20/12/19

Finalizamos o 1º trimestre

Como pasa o tempo! parece que comezamos onte este novo curso e xa rematamos o 1º trimestre!...

Por iso para este último día preparamos actividades especiais como o xa tradicional Festival de Nadal, no que todos os cursos participamos cantando panxoliñas e outros cantos de Nadal. Ademáis as nenas e nenos de 6º de Infantil, xunto coa súa titora Maricarmen Lázaro, crearon un conto titulado "NADAL COMPARTIDO" que nos fixo reflexionar.

 
Tamén tivemos a visita do APALPADOR que deixou un regalo en cada aula para compartir entre todos. A ANPA do colexio colaborou  co APALPADOR.

Para rematar a mañá tivemos sesión de cine, o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso nas diferentes aulas; o alumnado de 3º a 6º curso foron ata CINES VIVEIRO onde poideron disfrutar da película "LA BICICLETA VERDE". Esta actividade forma parte do Programa de Igualdade subvencionado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade

VÍDEOS DO FESTIVAL:






19/12/19

Outra actividade de NADAL

Outro ano máis que fomos invitados a cantar no Mercado Solidario que organiza a Residencia DOMUS VI de VIVEIRO.
O coro cantou para os residentes, para as familias e visitantes en xeral e foron moi aplaudidos.
Neste trimestre xa fixemos tres actuacións e mañá cantaremos todos os cursos no FESTIVAL DE NADAL que realizamos cada ano para rematar o 1º trimestre.

No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo:


18/12/19

Actividades Complementarias do NADAL

Hoxe estiveron no colexio os usuarios da Residencia  DOMUS VI de Viveiro para contarnos o conto de: ANTÓN E O APALPADOR.
Pasámolo estupendamente pois ademais regaláronnos as figuriñas coas que lles axudamos a contar o conto: estrelas, árbores, animais, carbón, a ra...

Mañá farán un Mercadillo Solidario na propia Residencia e tocaranos a nós facerlles unha visita; ademais o coro do colexio cantará panxoliñas a partir das 17:30 horas, para todos os usuarios e para os visitantes.

MOITAS GRACIAS POLA VOSA VISITA!!!


16/12/19

Actividades para fomentar a IGUALDADE

https://www.edu.xunta.gal/portal/igualdade

Dende a Asesoría de Igualdade estamos a recibir moita información e orzamentos para investir en diversas actividades "coa finalidade de promover a construción dun novo modelo formativo capaz de abranguer por igual o feminino e o masculino. A Secretaría Xeral da Igualdade insta a que se imparta unha coeducación real na que se transmita ao alumnado valores en igualdade e sen estereotipos sexistas que son os piares básicos para erradicar a violencia de xénero desta sociedade. Temos que educar ás nosas nenas e nenos en Igualdade e ensinarlles que ningunha persoa é máis ou menos ca outra polo seu sexo".

Por iso hoxe imos contar coa actividade especial que nos vai presentar Paco Nogueiras co seu espectáculo musical BRINCA VAI!. Dirixido ao alumnado de Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.


Tamén o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso terán unha sesión de cine nas instalacións de Cines VIVEIRO, o venres, 20 de decembro, coa película "La bicicleta verde".

Estas actividades complementan as realizadas pola ANPA dentro do Proxecto de Promoción da Igualdade e Prevención da violencia de Xénero, durante os meses de outubro e novembro dirixidas ás familias e ao alumnado en xeral.


A Secretaría Xeral tamén está a poñer en marcha unha campaña cara o nadal "XOGUETES PARA A IGUALDADE. XOGAMOS IGUAIS. OS XOGUETES NON TEÑEN SEXO", dirixida tanto ao público en xeral como ao ámbito educativo directamente.


13/12/19

Preparando o Nadal

Achégase o Nadal e como todos os anos preparamos traballos especiais para ambientar o cole:
  • Na zona de Infantil fixeron un poboado de inverno con casas feitas de caixas de madeira e moi ben decoradas, con figuriñas de plastilina e  tamén decoraron dúas árbores con figuriñas realizadas con elementos de refugallo, plásticos...
  • Na zona de Primaria tamén decoraron dúas árbores cos obxectos que realizaron en familia con elementos de refugallo.
  • Realizaron tarxetas  ou postais de Nadal e que temos expostas ao longo da escaleira principal.
  • No recuncho expositor temos outra árbore con versos das panxoliñas que cantamos este curso acompañando aos libros que aconsellamos para este tempo de Nadal.
  • Tamén estamos preparando as actuacións para o Festival que faremos o venres 20 de decembro.


