23/3/22

Charla sobre o cine a cargo de Sandra Montes

O luns, o alumnado de 5º e 6º de EP recibiu a visita de Sandra Montes (directora de cine, axudante de dirección e directora de casting con gran traxectoria: “Mareas Vivas”, “Chapa e pintura”, “Padre Casares”, “Cuñados”, “Hierro”...). Actualmente atópase traballando para comezar a rodaxe dunha  nova serie para o canal Clan TV.

O actor Xosé Touriñán foi o encargado de iniciar a charla mediante vídeo, dirixíndose directamente ao noso alumnado.

Posteriormente, Sandra Montes abarcou temas relacionados co traballo audiovisual tanto diante como detrás de cámaras, así como dúbidas relacionadas co proceso de creación: escritura dun guion, visualización e entendemento dunha separata, estamentos de profesionais do audiovisual, traballo de maquillaxe, vestiario, atrezzo... creación do sangue e de feridas, realización de peleas e recreación dunha delas, traballo con armas, gravación de bicos, traballo con dobres ou especialistas...

Os nenos e nenas quedaron encantados coa súa visita

Graciñas Sandra por esta charla tan interesante

No hay comentarios: