting con gran traxectoria: “Mareas Vivas”, “Chapa e pintura”, “Padre Casares”, “Cuñados”, “Hierro”...). Actualmente atópase traballando para comezar a rodaxe dunha  nova serie para o canal Clan TV.

O actor Xosé Touriñán foi o encargado de iniciar a charla mediante vídeo, dirixíndose directamente ao noso alumnado.

Posteriormente, Sandra Montes abarcou temas relacionados co traballo audiovisual tanto diante como detrás de cámaras, así como dúbidas relacionadas co proceso de creación: escritura dun guion, visualización e entendemento dunha separata, estamentos de profesionais do audiovisual, traballo de maquillaxe, vestiario, atrezzo... creación do sangue e de feridas, realización de peleas e recreación dunha delas, traballo con armas, gravación de bicos, traballo con dobres ou especialistas...

Os nenos e nenas quedaron encantados coa súa visita

Graciñas Sandra por esta charla tan interesante

3/12/21

CHARLA INFORMATIVA SOBRE O ALZHEIMER

 

Na mañá do venres, 3 de decembro, persoal do Centro de Día Alzheimer Celeiro (a enfermeira, Rocío e o psicólogo sanitario, Carlos) impartiron unha charla informativa para o noso alumnado de 5º e 6º curso de Primaria.

Esta actividade forma parte do Programa Interxeracional entre o Centro de Día de Celeiro e o no colexio que se desenvolverá durante o presente curso.

As nenas e nenos responderon a cuestións previas que lles fixeron tanto Rocío como Carlos e despois da charla informativa poideron realizar preguntas sobre o tema, do cal están moi sensibilizados, pois a maioría tiveron ou teñen familiares afectados polo Alzheimer.




15/12/20

Encontro Literario con MARÍA ROLLE

 Na maña do martes 15 de decembro, o alumnado de 4º de Primaria, tivo un Encontro Literario con MARÍA ROLLE, autora do libro "Esta non é outra historia de piratas".
Foi unha sesión moi divertida: 
  • Visualizaron un vídeo de presentación.
  • Fixéronlle moitas preguntas sobre o libro.
  • As nenas e nenos entregaron a María un libro feito cos debuxos de cada capítulo do libro.
  • Fixeron un xogo especial sobre o coñecemento do libro: "PASAPIRATA".
  • Rematamos  este encontro cunha  asinatura de libros.


 

 

18/2/20

Encontro Literario con MARÍA ROLLE

Hoxe, o alumnado de 4º de Primaria, tivo un Encontro Literario con MARÍA ROLLE, autora do libro "Esta non é outra historia de piratas".
Foi unha sesión moi divertida: 
  •  As nenas e nenos entregaron a María un libro feito cos debuxos de cada capítulo do libro.
  • Visualizaron un vídeo de presentación do libro.
  • Fixeron unha "caza do tesouro".
  • Rematamos cunha  asinatura de libros.



DÁMOSLLE AS GRAZAS A MARÍA 
POR VISITARNOS E CONTARNOS MOITAS COUSAS SOBRE

"Esta non é outra historia de piratas"

25/10/19

Obradoiros de igualdade no colexio

O luns, 21 e martes 22, de outubro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participaron nos Obradoiros de Igualdade impartidos por Freddy Gonçalves e organizados pola ANPA do noso colexio.

Freddy Gonçalves explica o que traballaron:

 A partir de una dinámica que incluye la lectura de libros, ver vídeos musicales e incentivar un debate, las chicas y chicos participan en una entrevista para llevar a cabo pequeñas misiones secretas en nombre de la igualdad. Comenzamos con una conversación acerca de la identidad y la identidad cultural, que nos lleva a pensar en quiénes somos y en cómo ponernos en los zapatos del otro para conocernos un poco mejor entre compañeros. Esto dará pie para reflexionar sobre los estereotipos alrededor de las chicas y los chicos, ¿cómo nos ven los demás y cómo nos vemos a nosotros mismos? 
A partir de ese debate, las conclusiones a las que llegamos, damos por terminada la entrevista y procedemos a enfrentar diversas misiones. Estas misiones son actividades lúdicas y reflexivas alrededor de la tolerancia, la igualdad de género, el respeto y el poder de las palabras y los gestos en nuestra relación cotidiana con el otro. Esto los llevará a construir una identidad propia como colectivo, siendo iguales pero respetando sus diferencias.

