28/9/20

Presentación da Nova Biblioteca

 O pasado curso fixemos o cambio de localización da Biblioteca Escolar pero non nos deu tempo de facer unha presentación axeitada por mor da pandemia COVID-19 e o confinamento.

É agora, no novo curso, cando fixemos un vídeo especial que amosa como vai quedando acondicionada aínda que faltan varios elementos.

O vídeo ten como música de fondo a canción "Libros na Bibliosoños", creada por Marta Pérez e Pedro Rguez. no ano 2011.



10/9/20

PROTOCOLO PARA O USO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

 PREME NA IMAXE


9/9/20

RESUMO DO PLAN DE ACOLLIDA

PREME NA IMAXE PARA VER O RESUMO DO PLAN DE ACOLLIDA DO COLEXIO


 

5/9/20

Dende a Domus VI envíannos MOITO ÁNIMO!!!

Recibimos un correo moi especial da comunicade da Residencia Domus VI que non queren deixar pasar a oportunidade de darnos moito ánimo para o comezo do novo curso.

Envíannos un vídeo que podedes descargar no seguinte enlace:https://we.tl/t-tRDQvRDqSO

Este curso non poderemos compartir actividades, por iso  podemos recordar as que fixemos no pasado curso:

Actuación no Mercado Solidario

MOITAS GRAZAS!!!

VOLVEREMOS A COMPARTIR EXPERIENCIAS!!!

1/9/20

Resolución definitiva do Plan de mellora de bibliotecas escolares - centros públicos. curso 2020/21


O DOG do 1 de setembro de 2020 publica o Orde de 24 de agosto de 2020 pola que se resolve o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2020/2021. Intégranse 26 novos centros e, finalmente, son un total de 705 bibliotecas escolares as que conforman o PLAMBE-públicos neste curso que hoxe comeza, o que vén ser o 65% da totalidade da rede de centros públicos galegos.
As especiais circunstancias polas que atravesa a sociedade en xeral e o ensino en particular neste 2020 converten este curso que comeza nun importante reto para docentes, familias e alumnado; as bibliotecas escolares demostraron na primavera pasada que son un instrumento e un valor do centro á hora de enfrontar novas formas de vincular á comunidade educativa, de ofrecer recursos para apoiar as aprendizaxes, de reforzar as competencias clave do alumnado e de facilitar lecturas e actividades que axuden a medrar como cidadáns activos e como lectores críticos da realidade. Cómpre seguir na pescuda de todas as súas potencialidades, adaptándose á situación sanitaria pero con iniciativa para presentar solucións aos problemas que se presentan.