Acaban de chegar dous títulos de libros para ler colectivamente os alumn@s dos cursos 5º e 6º de primaria:
- 20.000 leguas baixo dos mares. Unha adaptación da novela de Jules Verne. Ilustracións de Sandrine Gambart - Texto de Virginie Hanna
Mortos de frío e case sen folgos, Pierre Aronnax, Conseil e Ned Land atópanse na auga a lombos dun monstro. Só entón se decatan de que non se trata nin dunha balea nin cunha criatura mariña, senón dunha estraña máquina submarina, o NAUTILUS!
De súpeto, ábrese un zapón e os nosos amigos son arrastrados ao interior da nave. Son prisioneiros do misterioso capitán Nemo.
- A illa do tesouro. Unha adaptación da novela de Robert Louis Stevenson. Ilustración de Sandrine Gambart
Un día de moito vento, alguén peta na porta do "Almirante Benbow", a pousada dos pais de Jim Hawkins. É Billy Bones, un vello pirata que garda no seu cofre un gran segredo: o mapa do capitán Flint!. O mapa da illa do tesouto!. Para Jim e os seus amigos a aventura só acaba de comezar!
DISFRUTADE COAS LECTURAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario