29/5/22

SAÍDA DO ALUMNADO DE 1º e 2º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 O xoves, 26 de maio, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria fixo unha visita cultural á Fábrica de Cerámica de Sargadelos situada no Concello de Cervo.

Visitaron o Museo e a Fábrica para despois ir ata o Paseo dos Namorados onde viron unha fervenza. Remataron a xornada no parque. 

Foi un día moi completo e pasárono moi ben!

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO



27/5/22

Visita da escritora Érica Esmorís

 Na mañá do xoves, 26 de maio,  o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo a oportunidade de coñecer a Érika Esmorís, escritora primiada, ilustradora de grandes marcas, guionista e directora de casting de diversas pezas audiovisuais...

Durante o trimestre, o alumnado comezou a ler libros dela, concretamente "Patio de luces" en castelán e "Quen salva a un can" en galego.

Primeiramente, Érica realizou unha presentación interactiva sobre ambos libros, amosando en imaxes a orixe que tivo cada un deles. Tamén realizou xogos cos que amosou a creatividade coa que os escribiu, así como os valores que foi transmitindo. Posteriormente firmou cada exemplar.

VÍDEO DA ACTIVIDADE


 

26/5/22

SAÍDA DE 6º DE PRIMARIA

 O mércores, 25 de maio, os nenos e nenas se 6º de Primaria visitaron as instalacións situadas no plígono de Cuíña en Cervo, onde coñeceron os conceptos básicos da a acuicultura do rodaballo.

O alumnado viu un pequeno vídeo explicativo da crío deste tipo de peixe plano para despois poder disfrutar das distintas zonas nas que está dividida a fábrica.

Divididos en dous grupos poideron ver como vai crecendo o rodaballo dende que é unha pequena larva ata que cumpre 100 días e sae da fábrica para o seu posterior engorde.

Ademais disto, o alumnado tivo a oportunidade de poder achegarse aos tanques de rodaballo para darlles de comer e utilizar o microscopio no laboratorio.

Foi unha visita moi agradable!    VÍDEO DA SAÍDA



20/5/22

FESTA DO MAIO

 Despois das Letras Galegas, agora toca o turno para a celebración da Festa do Maio.

Na mañá do xoves, 19 de maio, todo o alumnado e profesorado engalanado con sombreiros e colares de flores cantamos e bailamos para festexar o maio.

Tamén realizamos un gran mural alusivo, o resultado da festa podemos velo no seguinte vídeo:



15/5/22

LETRAS GALEGAS 2022

Presentámosvos os nosos traballos sobre o Día das Letras Galegas: 

  • BIOGRAFÍA DO AUTOR  FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, feita por todo o alumnado do centro. 
  • Acompañada da canción: Salve a Bandeira! do libro Cancioneiro da loita galega, cantada polos nenos do noso cole na aula de música.

  • Video 4º E.INFANTIL, "Nós falamos galego"
  • Mural "SEMENTA O GALEGO" de 1º e 2º de Ed. Infantil



  • Decoración das nosas fiestras con palabras fermosas en galego

O alumnado de 6º de Primaria, en RADIO NA BIBLIO, realizou tres podcasts que podemos ver na páxina da RUFOSOÑOS.                    

Premede na imaxe




14/5/22

XORNADA DE CLAUSURA "A VOLTAS COAS PALABRAS"

 

Chegou o día da clausura da Exposición Conxunta da MICRORREDE A MARIÑA:

 "A voltas coas palabras"

Foi unha semana intensa con actividades dinamizadoras moi diversas e moi concurridas polas familias e público en xeral.

Na tarde do venres, 13 de maio, actuaron o Coro do CEIP de Celeiro e o Grupo de Guitarras do Conservatorio de Música de Viveiro.

A mestra de ceremonias foi Karina Parga e o discurso de clausura correu a cargo do coordinador da biblioteca do CEP Lois Tobío, Iván Suárez.

O Coro do colexio, dirixido por Marta Pérez, levou a cabo o programa "A PALABRA FEITA MÚSICA": Contos e poemas musicados.

  • Os fabóns máxicos (conto de Hans Christian Andersen)
  • O Xigante Seisdedos (conto popular)
  • O frautista de Hamelin (conto dos irmáns Grimm)
  • Esta non é outra historia de piratas (baseado no conto de María Rolle con música de Marta Pérez)
  • Paseniño, paseniño (poema de Rosalía de Castro e música de Marta Pérez)
  • Salve, Bandeira! (poema de Florencio Delgado Gurriarán e música de Marta Pérez)

Felicitamos a todas as nenas e nenos que participaron no coro pois fixérono moi ben. Despois do traballo realizado nos ensaios recibiron moitos aplausos e moi merecidos. NORABOA A TOD@S!

