30/4/22

ACTIVIDADE "MARES DE CULTURA"

 

Na mañá do venres, 29 de abril, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria puideron desfrutar dun magnífico día de praia acompañados dun gran guía.

A través de Mares de Cultura recibiron unha charla na biblioteca do colexio sobre a fauna e a flora dos nosos ecosistemas mariños.

Posteriormente foron andando ata a praia de Area para facer un percorrido intermarieal e observar en directo e cn gran experto as especies mariñas da nosa contorna.

O resultado da actividade foi moi satisfactorio, de seguro que repetiremos!



29/4/22

MAQUETAS DO RELEVO

 A continuación, amosámosvos un vídeo sobre un proxecto de xerografía que elaboraron os nenos e nenas de 4º Ed. Primaria. 
Este traballo consistiu en elaborar unhas maquetas cos diferentes elementos do relevo.
O resultado foi un estupendo traballo por parte de cada un deles/as. 
Noraboa rapaces e rapazas!



28/4/22

CATRO VELLOS MARIÑEIROS

Seguimos traballando no noso PDI . Nesta ocasión, os nenos e nenas  de 4º de Ed. Infantil aprenderon unha versión da canción de "Catro vellos mariñeiros", elaboraron un precioso mural e realizaron un libriño do noso pobo.     






26/4/22

DÍA DO LIBRO -RECREAMOS PORTADAS-

 Este ano para celebrar o día do libro, propuxémosvos reproducir dun "xeito caseiro", a portada dun libro ou conto que vos gustara, tentando repetir esa portada. 

Para iso, podíades facer varias cousas:

- caracterizarvos das persoaxes 

- facer un debuxo aplicando diferentes técnicas

- ou facer un bookface.

Despois, tiñades que sacar unha foto e envíala ao email da nosa biblioteca.

Pois ben, o resultado foi o seguinte:

Fostes moitos os que participástedes e fixéchedes moi bos traballos!

Gracias por participar, seguro que vos divertíchedes moito recreándoas.  Encantáronos todas as portadas! 

Os nenos e nenas de Infantil agasallaron cun libro, expurgado da nosa biblioteca, ás familias.
PREME NA IMAXE

 

25/4/22

VISITA CELEIRO

Seguimos traballando no noso PDI "Coñecemos Celeiro" e agora presentámosvos o traballo elaborado polos nenos e nenas de 2º E.Primaria. 

Trátase dunha divertida guía turística que nos ensina todos os puntos de interese e actividades que podemos facer no noso pobo.

Aquí tedes un vídeo resumo da mesma:



22/4/22

UN CONTO CHEO DE LOBOS.

Celebramos o Día do Libro, e que mellor maneira que presentándovos a curta "UN CONTO CHEO DE LOBOS", unha adaptación do conto do mesmo nome da editorial OQO, elaborada polos nenos/as e mestres de 5º e 6º de Ed. Infantil.

Este é o produto final do proxecto "Nos tamén creamos!" no que os mestres Cristina e Dani, xunto co seu alumnado, estivo traballando durante todo o segundo trimestre. 

Este programa do Plan Proxecta, trata de propocionar o uso e valoración da lingua galega, por medio da creatividade e da incorporación das novas tecnoloxías da comunicación e información, ás aulas.

Durante a elaboración desta curta, pasaron por un longo proceso: elixiron o conto, de entre os que lles facilitaron OQO editores, fixeron a súa adaptación propia, elaboraron o guión gráfico ou story board, deseñaron e fabricaron escenarios e personaxes, aprenderon a animar coa técnica stop motion, gravaron e puxeron voz á curtametraxe que presentaron tamén ao concurso : Nos tamén creamos!

Un fantástico traballo que, de seguro vos vai encantar!!




21/4/22

TOUPI CIENCIA - A XANELA DO MAXÍN

 Hoxe tivemos a visita no noso centro da Toupiña e o seu axudante Protonio, que nos amosaron uns divertidos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e amosándonos a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar.

Espectáculo titulado TOUPICIENCIA, no que os nosos nenos e nenas pasaron un rato moi entretido e quen sabe... se algún deles/as.....hoxe, espertou o súa vocación científica!



6/4/22

Traballos do proxecto "Coñecemos Celeiro"

Este Proxecto Documental Integrado foi proposto para ser traballado no presente curso  co obxectivo principal de que todo o alumnado coñeza a localidade onde está situado o seu colexio pois moitos proceden doutras parroquias do Concello de Viveiro.

Hoxe en día é máis doado saber o que acontece noutros lugares do mundo que no noso pobo, pois a televisión, internet… ofrécennos moita información e así o noso cada vez se perde máis. Por iso, dende o CEIP de CELEIRO, queremos poñer en valor a localidade de Celeiro: unha vila que vive do mar, dos seus produtos e que ten a súa propia historia.

Hoxe presentamos dous traballos:

  • Catro vellos mariñeiros do alumnado de 1º curso de Primaria 
  • Presentación dos lugares máis emblemáticos de Celeiro a cargo do alumnado de 4º de Primaria.

Podemos ver todos os traballos realizados ata o momento na seguinte páxina 

(PREMER NA IMAXE)


 

 


2/4/22

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2022

 Día Internacional do Libro Infantil 2022

 Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
A sección patrocinadora deste ano é Canadá que difunde a mensaxe de Richard Van Camp e o cartel de Julie Flett
 
 FELIZ DÍA DO LIBRO INFANTIL
 
Para celebrar esta data tan importante, o alumnado de 4º de Primaria, xunto coa súa mestra Xulia e a mestre de música Marta, prepararon tres contos clásicos e que presentamos a través de vídeos para que todos os nenos e nenas os poidades disfrutar.
  • "Os fabóns máxicos", de Hans Christian Andersen. Canción: Xanciño e os fabóns de Xosé Lueiro.
  • "O bosque encantado", conto popular. Canción: O xigante Seisdedos de Xosé Lueiro
  • "O frautista de Hamelin", dos Irmáns Grimm. Canción: Piribí, Piribó de Xose Lueiro.  
NESTA PÁXINA podedes atopar máis información sobre esta data e os nosos traballos no colexio.

Na seguinte presentación podemos ver o proxecto CONTOS E CANTOS
PREME NA IMAXE


1/4/22

Visita do Mago Kiko Carrolo

 Hoxe os nenos e nenas do noso colexio tiveron a oportunidade de ver un espectáculo de maxia a cargo do Mago Kiko Carrolo. 

Esta actividade, tan divertida e que tanto disfrutou o noso alumnado, foi promovida pola ANPA do noso colexio.