11/10/19

Día das escritoras


 LUNS, 14 DE OUTUBRO 

O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras. 
A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. 

Desde a Asesoría das Bibliotecas Escolares de Galicia propóñennos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición de libros, ben lendo fragmentos dos mesmos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura. 

NA BIBLIOSOÑOS, DURANTE O RECREO, FAREMOS LECTURAS DE FRAGMENTOS DE LIBROS DE ESCRITORAS GALEGAS, A CARGO DOS VOLUNTARIOS e VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA. 
Exposición de libros

No hay comentarios: