9/6/22

VISITA AO HELIPORTO DE CELEIRO

    

Todo o alumnado de Educación Primaria tivo a oportunidade de visitar as instalacións do Heliporto de Celeiro.

O Heliporto Costa Norte é un heliporto situado na localidade de Celeiro, no Concello de Viveiro, nas inmediacións do Porto de Celeiro. Este heliporto foi construído a finais dos anos 80, e unha década despois modernizado e ampliado a unha superficie de 4.000 metros cadrados. Este heliporto é a base do helicóptero "Pesca 2", un dos helicópteros do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Xunta de Galicia. 
Na visita, dous pilotos e dous rescatadores, explicáronlles como era o seu traballo. Observaron os diferentes aparellos que utilizan para levar a cabo un rescate e tamén desfrutaron da experiencia de meterse dentro dun helicóptero.
 
Esta visita está enmarcada dentro do proxecto "Coñecemos Celeiro".
 
MOITAS GRAZAS  A TODO O PERSOAL DA BASE POR COMPARTIR ESTA EXPERIENCIA CO ALUMNADO DE CELEIRO!
 
 PREMER NAS IMAXES PARA VER OS VÍDEOS DA ACTIVIDADE
 




 

No hay comentarios: