31/5/17

Charlas informativas: Ciberexpert@


Novamente o delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González, está no noso centro co alumnado de 6º curso desenvolvendo o programa que ensina aos menores os riscos da internet e das RRSS. :

http://www.ciberexperto.org/ciberexpert/

Contido do programa:
Os alumnos e alumnas que realizan o curso de Ciberexpert@ reciben cinco horas de formación sobre temas como ciberacoso, grooming, sexting, suplantación de identidade, comunidades perigosas, acceso a contido inapropiado, xestión da privacidade e identidade dixital, netiqueta e mediación parental.

Participación activa

Os alumnos e alumnas teñen unha participación activa no curso. De feito participan en debates sobre supostos prácticos e realizan un exame final ao termo das clases que, no caso de ser superado, condúcelles á recepción dun carné acreditativo dos coñecementos adquiridos.

30/5/17

Festa Voz Natura

Esta fin de semana temos unha cita na FESTA VOZ NATURA, no parque de Acea de Ama, en Culleredo. Alí recolleremos o premio ao MELLOR BLOG. Tamén recordamos que estamos a participar no Concurso de Vídeos e as votación rematan o mércores, 31 de maio; neste momento estamos dentro dos 5 finalistas. Animámosvos a seguir votando!

Fai cinco anos nestas datas tamén recibimos unha gran noticia para o noso colexio, levamos o Premio Provincial VOZ NATURA polo proxecto “Xogando a reforestar”.

NESTE ENLACE PODEMOS VER MÁIS INFORMACIÓN

 

29/5/17

Viaxe Fin de Curso de 5º e 6º de Primaria

O alumnada de 5º e 6º curso, xunto coa profesora Virginia e o profesor Paco, fixeron a viaxe de fin de curso os días 24, 25 e 26 de maio. Foi unha excursión moi ben planificada na que poideron visitar moitos lugares de interese e onde o pasamos estupendamente.


22/5/17

Vídeo VOZ NATURA

Como xa informamos anteriormente, estamos a participar no concurso de vídeos medioambientais que convoca VOZ NATURA, e que se leva a cabo a través do facebook.
Facilitámosvos aquí o enlace por si queredes votar e compartir.


Este é o vídeo:
A base do mesmo é unha canción que vai contando todo o que se fixo no noso colexio para mellorar o Medio Ambiente e as actividades nas que traballamos para educar ao noso alumnado.
Recompilamos fotos antigas para amosar como era o entorno ao rematar as obras do colexio no ano 1986 e fotos actuais. Tamén hai fotos  do alumnado que foi pasando polo colexio e vídeos do alumnado actual: Infantil e Primaria.
  • A letra da canción foi escrita pola mestra Cristina Freán Lamela.
  • A música e a base instrumental creouna o exalumno Pedro Rodríguez Pérez.
  • A coreografía ensaiouna a mestra de Educación física Eva Martínez.
  • E todo o alumnado aprendeu a canción na aula de Música coa mestra Marta Pérez.

21/5/17

Máis traballos para as Letras Galegas

 "A PALABRA TEN VIDA"
Este é o título dunha fermosa canción de Brinca Vai que recolle os nomes de grandes autores da literatura galega, por elo pareceunos moi apropiada para empregala neste vídeo homenaxe á nosa lingua. 
Dende o Departamento de Normalización Lingüística propúxose esta actividade na que recompilamos palabras do noso idioma que pola súa sonoridade, o seu significado ou calquera outro motivo nos gustan especialmente. 
Moitas grazas pola vosa colaboración.

19/5/17

Contacontos na Bibliosoños

  • Venres, 19 de maio. Proxecto Interxeracional Fundación ABANCA
    • Ás 10:00 horas, na Biblioteca do Centro, para o alumnado de Infantil e 1º curso.
    • Narración do conto A GALIÑA AZUL, con apoio de láminas, a cargo dos voluntarios  Espazos+ 60 de Viveiro.
Moitas grazas á Fundación ABANCA e aos voluntarios que participaron na narración do conto.


18/5/17

Hoxe celebramos a Festa do Maio e das Letras Galegas

Durante a mañá do xoves, 18 de maio, fixemos moitas actividades para celebrar estas festas tan importantes para nós:
  • Exposición de instrumentos e traxes tradicionais galegos
  • Pasarrúas dende a Praza do Chao ata o colexio dos grupos invitados (Grupo de Gaitas "Non cho digo" e os grupos de Pandereteiras "Os do 21" e "Valdeflores") 
  • Dentro do recinto do colexio  actuación dos grupos invitados.
  • Cantamos a canción do MAIO.
  • A partir das 12:30 horas, no Salón de Actos:
Semblanza do autor, a cargo do alumnado de 5º curso
Dramatización A GALIÑA AZUL, a cargo do alumnado de 6º curso

Cantamos o HIMNO GALEGO

 NOS SEGUINTES VÍDEOS PODEMOS VER UN RESUMO

 


15/5/17

O CEIP Antonio Pedrosa Latas, premio ao mellor blogue VOZ NATURA



http://blogs.voznatura.es/ceipapedrosa/
O caderno dixital do CEIP Antonio Pedrosa Latas, colexio incluído en Naturacción (subprograma de Voz Natura patrocinado pola Fundación Alcoa e en colaboración coa Consellería de Educación), é a bitácora gañadora do premio a mellor blogue do programa Voz Natura no seu 20º aniversario. O xurado seleccionouno como exemplo de como un caderno dixital pode recompilar todas as actividades de Educación Ambiental desenvolvidas nun centro, integrando as distintas áreas curriculares, departamentos e accións que involucran a toda a comunidade escolar.

Para toda a comunidade educativa do noso colexio é unha noticia moi importante e que agradecemos ao programa Voz Natura.

O blogue comeza a súa andaina no mes de maio de 2009, despois de recibir un curso de formación a través do programa Voz Natura, e vimos que era un medio moi interesante para poder amosar todo o traballo e actividades que levamos a cabo relacionadas coa Educación Ambiental.

Ao longo de moitos anos o profesorado, alumnado, persoal non decente, ANPA e Institucións traballamos para conseguir un entorno respetuoso co Medio Ambiente e agradable para podelo disfrutar día a día. Por iso este premio vai dirixido a toda a Comunidade Educativa e será un aliciente para seguir traballando.

13/5/17

Díptico sobre Carlos Casares

CLICA NA IMAXE PARA VER TODAS AS NOSAS ACTIVIDADES NAS LETRAS GALEGAS
https://sites.google.com/site/carloscasares2017letrasgalegas/as-nosas-actividades

12/5/17

Todo sobre o Proxecto da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA

Nesta páxina podemos ver todo o relacionado co proxecto da Microrrede PLAMBE A AMARIÑA deste curso:
"A MARIÑA CON MOITA ARTE"
Clina na imaxe 
https://sites.google.com/site/plamblaamarina/a-literatura-nas-artes-da-marina

10/5/17

Excursión de 3º e 4º curso

O martes, 9 de maio, o alumnado de 3º e 4º curso, xuntos coas súas titoras Rosa e Xulia, viaxaron ata Narón para visitar o Parque Temático "ALDEA NOVA" onde participaron en diferentes talleres:
  • Astronomía: Proxección o planetario.
  • Ciencia divertida: Experimentos de física e química.
  • Achegamento á bioloxía: Traballos con microscopios, terrario...
  • Cultura Castrexa con xogos de rol.
No seguinte vídeo podemos ver as fotos da súa viaxe.

9/5/17

Participamos no Correlingua 2017

http://www.lavozdegalicia.es/album/amarina/2017/05/09/correlingua/01101494329574646663988.htm
CLICA NA IMAXE PARA VER AS FOTOS PUBLICADAS NA VOZ DE GALICA

NOTICIA  DO XORNAL "LA VOZ DE GALICIA"
O tempo primaveral axudou a que o Correlingua batera este ano récord de participación na Mariña, contando nesta edición con máis de dous mil alumnos da comarca paso a paso ou correndo en Viveiro baixo o lema "En galego, sen cancelas". Moita xente nova arroupando o seu idioma e dándolle máis vida en tempos difíciles nos que as estatísticas constatan a perda de galegofalantes. De aí a importancia dunha cita como o Correlingua, baixo a organización de CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración na cita mariñá do Concello de Viveiro.

