25/6/21

GAÑADORES NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ORGANIZADO POLO PUERTO DE CELEIRO

 Helena Goás, de 6º de primaria, e Daniel García, de 5º de primaria, son os gañadores do concurso de fotografía. Unha cita que versou, este ano, sobre a restauración de ecosistemas, temática protagonista do día do Medio Ambiente neste 2021. Un concurso organizado, como cada ano, polo Puerto de Celeiro.

O xurado estivo conformado por Ana Feáns, Eduardo Míguez e Jesús Lourido do Puerto de Celeiro, Rita Lamas, Marta Pérez e Bibiana Santos do CEIP Celeiro e Carolina Docampo, Natalia García, Sonia Martínez da ANPA do centro.

O prazo de inscrición abriuse o 5 de xuño e pechouse o venres 18, Día da Gastronomía  Sostible. Durante este tempo foron 44 os escolares que presentaron os seus traballos, de eles 18 alumnas e alumnos, de 5º e 6º de primaria, foron os que entraron no concurso de maneira oficial. O premio ao mellor traballo recaeu en Helena Goás, de 6º de primaria, o segundo premio foi para David Paleo e o terceiro para Nerea Pigueiras. Na categoría de mellor formato o primeiro premio é para Daniel García, de 5º de primaria, o segundo para Andrés Adam e o terceiro para Sara Asmerón.  As rapazas e rapaces gañadores recibirán libros sobre temática ambiental e mariña. O centro será premiado ademais cunha pantalla interactiva valorada en preto de 2000 euros. 

Neste concurso participaron 44 nenas e nenos de 3º,4º, 5º e 6º de primaria, pese a que na sección oficial formaron parte 18 escolares de 5º e 6º. Un concurso onde puideron deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha fotografía vencellada coa temática deste ano do Día Mundial do Medio Ambiente, a reconstrución de ecosistemas. Asemade, todo o alumnado que participou presentou esta fotografía nun marco realizado con materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedou patente a vea artística destas pequenas e pequenos.

O acto de entrega dos premios tivo lugar o venres 25 de xuño, Día da xente do mar, ás 12:30 no salón de actos do Puerto de Celeiro.

 

Esta iniciativa é froito do acordo de colaboración entre o CEIP de Celeiro e PUERTO de CELEIRO S.A OPP-77, para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca e está financiada polos fondos FEMP a través do PPeC 2021 da OPP77.

24/6/21

Moita sorte para o alumnado que rematou 6º de Primaria!

Co remate deste curso o alumnado de 6º de Primaria 

tamén remata a súa escolaridade no colexio de Celeiro.

As experiencias vividas nestes  anos  son innumerables, e estamos seguros que o chegar hoxe aquí para moitos  non foi fácil, estes anos requiriron de moito esforzo e dedicación e hoxe non é máis que o resultado de todo o seu empeño.

Tocoulles vivir nunha época difícil en todos os sentidos, pero amosaron ser fortes e con ganas de superación.

Deron un paso esencial no seu camiño da educación pero aínda teñen moitos que dar e por iso lles pedimos que sigan esforzándose para chegar a lograr todo o que desexen.

A vosa titora, Eva e todos os demais profesores, 

deséxanvos moitos éxitos na vosa vindeira etapa!




22/6/21

Rematamos o curso 20-21!!!

Hoxe, último día do curso, celebramos o comezo das vacacións de verán cun divertido circuíto de xogos no que participou todo o alumnado do colexio.

As nenas e nenos de sexto curso, como veteranos que son,  foron os encargados de dirixir as diferentes actividades: xogos de persecucións, de equilibrio, de coordinación... poñendo sempre por diante a colaboración e a diversión.

Pasáronno estupendamente! e despois, para repoñer forzas, unha boa merenda saudable: brochetas de froitas variadas, estaban requísimas!


 


21/6/21

Graduación do alumnado de 6º de Infantil

 Hoxe foi un día moi emotivo para as nenas e nenos da aula de 6º de Infantil e a súa titora Inés. 

Despedíronse da etapa de Infantil e para o vindeiro curso comezarán Primaria. 

