Este Proxecto Documental Integrado foi proposto para ser traballado no presente curso co obxectivo principal de que todo o alumnado coñeza a localidade onde está situado o seu colexio pois moitos proceden doutras parroquias do Concello de Viveiro.
Hoxe en día é máis doado saber o que acontece noutros lugares do mundo que no noso pobo, pois a televisión, internet… ofrécennos moita información e así o noso cada vez se perde máis. Por iso, dende o CEIP de CELEIRO, queremos poñer en valor a localidade de Celeiro: unha vila que vive do mar, dos seus produtos e que ten a súa propia historia.
Hoxe presentamos dous traballos:
- Catro vellos mariñeiros do alumnado de 1º curso de Primaria
- Presentación dos lugares máis emblemáticos de Celeiro a cargo do alumnado de 4º de Primaria.
Podemos ver todos os traballos realizados ata o momento na seguinte páxina
(PREMER NA IMAXE)
No hay comentarios:
Publicar un comentario