23/10/19

150 aniversario do nacemento de Antonio Noriega Varela

Viveiro pechou o domingo, día 20 de outubro, os actos para conmemorar o 150 aniversario do nacemento de Antonio Noriega Varela. Fíxoo cun acto no Teatro Pastor Díaz no que a poesía, a historia e a música foron as protagonistas. Actuou o coro  Tempus  Fugit; dous familiares de Noriega Varela e Víctor  Rolle recitaron poesía e o cronista oficial de Viveiro, Carlos Novo, explicou quen foi o autor de  Do  Ermo e a súa vinculación coa cidade do Landro.
Os actos iniciáronse o sábado, cunha ofrenda floral e o descubrimento dunha placa conmemorativa (obra de Otero Regal) na casa na que viviu en Viveiro os seus últimos anos.
No colexio fixemos un mural coa súa vida e obra para recordar a este insigne escritor nado en Mondoñedo pero que viviu a súa última etapa da vida en Viveiro.
No colexio temos a dous tataranetos do gran POETA DA MONTAÑA: Aurora e Marcelo Rodríguez Fernández-Noriega.


24/5/19

María Canosa, unha visita moi especial











https://www.cga.es/
Durante a mañá do mércores, 23 de maio, a escritora María Canosa estivo no noso colexio gracias á xentileza do COMERCIAL GRUPO ANAYA.

Durante a súa visita tivo un encontro na Biblioteca do centro co alumnado de Infantil; a continuación, no Salón de Actos, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso escoitáronna con moita atención e puideron facerlle un montón de preguntas moi interesantes que ela respondeu moi atentamente.
Despois tiveron a oportunidade de que lles asinaran os seus libros.
Rematamos novamente na Bibliosoños onde Ana, Leire, Ánxela, Candela e Julia fixeron un programa de radio nunha entrevista que moi pronto poderemos escoitar.
Queremos agradecerlle ao Grupo Anaya e especialmente a María  a súa visita, as súas palabras e a súa amabilidade para con todos nós.


9/5/19

CHARO PITA E XOÁN CURIEL NO TEATRO PASTOR DÍAZ

O alumnado de 5º e 6º curso disfrutou dunha obra musicada no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A obra trataba de dous conferenciantes que relataban a vida de Antonio Fraguas en cancións.
Contaron historias populares como por exemplo a dun rei que se aburría e para divertirse convidou á xente do pobo a que contestaran tres preguntas: a primeira, cantos cazos de terra farán falla para igualar a montaña máis grande?; a segunda, canto pesaba a lúa?; e a terceira, cantas estrelas había no firmamento?.
Pasámolo moi ben e tamén compartimos o teatro con outros nenos e nenas dos colexios de Viveiro.

RESEÑA REALIZADA POLO ALUMNO 
ANXO FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

O ‘FalaRedes’, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fará parada en Viveiro o xoves, 9 de maio,  coa actividade ‘Canta, miña pedra, canta’ en colaboración co Concello de Viveiro.


3/5/19

Visita de Anxo Moure ao noso colexio

Na mañá do venres, e de maio, tivemos a visita especial de ANXO MOURE autor de libros como:
A xacia Luviñas, Caramulo e a carpinteira dos soños, A música das árbores, O paraugas dameaugas, Salgadiña, A estrela de Fisterra, O carballo con botas, Na casa das árbores.
 
O Consorcio Editorial Galego foi o encargado de organizar esta sesión para o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso de Primaria.

 




2/4/19

Presentación do libro "Esta non é outra historia de piratas"

Na tarde do luns, 1 de abril, na Sala da Biblioteca Municipal de Viveiro,  María Rolle Insua presentou o seu primeiro libro "Esta non é outra historia de piratas", ilustrado por Mari Carmen Pernas.

O acto foi presentado por Iván Díaz e nel tamén interviron Jaime Oroza e  Silvia que compuxo e interpretou a canción que leva o mesmo título do libro. Na presentación, despois de falar as protagonistas María e Mari Carmen, proxectouse un book trailer realizado pola ilustradora do libro.


«É unha sensación única cando che veñen os nenos dicindo 'comprei o teu libro'»


Neste día en que se celebra o día Internacional do libro Infantil e Xuvenil é unha noticia moi importante para as bibliotecas escolares pois entra un novo libro con moita frescura e entretido na súa lectura.
Na nosa biblioteca xa temos varios exemplares e o alumnado de 3º e 4º curso teranno como lectura obrigada para o 3º trimestre.
Seguro que faremos un traballo especial con canción incluída!!!




7/3/19

Unha clase moi interesante

Hoxe poidemos contar coa visita de Vicente Míguez Salgueiro (exprofresor do centro) e Carlos Nuevo Cal (profesor no CEP Lois Tobío e tamén Cronista Oficial de Viveiro), ámbolos dous pertencen ao Seminario de Estudos Terra de Viveiro e son coautores de varios libros entre eles "CONSERVEIRAS". 

