31/1/19

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Chegado este gran día de celebración o noso colexio xa está totalmente preparado despois de levar a cabo todas as actividades que propuxemos:
 No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo das mesmas.



29/1/19

Vídeo-Conto "O esquío preguiceiro"

O alumnado de 6º curso de Valores Socias e Cívicos prepararon un vídeo-conto para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia.
Este conto é unha adaptación realizada por Xosé Lueiro da fábula de Esopo “La cigarra y la hormiga”. 
A intencionalidade didáctica desta historia quere poñer en valor o traballo e o esforzo frente á pereza ou preguiza. 
 Está narrado por Tábata, Julia, Carmen e Bryan, alumnas e alumno de 6º curso. 
A continuación do conto podemos escoitar a canción que leva o mesmo título “O esquío preguiceiro”, cantada polo alumnado de 1º curso.


25/1/19

BIBLIOTECA INCLUSIVA

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1101
Biblioteca Inclusiva é o nome dun novo programa no contexto do Plan LÍA 2016-2020 de Bibliotecas Escolares, que desenvolve algunhas das liñas contempladas no desafío número tres deste Plan. Este programa pretende sensibilizar sobre a necesidade de avanzar cara unha biblioteca que responda ás necesidades de todo o alumnado do centro e que enfronte os retos, dunha forma decidida, que presenta a diversidade. 

O noso centro acaba de ricibir unha cuantía importante co fin de renovar e ampliar os fondos da colección da biblioteca escolar e tamén para renovar e ampliar o mobiliario ou o equipamento da mesma, de cara a unha mellor atención da diversidade e cara unha BIBLIOTECA INCLUSIVA. 

ACCESO AOS MATERIAIS DA XORNADA "BIBLIOTECA INCLUSIVA. LECTURA E DIVERSIDADE" (importante selección de recursos)

23/1/19

22/1/19

Exemplos de Producións Sonoras dentro do Proxecto: RADIO NA BIBLIO

No blog das Bibliotecas Escolares de Galicia atopamos exemplos de programas realizados por varios centro educativos.

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=category/24/109

Primeiras producións sonoras de Radio na biblio. Curso 2017/2018

18/1/19

POEMAS PARA A PAZ

O día 30 de xaneiro celébrase o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA, por iso nas aulas xa se están levando a cabo diferentes actividades.
Dende a Bibliosoños propoñemos as seguintes:
  • Como este curso está adicado ás POÉTICAS DIVERSAS seguimos pedindo traballos sobre a poesía, neste caso sobre o tema da PAZ.
  • O mércores, 30 de xaneiro, no tempo do recreo e na Biblioteca, faremos un maratón de lectura destes poemas.
  • Recolleremos imaxes da actividade e faremos un vídeo especial.
  • Co alumnado de 6º curso realizaremos un vídeo conmemorativo deste día coa canción "O PROGRESO".
  • No blog especial do DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA iremos publicando todas estas actividades
http://diaescolardapazenonviolencia.blogspot.com/


17/1/19

Escolas... nas Ondas!

No páxina web de PONTE... NAS ONDAS!, no apartado de Escolas... nas Ondas! e dentro de VÍDEONOVAS  podemos ver o noso vídeo do OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á RADIO.

CLICA NA IMAXE
http://escolasnasondas.com/portada-video/

16/1/19

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á RADIO


https://pedrosalatas.blogspot.com/search/label/RADIO%20NA%20BIBLIO
Durante a mañá do martes, 15 de xaneiro, o alumnado de 6º curso de Primaria participou no Obradoiro de Iniciación á Racio impartido por:
  • Damián Alonso, actor de voz e dobraxe e de teatro. Locutor en publicidade e documentais en radio e tv.
  • Xerardo Feijoo, mestre e integrante da A.C.P. Ponte...nas ondas!
O profesorado do centro tamén recibiu formación na tarde do mesmo día.

 O traballo foi moi ilusionante e quedamos comprometidos para poder realizar programas de RADIO "ao noso xeito".
Queda moito traballo por diante:
  • Elixir a ubicación do estudio de radio.
  • Adquirir os materiais: mesa de mezclas, amplificador, altosonantes,micros...
  • Diseñar que tipo de programas de radio levaremos a cabo.
  • Formar os diferentes equipos de técnicos, presentadores, guionistas, colaboradores...
No seguinte vídeo podemos ver imaxes do Obradoiro recibido e a gravación do PROGRAMA DE PROBA.
Moitas grazas a Xerardo e Damián polas súas ensinanzas e bos consellos!!!

14/1/19

COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE

Comezamos este 2º trimestre e, como xa informamos na entrada do mes de decembro, imos comezar un novo proxecto:

RADIO NA BIBLIO

O alumnado de 6º curso e o profesorado do centro vai participar no OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á RADIO durante martes 15 de xaneiro e terá como contidos:

1ª Parte
  • Locución, dicción, articulación transmisión da voz.
  • Elaboración de Podcast 
  • Introdución ao manexo do programa Audacity: gravación e edición do son.
 2ª Parte
  • Montaxe dunha emisora: Espazo físico. Aparellos básicos: (aportados por nós como mostra ou usando os que teña o cole) mesa de mesturas, amplificador, micros, alto falantes, ordenador.
  • Estrutura dunha emisión: Sintonías. Cortes de voz. Cortes de música. Diferenza entre locución e control técnico.
  • Elaboración dun programa, deseño e tipoloxía de programas: como elaborar un guión e unha escaleta. Que temas podo tratar?. Música para os programas. Licenza para utilizar as músicas dos tres disco-libros editados por PNO: “Meniños Cantores”, “Cores do Atlántico” e “Na ponte”
 O obradoiro será impartido por :
  • Damián Alonso, actor de voz e dobraxe e de teatro. Locutor en publicidade e documentais en radio e tv.
  • Xerardo Feijoo, mestre e integrante da A.C.P. Ponte...nas ondas!
http://pontenasondas.org/?lang=es