Na mañá do venres, 29 de abril, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria puideron desfrutar dun magnífico día de praia acompañados dun gran guía.
A través de Mares de Cultura recibiron unha charla na biblioteca do colexio sobre a fauna e a flora dos nosos ecosistemas mariños.
Posteriormente foron andando ata a praia de Area para facer un percorrido intermarieal e observar en directo e cn gran experto as especies mariñas da nosa contorna.
O resultado da actividade foi moi satisfactorio, de seguro que repetiremos!
Seguimos traballando no noso PDI . Nesta ocasión, os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil aprenderon unha versión da canción de "Catro vellos mariñeiros", elaboraron un precioso mural e realizaron un libriño do noso pobo.
Este ano para celebrar o día do libro, propuxémosvos reproducir dun "xeito caseiro", a portada dun libro ou conto que vos gustara, tentando repetir esa portada.
Para iso, podíades facer varias cousas:
- caracterizarvos das persoaxes
- facer un debuxo aplicando diferentes técnicas
- ou facer un bookface.
Despois, tiñades que sacar unha foto e envíala ao email da nosa biblioteca.
Pois ben, o resultado foi o seguinte:
Fostes moitos os que participástedes e fixéchedes moi bos traballos!
Gracias por participar, seguro que vos divertíchedes moito recreándoas. Encantáronos todas as portadas!
Os nenos e nenas de Infantil agasallaron cun libro, expurgado da nosa biblioteca, ás familias.
Celebramos o Día do Libro, e que mellor maneira que presentándovos a curta "UN CONTO CHEO DE LOBOS", unha adaptación do conto do mesmo nome da editorial OQO, elaborada polos nenos/as e mestres de 5º e 6º de Ed. Infantil.
Este é o produto final do proxecto "Nos tamén creamos!" no que os mestres Cristina e Dani, xunto co seu alumnado, estivo traballando durante todo o segundo trimestre.
Este programa do Plan Proxecta, trata de propocionar o uso e valoración da lingua galega, por medio da creatividade e da incorporación das novas tecnoloxías da comunicación e información, ás aulas.
Durante a elaboración desta curta, pasaron por un longo proceso: elixiron o conto, de entre os que lles facilitaron OQO editores, fixeron a súa adaptación propia, elaboraron o guión gráfico ou story board, deseñaron e fabricaron escenarios e personaxes, aprenderon a animar coa técnica stop motion, gravaron e puxeron voz á curtametraxe que presentaron tamén ao concurso : Nos tamén creamos!
Un fantástico traballo que, de seguro vos vai encantar!!
Hoxe tivemos a visita no noso centro da Toupiña e o seu axudante Protonio, que nos amosaron uns divertidos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e amosándonos a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar.
Espectáculo titulado TOUPICIENCIA, no que os nosos nenos e nenas pasaron un rato moi entretido e quen sabe... se algún deles/as.....hoxe, espertou o súa vocación científica!
Este
Proxecto Documental Integrado foi proposto
para ser traballado no presente cursoco
obxectivo principal de que todo o alumnado coñeza a localidade onde está
situado o seu colexio pois moitos proceden doutras parroquias do Concello de
Viveiro.
Hoxe
en día é máis doado saber o que acontece noutros lugares do mundo que no noso
pobo, pois a televisión, internet… ofrécennos moita información e así o noso
cada vez se perde máis. Por iso, dende o CEIP de CELEIRO, queremos poñer en
valor a localidade de Celeiro: unha vila que vive do mar, dos seus produtos e
que ten a súa propia historia.
Hoxe presentamos dous traballos:
Catro vellos mariñeiros do alumnado de 1º curso de Primaria
Presentación dos lugares máis emblemáticos de Celeiro a cargo do alumnado de 4º de Primaria.
Podemos ver todos os traballos realizados ata o momento na seguinte páxina
Como en anos anteriores, o IBBY (International
board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro
Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
A sección patrocinadora deste ano é Canadá que difunde a mensaxe de Richard Van Camp e o cartel de Julie Flett.
FELIZ DÍA DO LIBRO INFANTIL
Para celebrar esta data tan importante, o alumnado de 4º de Primaria, xunto coa súa mestra Xulia e a mestre de música Marta, prepararon tres contos clásicos e que presentamos a través de vídeos para que todos os nenos e nenas os poidades disfrutar.
"Os fabóns máxicos", de Hans Christian Andersen. Canción: Xanciño e os fabóns de Xosé Lueiro.
"O bosque encantado", conto popular. Canción: O xigante Seisdedos de Xosé Lueiro
"O frautista de Hamelin", dos Irmáns Grimm. Canción: Piribí, Piribó de Xose Lueiro.
NESTA PÁXINA podedes atopar máis información sobre esta data e os nosos traballos no colexio.
Na seguinte presentación podemos ver o proxecto CONTOS E CANTOS