Un libro moi especial na BIBLIOSOÑOS

O alumnado de 6º de Primaria, na área de Plástica coa profesora Rosa, está a traballar o diseño gráfico nos diferentes envases, por iso oportunamente, Vicente e Carlos, lles deron unha charla moi interesante: 
  • Unha pouca de historia sobre a importancia das conservas ao longo da historia. 
  •  A chegada das conserveiras a Galicia e concretamente sobre a industria conserveira en Celeiro. 
  • A historia sobre as latas de conservas, a súa decoración e simboloxía. 
  • Amosáronlles diferentes follas de lata cos diferentes diseños ao longo do tempo.
Todo o alumnado participou con gran interese na pequena charla informativa e seguro que tomaron boas ideas para logo realizar os seus propios traballos de deseño gráfico na área de Plástica. 

Dende o Centro queremos agradecer a Vicente e a Carlos a súa labor na charla informativa pois todo o alumnado disfrutou da "clase especial recibida".



20/11/18

LUZ POZO GARZA, filla adoptiva de Viveiro

 A Biblioteca do CEIP de Celeiro faise eco da noticia tan importante para o noso Concello:
Dona Luz Pozo Garza foi nomeada FILLA ADOPTIVA DE VIVEIRO o domingo 18 de novembro nunha sesión que tivo lugar no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

Luz Pozo  Garza naceu en 1922 en Ribadeo, Lugo e é alí onde vive ata 1929 cando se traslada a súa familia a Viveiro, Lugo.
SEGUIR LENDO

MÁIS INFORMACIÓN:

Viveiro volcouse no nomeamento de Luz Pozo (La Voz de Galicia)

«Viveiro, Viveiro, Viveiro...! Canto te botei de menos naqueles anos!» (La Voz de Galicia)

VÍDEO  DE

Publicado el 19 nov. 2018



23/10/18

Encontro literario co poeta XOÁN NEIRA

O mércores, 24 de outubro celebramos
O DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
FALARÁ PARA O ALUMNADO  DE 4º, 5º E 6º CURSO
O POETA XOÁN NEIRA LÓPEZ

 O POETA FALA EN PRIMEIRA PERSOA
Nacín en Lugo, na parroquia de Meilán, alí nas beiras do pai Miño pasei a miña infancia feliz.
Fun primeiro a unha escola unitaria, unha daquelas de pao e tente teso.
Alí paseino moi mal, pero aos dez anos ingresei no instituto masculino e a cousa mellorou moito, rematei os estudos de maxisterio na cidade amurallada. Era un estudante aplicado.

Despois emigrei ao Sur, a Sevilla concretamente, onde aprobei as oposicións e comecei a exercer de mestre. Estiven cinco anos e polo ano 82 cheguei a Viveiro, así que xa me considero un viveirés máis.
Cando eu era pequeno apenas había libros infantís había, iso sí, libros de texto, tochos grosos, grandes enciclopedias como a Álvarez, con moita letra pequena e poucas ilustracións. As miñas primeiras lecturas foron: A illa do tesouro de Stevenson, que o debín de ler unha ducia de veces, Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas e xa despois Os soños na gaiola de Manuel María.
As miñas lecturas necesarias chegarían máis adiante, lembro El rayo que no cesa de Miguel Hernández, proporcionado polo profesor Alonso Montero, coma un dos primeiros libros impactantes nos meus tempos xa mozos.
Escribía cousas para mín, para ter gardadas, pero non me decidía a publicar, a perder o pudor, tal vez o feito de gañar o certame Meigas e Trasgos de Sarria e o de que meu irmán, Manuel Xosé Neira, xa levaba tempo escribindo, animoume.
Fun polo tanto un escritor un pouco tardío, empecei a publicar perto dos 40 anos.
Escribo para adultos e para neno@s. Para adultos publiquei Memoria e Soño, Nas varandas do abrente, Ás catro augas e Linguaxes (en colaboración con Otero Regal) e para nen@s comecei con Recreos que musicou Manuel Rodríguez e despois viñeron Xiz de Cor, Farrapos de nube, No cubil da lúa, Un niño no xardín, Chafarís, Gaiola Aberta e polo medio tamén houbo un contiño escrito a dúas mans con Vicente Míguez Coñece Celeiro, porto punteiro” .
Recibín varios premios que tamén me animaron a continuar neste mundo da literatura e … aquí sigo feliz agora neste Viveiro alegre, aquí na miña casa do Paraíso coidando o xardín, ensinando aos nen@s e escribindo versos.

Eu animovos a que escribades, é algo marabilloso, así poderedes vivir cantas vidas queirades, as que a na nosa curta existencia non nos permite. Pero para escribir hai que ler moito.

27/9/18

Un libro moi especial na BIBLIOSOÑOS

O profesor do centro, Vícente Míguez Salgueiro, vén de facernos entrega dun volume do libro 
"Conserveiras 
de Celeiro, Vicedo, Bares e Barqueiro"

que escribiu xunto co tamén profesor do CEP Lois Tobío, historiador, presidente do Seminario de Estudos Terra de Viveiro e Cronista Oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal.
Invitamos a toda a Comunidade Educativa a participar da lectura de tan interesante libro.



