21/12/20

PRESENTACIÓN: TODO SOBRE O NADAL 2020

Proxecto "CONTOS E CANTOS"

Desde a Biblioteca e en colaboración coa Aula de Educación Musical, levamos varios cursos poñendo en marcha un proxecto que titulamos "Contos e cantos". 

Consiste na lectura ou posta en escea dun conto, de autor ou popular, que preparan as titoras e titores nas aulas e que se acompaña dunha canción que preparan na aula de música.

Neste Nadal as titorías de 3º, 4º, 5º e 6º curso prepararon catro contos coas súas respectivas cancións.

 "CONTO DE NADAL" Charles Dickens


"O ABETO" Hans Christian Andersen


"O SEGREDO DO NADAL" popular

"O NADAL DOS CONTOS" Xose Lueiro



15/12/20

Encontro Literario con MARÍA ROLLE

 Na maña do martes 15 de decembro, o alumnado de 4º de Primaria, tivo un Encontro Literario con MARÍA ROLLE, autora do libro "Esta non é outra historia de piratas".
Foi unha sesión moi divertida: 
  • Visualizaron un vídeo de presentación.
  • Fixéronlle moitas preguntas sobre o libro.
  • As nenas e nenos entregaron a María un libro feito cos debuxos de cada capítulo do libro.
  • Fixeron un xogo especial sobre o coñecemento do libro: "PASAPIRATA".
  • Rematamos  este encontro cunha  asinatura de libros.


 

 

14/12/20

PREPARANDO O NADAL

Comezamos unha semana con moitos preparativos para este Nadal 2020 tan atípico e diferente.

  • Estamos a ambientar o cole con moitos traballos realizados polo noso alumnado (seguindo todos os protocolos)
  • Este ano o FESTIVAL DE NADAL será virtual polo que dedicaremos toda esta semana a realizar as diferentes gravacións que poderedes disfrutar o último día antes das vacacións:
    • CONTOS E CANTOS de Nadal...
    • PANXOLIÑAS con moitos bailes...
    • E a visita do noso APALPADOR... 
  • Como ven sendo habitual, todas as actividades tamén poderedes seguilas a través dos diferentes blogues do colexio.
Estamos a piques de rematar un  trimestre moi diferente a dos outros anos, no que nos tivemos que ir  readaptando a... "Os moitos Protocolos". 
Todo o alumnado e todo o profesorado fixo un gran esforzo para seguir traballando con moito entusiasmo e ilusión. 
Gozaremos das necesarias vacacións de Nadal, non sen antes comprometernos a seguir todas as normas con responsabilidade e así poder volver moi pronto á tan ansiada normalidade.
Para desexar a toda a comunidade educativa un Bo Nadal e Feliz Aninovo enviámosvos a seguinte Postal Virtual:
 


11/12/20

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Agora que se achegan as datas do Nadal e os nenos e nenas terán que escribir as súas cartas para Papá  Noél e  SS.MM. Os Reis Magos, é un bo momento para incluír un libro nas peticións. Desde este blogue  poderedes atopar recomendacións para axudar  a realizar as súas misivas. 





2/12/20

Día Internacional das Persoas con Discapacidade


O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Este ano, a OMS únese aos seus asociados baixo o lema «Un día para todos», co cal se quere reflectir a crecente aceptación de que a discapacidade forma parte da condición humana. Case todos nós experimentaremos unha discapacidade temporal ou permanente nalgún momento das nosas vidas.


Para recordar este día fixemos un "vídeo-postal" do NADAL con pictogramas e presentamos o conto "O cazo de Lorenzo".

 

 

VER NESTE BLOG MÁIS ENTRADAS SOBRE BIBLIOTECA INCLUSIVA  

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA DE RECURSOS

As nenas e nenos de 6º de E.I. conmemoraron este día.