  • Iniciaron a mañá visualizando un vídeo que recolle os momentos de toda a etapa, desde que comezaron en setembro de 2018 ata xuño deste ano 2021.
  • A titora, Inés, entregoulles un diploma e unha orla ben bonita.
  • E por suposto, non faltou unha gran merendola!

VÍDEO DA PROMOCIÓN


Boas vacacións para todos, descansade, gozade e volvemos a vernos en PRIMARIA!


18/6/21

TRABALLO DA AULA DE 1º de PRIMARIA

 O alumnado de 1º de Primaria, xunto coa súa titora Angélica Novo, realizaron un proxecto sobre:

O ESPAZO

Unha vez rematado fixeron un vídeo de presentación que podemos ver premendo na imaxe


 

17/6/21

Cartas que van e veñen!

 Outro bonito proxecto do alumnado de 2º curso

Nesta oacasión están enviando correspondencia aos usuarios do Centro de Día de Alzheimer de Celeiro. 

Hoxe enviaron unhas postais nas que se presentaron e cada neno/nena ten asignado un señor ou señora que lles contestarán con outra carta.

Están moi ilusionados! aprenderon que é o servizo de correos e a maxia da correspondencia escrita.

Os usuarios e usuarias responderon con agasallos e un vídeo de agradecemento:

Estes son os agasallos que recibiron as nenas e nenos de 2º de Primaria



16/6/21

Concerto de A GRAMOLA GOMINOLA

 Estamos chegando ao final do curso 20-21 e facémolo con actividades diferentes, nesta ocasión a ANPA do colexio organizou un concerto do grupo de rock GRAMOLA GOMINOLA:

A Gramola Gominola é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos). O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man!
Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Teñen tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia.

 AGRADECEMOS Á ANPA DO COLEXIO A ORGANIZACIÓN DESTE CONCERTO



15/6/21

Excursión do alumnado de 5º de Infantil

 O alumnado de 5º de Infantil pasaron un día estupendo na praia de Area!!!. 

Foi unha xornada de despedida do curso


11/6/21

Saída "CAMIÑO DO MAR"

 Na mañá do xoves, 10 de xuño o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso de Primaria realizaron unha saída polo núcleo urbano de Celeiro para ter un maior coñecemento do noso entorno.

Foi unha visita guiada a través do proxecto "Camiño do Mar" do Concello de Viveiro.

 



10/6/21

PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO: Medio Ambiente

Na mañá do xoves 10 de xuño, o equipo formado por: Arón, Aurora, Coral, Lucas e Diego, realizaron o programa nº 9 dedicado ao MEDIO AMBIENTE.

Primeiramente buscaron a información sobre o tema do medioambiente, dos acéanos e tamén lle fixeron unha pequena entrevista á coordinadora do Programa Voz Natura, Cristina Freán.

Como música recordamos a canción "Voz Natura" e que foi gravada polo coro do colexio en maio de 2017 e coa que fixemos un vídeo especial no que participou todo o colexio. VER AQUÍ

Ao finalizar o programa o alumnado de 6º curso despídese pois xa marchan para o Instituto e danlles moito ánimo aos compañeiros e compañeiras que os sucederán nesta labor.


9/6/21

XORNADA MEDIOAMBIENTAL NO COLEXIO

Durante toda a mañá do martes 8 de xuño, todo o alumnado do colexio e o profesorado participamos dunha xornada especial para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) e o Día Mundial dos Océanos (8 de xuño). Divididos en grupos fumos pasando por diferentes actividades:

  • Nas aulas de infantil fixeron manualidades e nas de primaria un Trivial sobre o mar.
  • No ximnasio  tivemos unhas charlas informativas e visuais sobre os animais dos mares e acéanos
  • No patio houbo actividades deportivas de relevos moi divertidas.

Tod@s levamos un premio, unha botella reutilizable para levar auga e non ter que usar tanto plástico; tamén entregáronnos unha pequena planta para cada aula e que teremos que coidar.

Estas actividades  foron organizadas a través de Puerto de Celeiro en colaboración co colexio:

Queda por realizar o concurso de fotografía e a entrega dos premios. Neste enlace temos as bases.