11/12/19

Máis experimentos de CIENCIA


O alumnado de 1º curso experimentou coa electricidade estática e presentaron cinco experimentos:
  • Voar papel
  • Bolboretas voadoras
  • Dando a lata
  • Atraer a pompa
  • Un caos na cociña
Traballaron moito para presentarnos eses cinco experimentos que podemos ver no seguinte vídeo:


O alumnado de 2º curso realizou unha lámpada de lava con auga, aceite vexetal, colorante alimentario e unha pastilla efervescente.
O aceite e a auga nunca se mesturan e ao mesmo tempo o aceite é menos denso ca auga polo que se mantén enriba dela. Cando engadimos as plastillas efervescentes disólvense na auga liberando un gas, dióxido de carbono, que forma as burbullas que van a subir e baixar atravesando o aceite sen mesturarse con el. 


10/12/19

A nova Biblioteca do cole

Durante o mes de novembro estivemos en obras e facendo cambios:
  • A aula de informática foi repartida polas aulas de primaria, agora en cada aula hai 3 ou 4 ordenadores, ademais do que xa había con pantalla dixital.
  • A aula de informática transformouse na nova biblioteca: as obras foron sufragadas pola Consellería de Educación a cargo dun orzamento especial que nos aportaron.
  • Logo chegou o momento de trasladar os andeis, mesas... e todos os libros e materiais que tiñamos na Bibliosoños. 
Para esta labor tivemos a axuda do persoal do Concello de Viveiro.

  •  Trasladados os libros e materiais a Nova Biblioteca foi tomando forma.

  • Esto é unha pequena mostra de como está a quedar a NOVA BIBLIOTECA. Todavía quedan mobles por chegar e colocar e tamén estamos revisando a distribución dos libros.

  • Esperamos poder ter todo listo para cando comece o 2º trimestre. Todos os nenos e nenas están desexando utilizar novamente a BIBLIOSOÑOS  e o profesorado tamén!!!

6/12/19

Actuación do Coro do Colexio

O Coro do Colexio foi convidado a actuar na inauguración do Belén: Viveiro ante o Berce.
Formaron o coro nenas e nenos de 3º a 6º de Primaria.
Para esta actuación prepararon unhas panxoliñas tradicionais e outra de estilo máis moderno.
Pasaron unha tarde estupenda e foron moi aplaudidos. Ao finalizar poideron degustar un bo chocolate con churros.
Dende o colexio agradecemos ao Concello de Viveiro e en especial a Lara Fernández, concelleira de Cultura, a invitación para participar neste acto tan popular no Nadal de Viveiro.


PROGRAMA "FUN POLO AIRE" DA TVG
podémonos ver a partir do minuto 45

3/12/19

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

BIBLIOTECA INCLUSIVA: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe é o día da Discapacidade e por iso o alumnado de 3º curso de Primaria de varios centros do Concello, fomos invitados a asistir a unha xornada de convivencia co alumnado de ASPANANE. Fixéronse grupos e talleres de cerámica, madeira, pintura de cara, serigrafía... onde os nenos e nenas desenvolveron distintas actividades. Foi un día moi especial e moi divertido. Dámoslle as grazas aos organizadores!!!

 



 


2/12/19

PROGRAMA DE RADIO Nº 4, curso 2019-2020

Na mañá do luns, 2 de decembro, o equipo formado por Cristina, Elena, David, Irene e Pedro A. gravaron o programa de Radio na Biblio nº 4.
Ten como contidos:
  • Semana da Ciencia no colexio
  • Cambios na Biblioteca Escolar
  • Actuacións do coro do Colexio

1/12/19

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO NO NOSO COLEXIO


Na semana do 25 ao 29 de novembro o noso colexio estivo inmerso no MUNDO DA CIENCIA.
Diferentes cursos de Primaria e de Infantil fixeron unha exposición de diversos experimentos.
Escollemos o horario dedicado á HORA DE LER para xuntarnos no Salón de Actos e alí realizar moitos experimentos sobre a flotación, a erupción dun volcán, refracción...