Despois do discurso de clausura do profesor Iván Suárez actuou o Grupo de Guitarras do Conservatorio de Música de Viveiro a quen lle agradecemos a súa colaboración co coro do colexio. Tamén participaron no coro os profesores Mada Álvarez e Ricardo González, moitas gracias!.

Foi unha xornada moi intensa e que deixa moi bos recordos. 


13/5/22

ENTREVISTA A ANGEL PIÑEIRO

Programa de Radio na Biblio realizado por Laura, Johana, Ana, Amalia, David e Thaïs. 

Entrevista a Ángel Piñeiro, unha das persoas encargadas da produción no Resurrection Fest

Queremos agradecerlle a súa visita e a posibilidade de coñecer un pouco máis sobre este festival de música que se celebra no noso pobo e que acerca a máis de 100.000 persoas de diferentes partes do mundo a Viveiro e Celeiro. 

A importancia do Resurrection para un pobo tan pequeno é moi relevante tanto social como economicamente por eso queremos saber moito máis sobre el.


 

12/5/22

3ªXORNADA: IES MARÍA SARMIENTO

Na tarde do mércores, 11 de maio, a Exposición "A VOLTAS COAS PALABRAS" volveu abrir e foron moitos os que se achegaron para ver os traballos realizados.

 

O alumnado do IES MARÍA SARMIENTO presentu o "DÍARIO DO SARMIENTO", a radio contra o acoso escolar e que forma parte do Proxecto AMIGO. A súa idea é por a andar unha radio na que todas as persoas que necesiten axuda podan contar con eles.



PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO



11/5/22

SAÍDA DO ALUMNADO DE 5º E 6º CURSO DE PRIMARIA

 O martes, 10 de maio, os nenos e nenas  de 5º e 6º curso de Primaria viaxaron a LUGO para pasar un gran día cheo de actividades.

Pola mañá visitaron Rocolugo, un rocódromo onde dar os primeiros pasos en escalada e desfrutar de novas sensacións.

Despois xantaron nun parque preto do río Miño, para despois ir ata o centro de Lugo comer un xeado e visitar a praza maior.

Pola tarde, percorreron toda a Muralla Romana e visitaron O Vello Cárcere nunha visita guiada onde lles explicaron o uso do edificio e a súa arquitectura.

No seguinte vídeo tedes unha mostra gráfica do día. 

PREMER NA IMAXE



2ª XORNADA DA EXPOSICIÓN "A VOLTAS COAS PALABRAS"

O martes, 10 de maio, foi a quenda da BIBLIOCOVAS dentro da Actividade Dinamizadora da Exposición "A voltas coas palabras" da Microrrede Plambe da Mariña.

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria representaron "Non é unha caixa" , unha historia que nos amosa que o xoguete máis importante é a imaxinación.

Fixérono xenial!!!!!!

Aquí vos deixamos o vídeo para que o disfrutedes....


 

10/5/22

INAUGURACIÓN "A VOLTAS COAS PALABRAS"

 Na tarde do luns, 9 de maio, realizamos o acto inaugural da Esposición Conxunta "A Voltas coas Palabras".

Representantes dos centros educativos participantes, inspectores de educación, autoridades (alcaldesa, María Loureiro e Xefa Territorial de Educación, Mariña Gueimunde), a nosa asesora das bibliotecas (Chelo Guntín) e facendo a función de Mestra de Ceremonias Karina Parga; con gran ledicia pola volta á normalidade demos por inaugurada a  convocatoria número 11 da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA.

Nesta primeira xornada contamos co  xornalista, escritor e contador de historias, Pablo J. Rañales, quen fixo unha significativa reflexión sobre as palabras.
Tivemos tamén a ctuación musical de Amigos do folk, grupo de gaitas do Conservatorio
Profesional de Música de Viveiro.

No seguinte vídeo podemos ver un resumo do acto.



7/5/22

MONTAXE DA EXPOSICIÓN venres 6 maio

 Na tarde do venres, 6 de maio, as compoñentes e compoñente da MICRORREDE A MARIÑA fixemos a montaxe da Exposición Conxunta. Este ano foi máis sinxela que en cursos anteriores, pois toda a información dos traballos realizados están nos códigos Qr que leva cada cadro.