 
Agradecemos a Puerto de Celeiro todas as atencións para con nós. 
Foron unhas actividades de moito proveito para o noso alumnado e pasárono moi ben!
MOITAS GRAZAS.

No seguinte vídeo podemos ver un resumo da actividade:

 PREME NA IMAXE


 



 

8/6/21

Xornada de lecer do alumnado de 6º de Primaria

Bos días: xente cativa e non tan cativa!

O día 7 de xuño de 2021, o alumnado de sexto curso dirixíuse cara a Galdo e San Roque (Viveiro) para emprender unha aventura moi especial: disfrutaron dun día de paintball e adentráronse en "RoqSort", tirándose por unhas grandes e non tan grandes tirolinas, entre outros obstáculos. Pasárono moi ben!

HELENA GOÁS REGO de 6º de Primaria.


Xornada de lecer, a modo de despedida do curso tan difícil que tivemos. O alumnado de 6º curso acompañado das profesoras Eva e Rita, pasaron unha xornada no campo de Paintball de Galdo e no Parque de Aventuras de San Roque, da empresa RockSport de Viveiro


7/6/21

RETO LECTOR

 A mestra de 2º de Primaria, Alba Rodríguez, propuxo o todo o alumnado un RETO LECTOR.


Participaron todas as nenas e nenos do curso e xa conseguiron rematar este reto a alumna, Paula Gil e o alumno Iago Gil-Carcedo. Noraboa aos dous!!!

 



5/6/21

PARA TRABALLAR O MEDIO AMBIENTE E O DÍA DOS OCÉANOS

 

Día Mundial do Medio Ambiente 05-06-2021 
Máis aló das xornadas dedicadas a temas ambientais concretos, o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, engloba a todas as efemérides ecolóxicas co obxectivo global de fomentar a sensibilización e promover a acción para a protección do planeta. 
Trátase, por iso, do evento ambiental máis importante que Nacións Unidas leva desenvolvendo desde 1972 en máis de 100 países ao redor do mundo. Elixiuse esa data porque coincide coa apertura da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente Humano celebrada en Estocolmo (Suecia) en 1972, a mesma que levou ao establecemento do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA). 
 
Día Mundial dos Océanos 08-06-2021
A celebración desta efeméride ambiental ten unha xustificación máis que evidente, xa que o 71% da superficie do planeta está formada polos mares e océanos. Ata fai relativamente poucos anos, concibíase aos océanos como unha fonte inesgotable de recursos para os animais que os habitan e os seres humanos. Agora, a comunidade internacional parece haberse concienciado da fraxilidade destes hábitats que se enfrontan a serias ameazas como a sobreexplotación, a contaminación ou a desaparición dos arrecifes de coral, entre outros.
 
 NO COLEXIO IMOS REALIZAR VARIAS ACTIVIDADES EN COLABORACIÓN CON
PUERTO DE CELEIRO

CONCURSO ESCOLAR

 RESTAURACIÓN DE ECOSISTEMAS NO MUNDO MARIÑO Edición 2021

E

DÍA 8 DE XUÑO UNHA XORNADA DE ACTIVIDADES 

 

 NA SEGUINTE PRESENTACIÓN ATOPAREDES 
AS BASES PARA O CONCURSO E 
O PROGRAMA DA XORNADA DO DÍA 8 DE XUÑO

29/5/21

CARTEL e proxectos DA MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA 2021

 PREME NA IMAXE PARA VER OS PROXECTOS


O noso centro participa na MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA desde o curso 2011-2012. 
Este  curso non levamos a cabo a Exposición conxunta que realizabamos en colaboración coas familias, concello e asociacións, dadas as circunstancias da pandemia (COVID-19).
Non obstante realizamos intercambios intercentros de xeito online e seguimos visualizando no blog da MICRORREDE os proxectos dos diferentes centros tendo como obxectivos o fomento da lectura, adquisición das competencias na información e no sentido crítico do alumnado.
Así podemos ver, na anterior presentación, os proxectos baixo o título "XEOGRAFÍAS..." como exemplo de traballos nos diferentes centros.

