Dende a Bibliosoños facemos a seguinte proposta de traballo voluntario
para o alumnado de Primaria.
Esta semana si houbese cole celebrariamos os días da ÁRBORE, AUGA E POESÍA.
Por iso vos propoñemos que:
- procuredes ou inventedes un poema relacionado coa natureza, árbores, animais... (en galego, castelán ou inglés)
- escribides o mesmo nun folio ou folla
- facedes un debuxo ben bonito relacionado co texto e escribides o voso nome e curso
- pedídeslle a mamá ou papá que lle faga unha foto ao voso traballo para que o envíe ao seguinte correo: bibliotecaceleiro@gmail.com
- tedes de tempo ata o luns 23 de marzo
- coas fotos recibidas faremos un vídeo para celebrar dende a distancia estas conmemoracións que tanto nos gustan.
- podedes enviar un vídeo recitando ese poema elexido
- ao mesmo correo e ata o luns 23 de marzo
Nota: O traballo e envío do mesmo ten que estar supervisado pola vosa familia
No hay comentarios:
Publicar un comentario