Nenos e adolescentes, xeracións de diferentes idades, compartiron espazo na cidade do Landro nunha mañá do máis reivindicativa, os máis pequenos dando un paseo dende a zona do pavillón deportivo ata a Praza Maior onde os agardaba Cé Orquestra Pantasma para entretelos e facerlles bailar e os máis grandes correndo. A festa final contou coa coñecida actriz galega Isabel Risco de presentadora do evento que tamén deu a coñecer máis talentos, como as animacións musicais do IES de Foz. Un dos grupos gañadores do concurso Cantalingua e Alberto Sobrado puxeron a nota musical da xornada, na que a lectura do manifesto correu a cargo de alumnos do CEP Lois Tobío de Viveiro.

Participantes na carreira do CORRELINGUA, quedando gañadores en 1º e 2º lugar da súa categoría:
David Rego e Lucas Fanego.

8/5/17

Xa estamos no MES DAS LETRAS GALEGAS

Moitas e variadas actividades temos programadas para celebrar o mes das Letras Galegas, todos elas podemos seguilas nesta páxina especial que atoparedes na marxe dereita:  LETRAS GALEGAS

https://sites.google.com/site/carloscasares2017letrasgalegas/home




Día da Inauguración "A Mariña con moita arte"

Na tarde do luns, 8 de maio, fixemos a inauguración da Exposición colectiva da Microrrede PLAMBE A MARIÑA.
As coordinadoras do CEIP Vista Alegre de Burela e o IES María Sarmiento de Viveiro; Nazaret e Susana, foron as encargadas da lectura inaugural e exercendo de Mestras de Ceremoria.
A continuación un coro formado polo alumnado de Infantil e 1º e 2º curso dos centros EEI San Roque de Viveiro, CEIP Pedrosa Latas de Celeiro e CEIP de Alfoz cantaron unha Regueifa a Maruja Mallo (letra de Rocío Fernández) e a cantiga popular Catro vellos mariñeiros.
Posteriormente os asistentes poideron contemplar os traballos expostos nas Salas de Exposicións da Biblioteca e do Concello.

Noticias na Prensa:

LA VOZ DE GALICIA

EL PROGRESO

6/5/17

Montaxe da Exposición "A Mariña con Moita Arte"

Na tarde do venres, 5 de maio, os traballos das Bibliotecas Escolares dos Centros da Mariña formaron parte dunha exposición conxunta que se instalou na Sala de Usos Múltiples e na Biblioteca do Concello de Viveiro.
As coordinadoras e equipos docentes montaron os seus  respectivos traballos e todos xuntos formaron un gran  TERRITORIO DAS ARTES.


5/5/17

Charla informativa sobre riscos na internet e redes sociais

O alumnado de 5º curso de primaria tivo a oportunidade de contar coa visita do delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González, ofrecendo unha charla sobre os riscos asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais da internet, dentro do Plan Director.
O ciberacoso «é a ferramenta grupal máis poderosa para executar o acoso escolar e maniféstase con mensaxes insultantes, humillantes e crueis, con ameazas, suplantando a identidade doutros compañeiros para danar a súa reputación ou amizades, revelando secretos, informacións ou fotos comprometidas ou privadas, ou excluíndo intencionadamente a compañeiros de grupos «online».

4/5/17

Función de Teatro no Pastor Díaz

O alumnado de 6º de Infantil, 1º e 2º de Primaria acudiron ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro para asistir á función "A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR" de Redrum Produccións.

Guillermo Carbajo e Laura Míguez 
son os protagonistas

Unha comedia  na que a través de técnicas de reforzo positivo e para mellorar a autoestima dos nenos e nenas preséntase unha historia contra o acoso escolar.
A protagonista é unha nena que, farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, vaise da escola coa intención de non volver. 
Na súa aventura atópase co Xeadeiro, un ser máxico e vital que a base de contos, xogos e cancións lle devolve a autoestima.


3/5/17

Microrrede PLAMBE A Mariña

Xa temos case rematada a Exposición do Proxecto deste curso: A MARIÑA CON MOITA ARTE.
Os traballos propostos para facer en familia consistiron:
  • Elaboración dun cadro sobre unha paisaxe do Porto de Celeiro, en formato quebracabezas. Cada nena e neno levou un anaco  que pintou con témperas, e entre todos e todas montamos este gran cadro que nos IMPRESIONOU MOITO.



  • Como traballo literario propuxemos crear ou reproducir algún texto e que decoraron libremente.







  • Queremos felicitar e agradecer a participación das familias, dado que sin elas esta actividade non sería posible. Tamén damos as grazas ao persoal non docente do colexio pola súa colaboración para que o resultado final fose o que podemos ver no seguinte vídeo.