25/11/19

PROGRAMA DE RADIO Nº 3, curso 2019-2020

Na mañá de hoxe o equipo formado por Carla, Mireya, Pedro G., Nicolás e Mateo gravaron o Programa da Radio na Biblio número 3. Tivo como contidos:
  • Dereitos da Infancia
  • Contra a Violencia de Xénero

24/11/19

O colexio colabora no Concerto Solidario de Santa Cecilia (Landrove)

O coro do colexio foi invitado a participar no Concerto Solidario de Santa Cecilia  que organizou a Asociación "Pequenos Pasos" de Landrove e que tivo lugar na Igrexa de Landrove o sábado 23 de novembro. Os donativos foron entregados para a investigación do Cancro Infantil. O acto foi todo un éxito e a  Igrexa quedou pequena para acoller a todo o público que se solidarizou coa organización.
O cartel foi compartido co Coro Parroquial de Landrove, o Coro de adultos do Conservatorio, Escolma de Meus e Amigos do Fol.
As nenas e nenos do colexio, de 3º a 6º curso, fixeron unha actuación moi aplaudida por todo o público polo que temos que felicitalos e animalos a seguir disfrutando da música.     Noraboa!!!

A continuación deixámosvos o vídeo resumo da súa actuación



21/11/19

Apadriñamento Lector

Na Hora de Ler, o alumnado de Infantil e 1º curso tiveron un Apadriñamento Lector do alumnado de 2º e 5º curso.
Fixeron unha adaptación do conto popular "Garavanciño" coas seguintes persoaxes:
Narradora: Helena Goás
Garavanciño: Aurora Rodríguez
Nai: Sara Asmerón
Pai: Nelly Lourido
Boi: Andrés Vasile
O conto rematou coa canción: "Pachín, Pachín..." cantada polo alumnado de 2º curso.
Naroboa a todos!!! Fixéronno moi ben

20/11/19

Presentación dos Dereitos da Infancia

O alumnado de 1º curso, xunto coa súa titora Rita e a mestra Lucía, prepararon unha presentación sobre os Dereitos da Infancia:
  • Elaboraron un gran mural e outros máis pequenos con debuxos e pictogramas onde se recollían algúns dos dereitos traballados na clase.
  • A presentación tivo lugar na Biblioteca do colexio para todo o alumnado de Infantil e 2º curso.
  • No seguinte vídeo recollemos un pequeno resumo.




19/11/19

Todos ao teatro!!!

 Dentro das actividades organizadas pola ANPA do colexio, no PROXECTO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO,  na mañá do martes 19 de novembro estaba programada unha saída ao teatro, para todo o alumnado do centro.
A compañía GHAZAFELHOS puxo en escea a adaptación do libro "O país dos mandóns".
Un libro que traballamos moito no colexio para o fomento da igualdade entre nenas e nenos.

Recordamos, a través do seguinte vídeo, a adaptación realizada pola titora de 3º no curso escolar 2014-2015, Angélica Novo.



18/11/19

RADIO NA BIBLIO. Programa nº 2 do curso 19-20

Hoxe tivemos sesión de gravación na RUFO SOÑOS. O equipo formado por Mar, Mireya, Pedro, Yeray e Nicolás realizaron o programa número dous de RADIO NA BIBLIO baixo o título "O noso Magosto".

Actividades Complementarias para este mes de novembro

  • Martes 19, imos todo o colexio ao teatro, invitados pola ANPA do colexio para ver a obra "O país dos mandóns", coa compañía GHAZAFELHOS.
  • Xoves 21, Apadriñamento Lector do  5º curso acompañados do 2º de Primaria: "GARAVANCIÑO".
  • Sábado 23, actuación do Coro do Colexio na Igrexa de Landrove, no Concerto Solidario organizado pola Asociación Pequenos Pasos.

13/11/19

E agora O MAGOSTO!!!




No mes de novembro sempre celebramos a nosa Festa do Magosto

Estaba programada para o luns 11, DÍA DO SAN MARTIÑO, pero como deron mal tempo para toda a semana, decidimos celebrala hoxe no pavillón polideportivo do colexio facendo os xa tradicionais xogos e comendo castañas.
No primeiro turno participaron nos xogos todo o alumnado de Primaria, despois degustamos todos xuntos as ricas castañas asadas e por último foi o turno dos xogos para o alumnado de Infantil.

Fixemos unha pequena reportaxe fotográfica da Festa que queda recollida no seguinte vídeo:


11/11/19

Doazón de libros

Nova doazón de libros para a Bibliosoños!!!
As irmás Carla e Ana Rodríguez Bouza regalaron esta pequena colección.
Moitas gracias a elas e a súa familia.

5/11/19

Sabemos todo o que hai que saber sobre o peixe?