21/5/21

PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO: Xela Arias Castaño

Na mañá do venres, 21 de maio, gravamos o Programa nº 8 deste curso de Radio na Biblio baixo o título "Xela Arias". Foi realizado por Andrés, Sara, Yeray, Ángel e Patrik.

Trátase dun monográfico dedicado á homenaxeada nas Letras Galegas 2021: Xela Arias


 

12/5/21

PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO "Maio, mes das Letras Galegas"

Na mañá do mércores, 12 de maio, gravamos o Programa nº 7 deste curso de Radio na Biblio baixo o título "Maio, mes das Letras Galegas". Foi realizado por Kevin, Ana, Nely, Nicolás E. e Noa.

O programa informa sobre o a celebración das Letras Galegas, quen instaurou a mesma e o por que se celebran o día 17 de maio.

Ademais podemos escoitar anacos das cancións que traballamos durante este mes.


11/5/21

AS NOSAS ACTIVIDADES POLAS LETRAS GALEGAS 2021

 Na páxina especial dedicada a Xela Arias temos todas as actividades que realizamos para estas Letras Galegas 2021.

PREME NA IMAXE



10/5/21

Máis contos e cantos no mes das Letras Galegas

 Seguimos traballando no Proxecto CONTOS E CANTOS:


Para as Letras Galegas o alumnado de 1º e 2º curso prepararon os  contos populares:

  • "Carapuchiña Vermella" e "O lobo e os tres porquiños". Presentados a través de debuxos e contados en pareados moi creativos. Tamén aprenderon a correspondente canción e agora podemos ver o resultado nos seguinte vídeos



 

7/5/21

REUNIÓN DA MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA

 

Na tarde do xoves, 6 de maio, coordinadoras e coordinadores das bibliotecas que formamos a MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, tivemos un encontro a modo de reunión de traballo onde falamos dos seguintes temas:

  • En primeiro lugar fixemos unha valoración da difícil situación que estamos a pasar no presente curso pola COVID-19, pero onde vemos que as bibliotecas están a superar con moito esforzo e ilusión.
  • Xa tiñamos acordado non facer a exposición conxunta e as actividades dinamizadoras entorno á mesma pero si se realizaron varios  encontros online entre centros para compartir experiencias.
  • Para rematar o curso acordamos que cada centro educativo faría unha presentación dos seus traballos, ben como proxectos de centro ou noutros casos actividades puntuais.
  • Acordamos elaborar un "cartel simbólico" como elemento dinamizador a través do alumnado do IES Perdouro.
  • Os traballos que presentemos como centros irémolos subindo a este blog para que podan ser compartidos cos demais centros da MICRORREDE, baixo o título da proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares, XEOGRAFÍAS... pois vennos moi ben xa que cada centro ubícase nun sitio distinto da Mariña, coas súas características ben diferenciadas e cada un cunha proposta distinta.

 Non queremos que esta pandemia nos achante e seguiremos coa ilusión de sempre traballando porque a MICRORREDE debe continuar (The show must go on!) en prol da lectura e das actividades dinamizadoras.

3/5/21

Entramos no mes das Letras Galegas e dos Maios

Durante  o mes de maio, como actividades complementarias, traballaremos os Maios e as Letras Galegas que este ano están dedicadas á XELA ARIAS.

 

Nas seguintes páxinas atopamos moita información:

PREME NAS IMAXES
 



30/4/21

Sesión de teatro online para alumnado de Infantil

O mércores, 26 de abril, o alumnado de Infantil tivo a oportunidade de participar na proxección online da obra teatral "As fabas máxicas" de CARAMUXO TEATRO,  a través das actividades escolares Afundación.

Un espectáculo contado en primeira persoa a través do teatro de actor e de monicreques.

Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios mais altos de Nova York. Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.

Unha proposta de lecer en familia para nenos a partir de 4 anos cunha coidada estética na que o humor, a emoción, e a poesía mistúranse para dar unha visión contemporánea do coñecido conto infantil.