5/4/18

Un novo libro na nosa Biblioteca


O exprofesor do noso colexio, Vicente Míguez Salgueiro, entregounos un exemplar do libro "Tarbernas, parroquias de Viveiro". O mesmo formará parte do fondo documental sobre o Concello de Viveiro.
Trátase do primeiro volume dunha serie que terá continuidade cunha segunda publicación.
Este libro aborda unha catalogación das tabernas e salóns de baile de once parroquias do Concello (San André de Boimente, Santiago de Celeiro, Santa María de Chavín, San Xoán de Covas, San Xiao de Faro, Santa María de Galdo, San Xiao de Landrove, Santa María de Magazos, San Pedro de Viveiro, San Estevo de Valcarría, San Cibrao de Vieiro). 

Queremos manifestarlle o noso agradecemento pola donación do libro e tamén felicitalo pola publicación do mesmo. Na nosa Biblioteca tamén contamos cos seus libros: "De azul olvido" e "A Lúa deitada en Porto Norte". 
MOITAS FELICIDADES, VICENTE

17/3/18

De conversa con Antía Yáñez

O misterio de Portomarín

Antía Yáñez Rodríguez

Aqueles irmáns pensaban que o verán ía ser igual de monótono e gris que sempre.
Mais por unha serie de casualidades van ter que investigar un misterio que todos coidaban esquecido… como a vila que descansa debaixo das augas do encoro.
Durante séculos aquela vila anegada tivo os seus (terribles) segredos ben gardados. Mais agora van saír á luz…

O venres, 16 de marzo, e por xentileza da Editorial Galaxia, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de conversar con Antía Yáñez, despois de ter lido o libro "O misterio de Portomarín", unha lectura que lles resultou apaixoante e moi entretida.
Antía fixo unha presentación do lugar onde acontece a historia e posteriormente as nenas e nenos tiveron a oportunidade de facerlle moitas preguntas sobre o libro e tamén sobre ela mesma.
Foi unha xornada moi gratificante para o noso alumnado que rematou coa firma dos exemplares que aportou a Bibliosoños.
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo:



21/6/17

Un novo libro de poesía infantil







Chafarís é o nome do novo libro de poesía infantil que publica, a través de Edicións Embora, o escritor viveirense Xoán Neira.

A presentación tivo lugar o pasado martes, 20 de xuño, no Salón de Usos Múltiples do concello de Viveiro. No acto participaron, ademais do autor, o presidente do Seminatio de Estudos Terra de Viveiro e Cronista Oficial, Carlos Nuevo o mestre e escritor, Vicente Míguez e Miguel Toval representando á editorial; ao finalizar o acto actuou o coro do colexio Lois Tobío dirixido por Manuel Rodríguez.
No audio podemos escoitar ao autor.

5/5/17

Charla informativa sobre riscos na internet e redes sociais

O alumnado de 5º curso de primaria tivo a oportunidade de contar coa visita do delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González, ofrecendo unha charla sobre os riscos asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais da internet, dentro do Plan Director.
O ciberacoso «é a ferramenta grupal máis poderosa para executar o acoso escolar e maniféstase con mensaxes insultantes, humillantes e crueis, con ameazas, suplantando a identidade doutros compañeiros para danar a súa reputación ou amizades, revelando secretos, informacións ou fotos comprometidas ou privadas, ou excluíndo intencionadamente a compañeiros de grupos «online».

28/4/17

"Aquel Celeiro", visita de Laureano Míguez a aula de 5º curso



O xoves, 27 de abril,  visitounos un antigo mariñeiro, Laureano Míguez, que nos contou como era a vida do Celeiro de antes, dos anos 30 ata a actualidade.
Non podíamos imaxinar que con nove anos xa comezaban a faenar no mar: eran os chamados nenos boteiros que axudaban aos mariñeiros cando chegaban coas embarcacións a terra, vixiando da lancha, levándolles auga abordo, lavando nos botes…
Daquela case non ían á escola debido a que tiñan que atender a estes traballos, ademais de axudar á familia nos labores do campo ou ir por leña ao monte.
Con apoio dunha serie de fotografías, Laureano foi contándonos os cambios na paisaxe mareira de Celeiro; era máis natural e preciosa antes. Tamén vimos como foron modernizándose as embarcacións, e falounos da época do chicharrón, que o salgaban en tinas como os porcos e logo comíanno todo o ano, incluso de almorzo.
Os alumnos e alumnas tiñan moi ben preparado o tema e fixéronlle a Laureano moitas preguntas interesantes.