27/11/14

O sabor da aventura esta no mar

https://sites.google.com/site/proxecto20142015/o-sabor-da-aventura-esta-no-mar
Hoxe os nenos e nenas de primaria poideron disfrutar da actividade:


Programa proposto pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da comunidade e de incidir e equilibrar as súas axudas alimenticias. Os seus destinatarios son os escolares de educación primaria e os seus profesores.
Esta actividade forma parte do Plan Proxecta: ALIMÉNTATE BEN.

24/11/14

Un traballo moi especial

Despois de asistir ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro para ver a obra:
 "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS"
de Carlos Casares
 os alumnos e alumnas de 2º curso, xunto co seu profesor Eduardo Rguez. fixeron un libriño entre todos e que quedou así de ben!.

20/11/14

Celebramos o día dos Dereitos dos Nen@s

Hoxe foi un día moi especial pois na BIBLIOSOÑOS celebramos o 


Fixemos varias actividades nas que participaron os alumnos e alumnas de Infantil e
1º, 2º e 3º de Primaria, en varias sesións ao longo da mañá.
  • Presentación dos DEREITOS  e DEBERES, a cargo dos alumnos e alumnas de 6º de Infantil.
  • Presentación do Vídeo especial: TODO NATURAL.
  • Cantamos e bailamos.
No seguinte vídeo podemos ver o resumo destas actividades 

17/11/14

Para traballar os DEREITOS DOS NEN@S


Para traballar durante esta semana a conmemoración ou celebración do Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas, no rincón das exposicións da Bibliosoños, temos unha seleción de libros e traballos que podemos consultar.
No seguinte vídeo podemos ver a mesma:

12/11/14

Imos ir ao teatro Pastor Díaz de Viveiro

O Concello de Viveiro convídanos a presenciar o xoves, día 13 de novembro, ás 11:00 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, a obra:

 As laranxas máis laranxas 
de todas as laranxas

representada polo Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.




As laranxas máis laranxas de todas as laranxas está considerada como unha das principais contribucións de Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) ao ámbito da literatura infantil e xuvenil, galardoada en 1973 co I Premio de Literatura Dramática para a Infancia e a Xuventude da Asociación Cultural 'O Facho'.

11/11/14

Hoxe, día de San Martiño, celebramos o noso MAGOSTO

A palabra magosto designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo.
Celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro.

REFRÁNS:
  • As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
  • Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
  • Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.
  • Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.
  • Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
  • Polo san Martiño, castañas e viño.
  • Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
  • Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
  • Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.

6/11/14

Exposición de libros novos

Na Bibliosoños hai libros novos moi interesantes para todo o alumnado de Infantil e Primaria e como xa están rexistrados e catalogados pronto imos podelos levar ás nosas casas para poder disfrutar da súa lectura.