Son un total de 14 traballos moi orixinais e realizados con diferentes técnicas.

Convidávosmos a visitar a exposición:



4/5/22

PROXECTO DA MICRORREDE A MARIÑA

 A MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA é un Proxecto Colaborarivo das Bibliotecas Escolares da Mariña que pretende buscar fórmulas para dinamizar as comunidades educativas a través da literatura coa ansia de darlle un novo sentido ao hábito lector do alumnado. Esa inquietude por facer un traballo colaborativo xurdiu no ano 2011 despois dos Encontros PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares). 

Daquela a maior parte dos centros escolares da Mariña Occidental xa formabamos parte deste programa e aí xermolou a idea de formar unha estrutura de traballo asociativo, co fin de intercambiar experiencias de fomento da lectura e da cultura en xeral... Como? Levando a cabo un proxecto anual común que incidise sobre as comunidades educativas e fomentase a implicación das familias no hábito lector.

Desde entón, ano tras ano, a Microrrede non fixo máis que medrar: sacando para diante once proxectos consecutivos (incluíndo  o ano 2020#QuedaNaCasa e o ano 2021 que foi de xeito virtual, a través do blog MICRORREDE A MARIÑA)

Este ano 2022 o proxecto que presentamos é: A VOLTAS COAS PALABRAS

A temática vennos dada polo lema que escolle a Asesoría das Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso: A Biblioteca Escolar ten a palabra.

Presentamos o cartel que foi realizado por Izan Fra Fernández, alumno de 2º de BACHARELATO de Artes no IES Monte Castelo de Burela.

Cada centro presentará un "cadro artístico" que levará incluídos códigos QR que nos dirixirán á actividade realizada por cada centro escolar.

A Exposición será na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro, durante a semana do 9 ao 13 de maio, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Esta exposición tamén se poderá realizar noutros Concellos da Mariña.

 

Este é o noso cadro que representa un cardume de peixes. Os códigos Qr levarannos aos traballos realizados a través do Poxecto Documental Integrado: COÑECEMOS CELEIRO

A exposición contará cada día con diferentes Actividades Dinamizadoras:
    • Encontros con escritores recoñecidos.
    • Participación do Conservatorio de Música de Viveiro
    • Os centro educativos tamén serán protagonistas en cada xornada da exposición con diversas actuacións musicais, de representación, dramatización, lecturas, contacontos...

 

PROGRAMA DE ACTOS:

LUNS 09/05/2022
ACTO DE INAUGURACIÓN
18:00h
. Discurso inaugural.
. Faladoiro co xornalista, escritor e contador de historias, Pablo J. Rañales.
Presentará o seu libro “Siervos de tinta”, de Valhalla Ediciones.
. Actuación musical de Amigos do folk, grupo de gaitas do Conservatorio
Profesional de Música de Viveiro.

MARTES 10/05/2022
18:00h
. Actividade dinamizadora do CEIP de Covas:
- Representación "Non é unha caixa", a cargo do alumnado de 1° EP.

MÉRCORES 11/05/2022
18:00h
. Actividade dinamizadora do IES María Sarmiento de Viveiro:
- Presentación do Diario do Sarmiento (radio contra o acoso escolar) e
do podcast Las Grandiosas Tigresas Barbudas.

XOVES 12/05/2022
18:00h
. Actividade dinamizadora do CEP Lois Tobío de Viveiro:
- Contaconto “A biblioteca ten a palabra”, a cargo de Rebeca Palmeiro.
- Conto musicado “Nica, a canica”, a cargo do alumnado de 1o EP.

VENRES 13/05/2022
ACTO DE CLAUSURA
18:00h
. Discurso de clausura.
. Actividade dinamizadora do CEIP de Celeiro:
- Coral “A palabra feita música”.
. Actuación musical da Orquestra de guitarras do Conservatorio Profesional de
Música de Viveiro.
 

2/5/22

O MEU RECUNCHO FAVORITO DE CELEIRO

Seguimos a presentar máis traballos do PDI "Coñecemos Celeiro", nesta ocasión trátase do traballo realizado polo alumnado de 3º de Educación Primaria xunto co seu titor Ricardo González Blanco.

Cada un dos nenos e nenas de 3º elixiron o seu recuncho preferido de Celeiro, fotografárono e fixeron unha descrición do mesmo. 

O resultado podemos velo no seguinte vídeo. A música de fondo é unha canción composta por Daniel Fernández Caxete e cantado polo grupo coral "Sons de Celeiro".