29/4/21

PROGRAMA DE RADIO Nº 6: "Abril, mes dos libros"

Para rematar o mes de abril, no que as actividades sobre os libros tiveron moita relevancia, publicamos o programa de RADIO NA BIBLIO realizado por: Bruno, Nicolás F., Lía, Helena e Alison, titulado "Abril, mes dos libros".



23/4/21

23 de abril, DÍA DO LIBRO

No día de hoxe o alumnado de 5º de Ed. Primaria, repartiru polas diferentes clases, tiras de citas para animar a ler, así cada nen@, ó sair da súa aula, podía coller unha tira e quedarse con ela. 

Por outra parte,  con motivo deste día, a Deputación de Lugo a través da Concellería de Cultura do Concello de Viveiro, entregounos o exemplar titulado "Cen historias máxicas pola Mariña Encantada", de Antón Reigosa.

A obra recrea historias sobre quince concellos da Mariña e complétase con 60 ilustracións de Neira Brochs. 

Como di o autor: "Este libro pretende ser a aeronave imaxinaria que permita dar cumprimento ó soño de sobrevoar a Mariña".


 

21/4/21

DÍA DO LIBRO, as nosas actividades

Este venres celebramos o Día do Libro, e por iso esta semana estivo dedicada a levar a cabo moitas actividades para conmemorar esta data tan especial e recordarnos todos os beneficios que nos aporta a lectura. 
A continuación, no seguinte Genially (preme na imaxe), amosamos un resumen destas actividades realizadas por todos os cursos.

VÍDEO RESUMEN DAS ACTIVIDADES
 

15/4/21

APRENDENDO XEOGRAFÍA

Os nenos e nenas de 4º de Ed. Primaria levaron a cabo un proxecto de xeografía. Dito proxecto consistiu en deseñar unhas maquetas para representar os distintos elementos do relevo, empregando diferentes técnicas e materiais.

No seguinte vídeo, podedes ver estas maquetas tan chulas.

 



26/3/21

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

 
O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril, coincidindo co  natalicio do escritor danés  Hans  Christian Andersen. O obxectivo, é espertar o interese e amor polos libros e a lectura dos nenos e novos e facer diso, un hábito de vida. 

Hans  Christian Andersen, foi o creador dalgúns dos contos clásicos infantís máis lidos en todo o mundo como o  Patito Feo,  Pulgarcita, o Soldado de Chumbo ou a  Sirenita e que tamén foron levados ao teatro e á gran pantalla. 

Para conmemorar esta data realizamos dous vídeos que recollen dous contos:

"Alicia no país das marabillas"de Lewis Carroll (Alumnado de 4º de Primaria)

 "Os músicos de Bremen"dos Irmáns Grimm (Alumnado de 3º de Primaria)


Estes traballos forman parte do proxecto "CONTOS E CANTOS" que levamos a cabo dentro da dinamización da Biblioteca Escolar e da Lingua Galega coa colaboración especial das titoras Xulia e Rosa e a profesora de Música.


22/3/21

RADIO NA BIBLIO: Poesía, árbore e auga

Programa de RADIO NA BIBLIO realizado por: Patrik (técnico de son), Andrés, Angel, Yeray e Sara.

Trataremos os seguintes contidos: 

• Andrés contaranos as últimas noticias sobre Marte 

• Angel o Día da árbore 

• Yeray o Día da auga 

• Sara do Día da Poesía e de como o celebramos no colexio 

    • Escoitaremos as seguintes cancións: 

  •      A margarida branca, cantada polo alumnado de 6º de Infantil 
  •      Verdes, verdes, cantada polo alumnado de de 2º de Primaria 
  •      Árbores da fraga, cantada polo alumnado de primaria. 

 


19/3/21

TRABALLOS SOBRE AS ÁRBORES E A POESÍA

O 21 de marzo ten doble celebración: Día das Árbores e Día da Poesía, por iso no colexio sempre relacionamos ámbalas dúas temáticas.

Durante a semana todos os cursos traballaron a poesía relacionada coa chegada da primavera, as árbores, plantas e natureza en xeral.

