24/2/21

En homenaxe a Rosalía de Castro

Hoxe é o Día de Rosalía de Castro, un día moi especial nos colexios de toda Galicia, por iso deixamos nesta entrada do blog unha presentación que recolle todos os traballos que realizamos durante a semana para recordar a Rosalía e que foron propostos a través dos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega.

PREME AQUI PARA PODER ACCEDER A ELES





Programa de Radio na Biblio: Especial Rosalía de Castro

 PÁXINA DA RUFOSOÑOS

A Radio da Biblioteca do CEIP de Celeiro

Con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado de 6º curso preparou un programa especial dedicado á nosa gran escritora galega.

No programa participa o grupo formado por Nicolás F., Bruno, Helena, Alison e Lía. 

Traballaron os seguintes contidos:

  • Breve semblanza da súa vida e obra.
  • Os poemas que musicamos e cantamos no colexio
  • Os diferentes traballos que se realizaron nas aulas durante esta semana: murais, vídeo-libros, marcapáxinas, caligramas con distintos poemas da autora e tamén inventaron acrósticos no nome de Rosalía...


 

18/2/21

Preparando a Rosalía de Castro

24 de febreiro, Día de Rosalía,

 nas Bibliotecas Escolares de Galicia

Na Bibliosoños temos unha páxina especial dedicada a ela 

onde atopamos moita información e 

tamén recollemos todos os traballos que realizamos por cursos:

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR

Tamén cantamos moitos dos seus poemas:

13/2/21

DÍA MUNDIAL DA RADIO


PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA DA  RUFOSOÑOS 

PARA VER E ESCOITAR O PROGRAMA DE 

RADIO NA BIBLIO DEDICADO AO 

"DÍA MUNDIAL DA RADIO"


12/2/21

ENTROIDO 2021

Este ano non quixemos deixar de "celebrar" a tradicional FESTA DO ENTROIDO, por iso e como mellor puidemos, seguindo as normas de seguridade COVID, non nos faltaron as ganas para seguir os mandatos da MECA e disfrazarnos o venres antes das vacacións do Entroido.

NO BLOG DO ENTROIDO TEMOS MÁIS INFORMACIÓN

VÍDEO COAS FOTOS DO ENTROIDO 2021 NO COLEXIO



11/2/21

11 de febreiro: Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 COMPARTIMOS O ARTIGO DO BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas... SEGUIR LENDO

Tamén vos convidamos a entrar na seguinte páxina  #NoMoreMatildas e visualizar o seguinte vídeo:



7/2/21

MANDATOS DO MECO

E aquí tedes un vídeo resumo dos mandatos do meco.... e xa sabedes que....
O MECO MANDA
O MECO ORDENA
E SE NON OS CUMPRES
PAGARÁS UNHA CONDENA

Así que toca divertirse! Boa semana




 

5/2/21

MANDATOS DO MECO PARA O ENTROIDO 2021

 

Na entrada do cole xa temos preparada a MECA deste ano que nos irá "mandando" o que temos que traer na semana do Entroido.

E ollo ao máis importante!!!: temos que seguir cumprindo as normas sanitarias porque a COVID-19 segue aí...



PREPARANDO O ENTROIDO

     Os días 15, 16 e 17 de febreiro son as datas do  NON Entroido deste ano.

No colexio sempre celebramos estas festas tan populares e pronto vos informaremos dos mandatos do MECO.

Para ir buscando información sobre estas festas fixemos a seguinte presentación:

PREME NA IMAXE 


 TAMÉN PODEDES OLLAR O BLOG DO ENTROIDO


4/2/21

MAIS ACTIVIDADES NA SEMANA PARA A PAZ

   A semana pasada non poidemos gravar esta fermosa canción Irmaus do poema de Celso Emilio Ferreiro, interpretada polos nosos nenos e nenas  de 6º de Ed. Infantil coa axuda do seu mestre Mario, pero si o fixemos hoxe aproveitando esta fermosa mañá na que nos acompañou o sol.



1/2/21