24/2/15

Celebramos o DÍA DE ROSALÍA

O martes, 24 de febreiro, celebramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, no Salón de Actos do Colexio, xuntámonos todos os cursos de Infantil e Primaria. As actividades que fixemos foron:
  • Presentación a cargo de Álvaro Paz, alumno de 3º curso.
  • Exposición con todos os traballos adicados a Rosalía.
  • Recitados a cargo dos alumnos e alumnas que quedaron semifinalistas no concurso ROSALÍA SEMPRE VIVA.
  • Dramatización da Vida e Obra de Rosalía e Manuel Murguía (Laura Ventura-Alejandro de Santiago e Fátima Mané-Hugo Casas)
  • Recitados a cargos dos alumnos e alumnas que participaron no concurso ROSALÍA SEMPREVIVA
  • Cantamos todos xuntos visualizando os vídeos que fixemos no colexio: "Has de cantar" e "Pasa, río, pasa, río"

22/2/15

Final do concurso escolar Rosalía sempre viva

A Casa-Museo Manuel María quíxose sumar ás celebracións polo DÍA DE ROSALÍA homenaxeando a nosa autora máis universal coa convocatoria, por vez primeira, dun concurso escolar de recitado de poesía rosaliana que estivo dirixido a todo o alumnado do ensino non universitario.
76 estudantes chegados de toda Galicia, de 5 a 18 anos, chegaron á Fase Final do concurso, logo de seren seleccionados na fase previa celebrada nos centros.
O xurado, que estivo formado por Paco Martín, Marica Campo e Anxo G. Refoxo, resolveu premiar a:

- Grupo de 1º de Primaria do CPI de Xanceda (Mesía), gañadores na 1ª Categoría polo seu recitado de Vente, rapasa.
- Irea Ferreiro López, do CEIP Virxe do Corpiño (Begonte), gañadora na 2ª Categoría polo seu recitado de A xustiza pola man.
- Fátima Barros Monteagudo, do CPI Santa Lucía (Moraña), gañadora na 3ª Categoría polo seu recitado de Ca pena ó lombo.
-Alejandro Sánchez Cela, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, gañador na 4ª Categoría polo seu recitado de Silencio.

Tamén se lle concedeu un premio especial ao CEIP de Albeiros (Lugo) por ser o que máis participantes conseguiu situar na Fase Final.


Os participantes do CEIP Antonio Pedrosa Latas: Pablo Gómez, Pablo Anido, Brais Álvarez, Candela Villarmea, Inés Alonso e Iago Leal, fixéronno moi ben e aínda que se puxeron un pouco nervosos, non se esqueceron dos poemas e todos quedamos moi contentos coa súa actuación.
NORABOA!!!

20/2/15

E agora Rosalía de Castro

Unha vez rematado o Entroido xa estamos a preparar as actividades para celebrar o DÍA DE ROSALÍA, martes, 24 de febreiro.
Este ano imos participar no Concurso que convoca a FUNDACIÓN MANUEL MARÍA:

ROSALÍA SEMPRE VIVA

O vindeiro sábado, 21 de febreiro en Outeiro de Rei, na Casa Museo Manuel María, celebrarase a final do Concurso e  representando ao noso colexio van participar os seguintes alumnos/as,
de 2º curso:
  • Pablo Gómez Prieto
  • Brais Álvarez Cociña
  • Pablo Anido Polo
  • Candela Villarmea Penabad
de 3º curso:
  • Inés Alonso Otero
de 4º curso:
  • Iago Leal Méndez
Nas aulas de Infantil xa teñen preparados uns murais ben bonitos!!!


Na páxina especial

ROSALÍA DE CASTRO

temos máis información.

2/2/15

Xa se achega o Entroido...

Xa estamos no tempo do ENTROIDO e con el chegan os preparativos para a súa celebración.
podemos seguir toda a actividade

http://entroido2010.blogspot.com.es/