A continuación presentamos o Mural Colectivo realizado con poemas ilustrados:

O alumnado de 5º de Infantil traballou o poema "O cuco" de Manuel María e representáronno con figuriñas de plastilina. O produto final é o seguinte vídeo:

Deixamos tamén un enlace a unha recompilación sobre a temática da naturela na obra de Manuel María:

Este ano, ao igual que o curso pasado por mor da pandemia, non faremos  celebración conxunta por iso fixemos unha lista de reprodución no noso canal de youtube en relación coas árbores, auga e  poesía para recordar as anteriores celebracións.




16/3/21

Preparando as seguintes celebracións

 Os días 21 e 22 de marzo son unhas datas que no noso colexio temos sempre presente:

 

No colexio temos un blog especial dedicado á POESÍA:

BLOG  DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Tamén temos unha páxina que recolle todo o que realizamos en torno ao día da árbore e da auga

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Durante esta semana estamos levando a cabo actividades complementarias relacionadas con estas datas e que unha vez finalizadas publicaremos no blog.




EXPOSICIÓN DE LIBROS E TRABALLOS



12/3/21

Entrada no blog de Escolas... nas Ondas!

 PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NO BLOG 

E VER O  POST DO DÍA DA RADIO 2021 DO NOSO COLEXIO


9/3/21

MÁIS TRABALLOS PARA O DÍA DA MULLER

 


 

 

 

TRABALLOS DE INFANTIL



 

 

TRABALLOS DE PRIMARIA

4º, 5º e 6º


O alumnado de 6º de Primaria realizou un xogo de procura de  información sobre varias Mulleres Trans que traballaron a prol da IGUALDADE.

4/3/21

TRABALLOS REALIZADOS PARA O DÍA DA MULLER

 Durante esta semana estivemos traballando sobre a temática da Igualdade entre homes e mulleres tendo en conta a celebración do Día da Muller o 8 de marzo:
  •  Ampliación da páxina de recursos: 
  • Exposición de traballos e selección de lecturas:
  • Vídeo colectivo en homenaxe ás MATRIARCAS

1/3/21

Imos traballar o Día da Muller

 Saímos de Rosalía e agora toca traballar o DÍA DA MULLER antes DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

PREME NA IMAXE 

PARA ENTRAR NA PÁXINA DEDICADA A ESTA TEMÁTICA

 

Este curso imos traballar a canción MATRIARCAS de Guadi Galego.

 No seguinte vídeo temos a letra e música:



24/2/21

En homenaxe a Rosalía de Castro

Hoxe é o Día de Rosalía de Castro, un día moi especial nos colexios de toda Galicia, por iso deixamos nesta entrada do blog unha presentación que recolle todos os traballos que realizamos durante a semana para recordar a Rosalía e que foron propostos a través dos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega.

PREME AQUI PARA PODER ACCEDER A ELES





Programa de Radio na Biblio: Especial Rosalía de Castro

 PÁXINA DA RUFOSOÑOS

A Radio da Biblioteca do CEIP de Celeiro

Con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado de 6º curso preparou un programa especial dedicado á nosa gran escritora galega.

No programa participa o grupo formado por Nicolás F., Bruno, Helena, Alison e Lía. 

Traballaron os seguintes contidos:

  • Breve semblanza da súa vida e obra.
  • Os poemas que musicamos e cantamos no colexio
  • Os diferentes traballos que se realizaron nas aulas durante esta semana: murais, vídeo-libros, marcapáxinas, caligramas con distintos poemas da autora e tamén inventaron acrósticos no nome de Rosalía...


 

18/2/21

Preparando a Rosalía de Castro

24 de febreiro, Día de Rosalía,

 nas Bibliotecas Escolares de Galicia

Na Bibliosoños temos unha páxina especial dedicada a ela 

onde atopamos moita información e 

tamén recollemos todos os traballos que realizamos por cursos:

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR

Tamén cantamos moitos dos seus poemas:

13/2/21

DÍA MUNDIAL DA RADIO


PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA DA  RUFOSOÑOS 

PARA VER E ESCOITAR O PROGRAMA DE 

RADIO NA BIBLIO DEDICADO AO 

"DÍA MUNDIAL DA RADIO"