Hoxe tivemos a visita de Silvia Gil Chumillas, Técnica de Calidade e Seguridade Alimentaria, de FEDEPESCA.  Pola mañá,  o alumnado de 5º e 6º curso, participou dunha charla informativa con visualización de vídeos  e interactuaron facendo preguntas moi interesantes.
Xa pola tarde a charla estivo dirixida ás familias e persoal docente.

http://pescaverde.org/


http://pescaverde.org/informacion-fish4-kids/A base do proxecto é concienciar ás futuras xeracións da importancia da protección e recuperación da biodiversidade mariña para o consumo futuro de peixe; como podemos conservar os recursos biolóxicos; como o sector e as administracións traballan unidas para a limitación do impacto da pesca e a adaptación da mesma á protección das especies, todo iso sen deixar para comer peixe, é máis, dando unhas pautas de como se debe consumir este produto, e explicando o marco de control pesqueiro e protección do medio ambiente europeo.




4/11/19

Programa de Radio nº 1 do curso 2019-2020

Hoxe gravamos o 1º programa de RADIO NA BIBLIO deste curso.
O equipo de realización formado por: Ángela, Carla (equipo técnico), Iker, Mateo de Daniel (nos micrófonos).
O programa leva por título "DEZ ANOS DE ILUSIÓN" e ten como contido o 10º aniversario de permanencia no PLAMBE, do blog, da mascota Rufo e a súa canción.



30/10/19

SAMAÍN NO COLEXIO

E chegou o SAMAÍN!!!


Contacontos na Bibliosoños para o alumnado de Infantil 
a cargo das nais de Alex e Sara
de 6º de Infantil,
da mestra Cristina e 
do mestre Dani


A ANPA do colexio xa ten un LOGO

A ANPA do noso colexio convocou un concurso de ideas para o alumnado de Primaria no que tiñan que  crear un LOGOTIPO de identificación para a mesma.
A reposta foi moi satisfactoria pois participaron uns 40 nenos e nenas de 1º a 6º de Primaria.
O gañador do concurso foi Raúl Pernas de 3º curso con este debuxo:

Hoxe na Bibliosoños as nais fixeron entrega dun agasallo especial ao premiado e outro agasallo a cada un dos participantes:




Hoxe, 30 de outubro, tamén a través da ANPA, tivemos unha sesión de 



29/10/19

1º apadriñamento lector do curso

Na nosa biblioteca realizamos uns Apadriñamentos Lectores moi especiais no que as nenas e nenos contan, canta, bailan...
Nesta ocasión o alumnado de 3º curso representou unha lectura de B. Araiz  e que titularon "Bienvenid@s al restaurante RICO Y MUSICAL", para o alumnado de Infantil, 1º, 2º e 4º curso.


26/10/19

Xornada Biblioteca Creativa “Comunicación e Cidadanía”

  ACCESO AOS MATERIAIS

Xornada Biblioteca Creativa “Comunicación e Cidadanía”

O venres, 25 de outubro, a coordinadora da Biblioteca do noso colexio participou na Xornada de Biblioteca Creativa  no apartado de    

Foi unha xornada moi intensa de aprendizaxe, de compartir novas experiencias e de convivencia.
Coas pilas cargadas e con proxectos para este curso comezaremos a realizar novos programas. 

 

 

25/10/19

Obradoiros de igualdade no colexio

O luns, 21 e martes 22, de outubro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participaron nos Obradoiros de Igualdade impartidos por Freddy Gonçalves e organizados pola ANPA do noso colexio.

Freddy Gonçalves explica o que traballaron:

 A partir de una dinámica que incluye la lectura de libros, ver vídeos musicales e incentivar un debate, las chicas y chicos participan en una entrevista para llevar a cabo pequeñas misiones secretas en nombre de la igualdad. Comenzamos con una conversación acerca de la identidad y la identidad cultural, que nos lleva a pensar en quiénes somos y en cómo ponernos en los zapatos del otro para conocernos un poco mejor entre compañeros. Esto dará pie para reflexionar sobre los estereotipos alrededor de las chicas y los chicos, ¿cómo nos ven los demás y cómo nos vemos a nosotros mismos? 
A partir de ese debate, las conclusiones a las que llegamos, damos por terminada la entrevista y procedemos a enfrentar diversas misiones. Estas misiones son actividades lúdicas y reflexivas alrededor de la tolerancia, la igualdad de género, el respeto y el poder de las palabras y los gestos en nuestra relación cotidiana con el otro. Esto los llevará a construir una identidad propia como colectivo, siendo iguales pero respetando sus diferencias.