27/3/15

"O sabor da aventura está no mar"

Hoxe os nenos e nenas de primaria poideron disfrutar novamente da actividade:

Programa proposto pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da comunidade e de incidir e equilibrar as súas axudas alimenticias. Os seus destinatarios son os escolares de educación primaria e os seus profesores.
Esta actividade forma parte do Plan Proxecta: 

25/3/15

"Froita na escola"

Este curso estamos a traballar sobre a ALIMENTACIÓN e unha das actividades que vimos realizando con moito éxito é a de tomar froita na merenda da mañá.

A continuación podemos ver un vídeo no que os alumnos e alumnas de 2º curso, xunto co seu profesor Eduardo, nos presentan as cualidades das froitas e tamén soa de fondo musical a canción "Todo natural",  tamén cantada por eles.

23/3/15

ANXO MOURE na Bibliosoños

Anxo Moure, pasou pola nosa biblioteca para contarnos contos sobre as árbores, como coidalas e respetalas...
Pasamos un ratiño moi divertido e entretido.
Queremos darlle as gracias ao CONSORCIO EDITORIAL GALEGO por poder contar con esta actividade.



19/3/15

Comezamos co traballo colaborativo da Microrrede PLAMBE A MARIÑA



 Logotipo da Microrrede PLAME A Mariña. Creado por María Rolle (CEIP de Covas)

No mes de abril celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e o Día do Libro (23 de abril); no mes de maio As Letras Galegas.
Por iso, dentro do proxecto da Biblioteca Escolar e en colaboración coas bibliotecas doutros centros da Mariña,   como en cursos pasados (“Lembrando o pasado”,“Unha primavera de poemas” e “De aqueles contos… novos finais), propoñemos ás familias a súa participación nunha actividade que leva por título:
“O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO”
Esta actividade ten como obxectivo a posta en valor da TRADICIÓN ORAL E POPULAR.
A tradición oral transmite valores que explican a importancia e a necesidade que ten o home
de vivir en sociedade, ensinando a respectar e comprender os seus propios estilos de vida e outros distintos.
Trátase de fomentar a comunicación e o diálogo entre a familia e o seu fillo-a, traballando sobre os diferentes refráns  que coñecen, para despois pensar nun en concreto e a ser posible que se utilice na nosa zona.

Por iso enviámosvos o folio para que escribades un refrán en galego e o acompañedes dunha ilustración ou obra plástica a realizar con técnicas libres (collage, debuxo, manualidades…).
Cada ano vides presentando traballos ben bonitos !!!
O traballo entregarase ao titor ou titora tendo como data límite o xoves, 16 de abril; cos mesmos faremos unha exposición no colexio e na semana do 12 ao 15 de maio, unha exposición conxunta de todos os centros participantes, na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro. Esta exposición contará con actuacións variadas dos alumnos e alumnas dos centros e poderá ser visitada polas familias.
Grazas pola vosa colaboración.

18/3/15

Para celebrar o Día da Árbore

Unha das actividades para conmemorar esta data queda recollida no seguinte vídeo homenaxe:

  • Canción "As árbores da fraga"
  • Autores: Fol do vento
  • Cantan: Coro do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro, curso 2010-2011

17/3/15

Libros de poesía nas nosas lecturas

No rincón das exposicións hai moitos libros de poesía para ler nas aulas...xa sabemos que se achega o
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
21 de marzo




Traballo documental dos alumnos de Infantil

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Infantil, xunto coas súas profesoras, prepararon un traballo moi especial sobre A VACA:
  • Mural colectivo
  • Información
  • Canción
No seguinte vídeo podemos ver todo o traballo. Fixéronno moi ben!!!

16/3/15

Na semana da prensa na escola

Durante a semana do 9 ao 13 de marzo, SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA, as aulas enchéronse de prensa escrita e online coas novas tecnoloxías. Foron moitos os traballos realizados, aquí vos deixamos un exemplo dos alumnos e alumnas de 5º curso que aproveitaron tamén o Día da Muller.

11/3/15

ENCONTROS PLAMBE

Os vindeiros 12 e 13 de marzo terán lugar en Compostela (Palacio de Congresos) os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, unha cita anual do profesorado que coordina e representa aos equipos de bibliotecas escolares dos centros integrados neste programa. No presente curso participan deste Rede de bibliotecas escolares que supón o PLAMBE, un total de 550 centros distribuídos por toda a xeografía do país.  
Coma en anos anteriores, a participación nos encontros será do seguinte xeito:
  • 12 de marzo: responsables das bibliotecas dos 33 centros que se incorporaron ao PLAMBE na convocatoria de 2014.
  • 13 de marzo: responsables do resto das bibliotecas do PLAMBE ata un total de 550.  
  • MÁIS INFORMACIÓN

10/3/15

Unha xornada moi exitosa

A xornada do luns, 9 de marzo, foi moi completa:
  • Pola mañá, os nenos e nenas do colexio tiveron a oportunidade de facer moitas preguntas ás mulleres homenaxeadas: Antonia Paz, Ana Meitín, as xemelgas Nieves e Carmen, María Antonia Ladra, Mari Carmen Iglesias, Emma Bermúdez, Sarai Blanco e Lara Balseiro, que atenderon amablemente ás cuestións plantexadas polos alumnos e alumnas dos distintos cursos.
  • Pola tarde, excelente acollida da XORNADA DE PORTAS ABERTAS cunha afluencia de nais, pais, e sobre todo, avós e avoas, ademais de numerosos veciños que participaron nunha visita guiada polo colexio con clase incluida por parte do director, quen lles puxo ao día do actual sistema de aprendizaxe a partir das novas técnicas da información e comunicación. De seguido, asistiron á proxección de dous vídeos na honra das mulleres traballadoras de Celeiro e outro que reproducía o proceso de fabricación da conserva. Finalmente, unha mesa redonda na que participaron algunhas das homenaxeadas á mañá coa incorporación de Covadonga Viamonte.
  • Tanto nesta xornada como ao longo da semana permanece aberta unha exposición con 104 fotos adicada aos diferentes traballos da muller.
 PÁXINA ESPECIAL
Así foi recollido na prensa:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/viveiro/2015/03/10/nueve-mujeres-ante-curiosidad-pequenos-celeiro/0003_201503X10C2999.htm



6/3/15

Exposicións para o Día da Muller

Durante estes días estivemos traballando nas aulas sobre a celebración do DÍA DA MULLER; unha vez rematados fixemos varias exposicións que quedan reflexadas no seguinte vídeo:

2/3/15

Preparando o DÍA DA MULLER

O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, e festa recoñecida nalgúns países e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.
Para conmemorar esta data tan importante, dende os equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca Escolar, diseñamos unha serie de actividades que de seguro van contribuir á sensibilización dos nosos alumnos e alumnas así coma a toda a comunidade educativa.


    XORNADA DE PORTAS ABERTAS
    Luns, 9 de marzo de 2015
    En horario de 17:30 h a 19:30 h

    ACTIVIDADES:


      Exposición de fotografías do mundo do trababallo de Celeiro
        Exposición de traballos dos alumnos e alumnas
     Visualización de vídeos conmemorativos especiais
      Charla-Coloquio con mulleres representantes de varios sectores laborais