19/12/12

Actividades especiais polo Nadal

Estes días no cole estamos a preparar todas as actividades que polo Nadal máis nos gustan:
  • Cantar panxoliñas.
  • Recitar poesías.
  • Facer teatro.
  • Ver cine...
Todo o colexio está moi animado!
Todas estas actividades poderemos velas despois no Blog do Nadal

Lecturas para o Nadal

Como recomendación de lectura para o Nadal presentamos este fermoso libro que a Rede de Dinamización Lingüística preparou con fermosos discursos redactados por 25 escritoras.

14/12/12

Exposición do concurso de Postais e Poesía

Estas son as postais e poesías que se presentaron ao concurso convocado pola ANPA. Son uns traballos moi fermosos. Moita sorte! e xa sabedes que os premios serán entregados o xoves, 20 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa do Forno.

13/12/12

Festival de Nadal na Casa do Forno

No colexio estamos a preparar un Festival de Nadal para actuar na CASA DO FORNO. Nas seguintes presentacións podemos ver o cartel e máis o programa de man.


10/12/12

Día Internacional dos Dereitos Humanos

Clica na imaxe para ver unha presentación feita por alumnos do IES de Teis coa profesora Ana Rúa.

Vídeo da Mensaxe de Navi Pillay, Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos.




MÁIS INFORMACIÓN NESTA PÁXINA

3/12/12

Máis libros para a Bibliosoños

No mes de decembro a Bibliosoños tamén recibe estes fermosos libros.

1/12/12

Concurso para o Nadal

CERTAME DE POSTAIS E POESÍA
NADAL 2012

Con motivo das festas do Nadal a
ANPA do CEIP “Antonio Pedrosa Latas”

CONVOCA os concursos de:
  • POSTAIS para Infantil - Primaria
  • POESÍA para o 2º e 3º Ciclo de Primaria.
BASES
1ª) Para o Concurso de postais:
as técnicas e materiais de traballo a empregar son libres.
Para o Concurso de poesía:
Tamén queda a libre elección dos alumnos/as.
2ª) Cada traballo FIRMARASE cun pseudónimo pola parte traseira, indicando tamén o curso a que pertence e será entregado na Secretaría do Centro antes do venres, 14 de decembro.
3ª) Outorgarase un premio por curso para cada unha das especialidades.
4ª) Todos os traballos serán expostos na Casa do Forno de Celeiro. Os premios entregaranse no acto que se celebrará o xoves, 20 de decembro onde tamén actuarán a Agrupación Instrumental e o grupo de Teatro do Colexio