Viveiro pechou o domingo, día 20 de outubro, os actos para conmemorar o 150 aniversario do nacemento de Antonio Noriega Varela. Fíxoo cun acto no Teatro Pastor Díaz no que a poesía, a historia e a música foron as protagonistas. Actuou o coro Tempus Fugit; dous familiares de Noriega Varela e Víctor Rolle recitaron poesía e o cronista oficial de Viveiro, Carlos Novo, explicou quen foi o autor de Do Ermo e a súa vinculación coa cidade do Landro.
Os actos iniciáronse o sábado, cunha ofrenda floral e o descubrimento dunha placa conmemorativa (obra de Otero Regal) na casa na que viviu en Viveiro os seus últimos anos.
No colexio fixemos un mural coa súa vida e obra para recordar a este insigne escritor nado en Mondoñedo pero que viviu a súa última etapa da vida en Viveiro.
No colexio temos a dous tataranetos do gran POETA DA MONTAÑA: Aurora e Marcelo Rodríguez Fernández-Noriega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario