30/3/17

Día da árbore e da auga


Hoxe celebramos o Día da Árbore que, por mor da choiva e o mal tempo, aplazamos dende a semana pasada.
  • O alumnado de infantil e 1º e 2º curso de primaria plantaron lavanda arredor do parque infantil.
  • 3º curso repuxeron varias roseiras que secaron durante o inverno.
  • 4º curso limparon e recuperaron as plantas das macetas do parque infantil.
  • 5º e 6º curso plantaron o ameneiro que nos enviaron dende a Deputación de Lugo.
Ademais recitamos poemas e tamén estudamos as diferentes árbores e plantas que temos no noso Medio Ambiente.
Foi un día estupendo e aprendemos moitas cousas!!!
No seguinte vídeo podemos ver un resumo da actividade



29/3/17

Traballos sobre as árbores

Durante esta semana os nenos e nenas estiveron realizando traballos sobre as árbores. Nas seguintes presentacións podemos ver algúns deles.
  • O ameneiro, de 5º de primaria
  • Os pinos, de 2º de primaria 
  • A lavanda, de 2º de primaria 
  • As plantas, de 1º de primaria









23/3/17

MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, volve un ano máis a promover a campaña escolar

“MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR”

Nesta edición, a campaña pretende ser un referente de divulgación, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes. Como nas anteriores edicións, o principal obxectivo é achegar ás novas xeracións, escolares de primaria e secundaria, ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. Ao mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.

O alumnado de 3º e 4º de primaria visitan a lonxa e o heliporto de Celeiro o  xoves 23 de marzo. 

22/3/17

Preparando o Día da Árbore e da Auga


https://sites.google.com/site/educacionparaomedioambiente/

Nesta páxina podemos seguir todas as actividades que realizamos no colexio en torno ás diferentes celebracións: Día da Árbore, da Auga, Medioambiente. Tamén sobre o SEPRONA  e SOGAMA.
Recomendamos que lle fagades visitas para lembrar e aprender moitas cousas relacionadas co MEDIOAMBIENTE.


VI Semana Escolar da Árbore e a Auga
Esta actividade é unha iniciativa da Deputación Provincial de Lugo
Acabamos de recibir os exemplares que nos envían dende a Deputación:
  •  Eva, o trasno e o ameneiro, para Infantil
  • Salven os ameneiros, para Primaria
 Ademáis dun pé de ameneiro para plantar o venres, 24 de marzo.

21/3/17

No Día Mundial da Poesía











No Día Mundail da Poesía queremos homenaxear a todos os poetas.
Fixemos varias actividades para fomentar a lectura de poesía entre o noso alumnado:

  • Na hora de ler os libros de poesía foron os protagonistas
  • O alumnado de 1º curso traballaron os poemas de Xoán Neira nos libros: Xiz de cor, Farrapos de nube e No cubil da lúa. 
  • Tamén traballaron os poemas de Xosé Neira Vilas co libro: O xardín de Irene.

Exposición de libros de POESÍA



Centenario de Gloria Fuertes

http://www.gloriafuertes.org/
Hoxe, día 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, dende a Biblioteca queremos lembrar a unha gran escritora e poetisa

Páxina da Fundación 
onde atoparemos moita información.

Infravalorada polos que descoñecen o alcance da súa obra poética e tamén polos que non souberon calibrar a profundidade da súa influencia en polo menos dúas xeracións de nenos, hoxe adultos que creceron baixo o feitizo da súa imaxinación poética, Gloria Fortes rexorde no centenario do seu nacemento co aprecio literario que sempre mereceu.

AUTOBIOGRAFÍA:
Gloria Fuertes nació en Madrid
a los dos días de edad,
pues fue muy laborioso el parto de mi madre
que si se descuida muere por vivirme.
A los tres años ya sabía leer
y a los seis ya sabía mis labores.
Yo era buena y delgada,
alta y algo enferma.
A los nueve años me pilló un carro
y a los catorce me pilló la guerra;
A los quince se murió mi madre, se fue cuando más falta me hacía.
Aprendí a regatear en las tiendas
y a ir a los pueblos por zanahorias.
Por entonces empecé con los amores,
-no digo nombres-,
gracias a eso, pude sobrellevar
mi juventud de barrio.
Quise ir a la guerra, para pararla,
pero me detuvieron a mitad del camino.
Luego me salió una oficina,
donde trabajo como si fuera tonta,
-pero Dios y el botones saben que no lo soy-.
Escribo por las noches
y voy al campo mucho.
Todos los míos han muerto hace años
y estoy más sola que yo misma.
He publicado versos en todos los calendarios,
escribo en un periódico de niños,
y quiero comprarme a plazos una flor natural
como las que le dan a Pemán algunas veces.

20/3/17

Día Mundial da Narración Oral

Os contos viven a súa festa grande durante este mes coa celebración, o 20 de marzo, do Día Mundial da Narración Oral. 
 Esta festividade ao redor dos contos e aos cuentista comezou a celebrarse en Suecia en 1991. 
A idea era festexar o equinocio de primavera contando contos por todo o país. 
Aos poucos a iniciativa foi recalando noutros lugares do mundo, ata que a día de hoxe practicamente todos os narradores do planeta celébrano como unha maneira de reivindicar e dar visibilidade a esta arte ancestral.

Para celebrar esta data convocamos ás familias a participar contando contos no colexio.
Asemade tamén o alumnado de 4º, 5º e 6º curso farán esta actividade para o alumnado de 1º, 2º e 3º curso.

  • 6º curso narrou "A galiña azul"  ao alumnado de 3º curso
  • As alumnas de 5º curso, Diana e Inés, narraron "o Abeto" a 2º curso.
  • 4º curso narrou "O gato con botas" ao alumnado de 1º curso



19/3/17

Concurso de recitado poético "ROSALÍA SEMPRE VIVA"

O luns, 13 de febreiro fixemos no colexio a selección dos participantes no concurso, foron moitos os nenos e nenas que se presentaron e foi moi difícil a selección, quedando finalistas:
  • Grupo de 2º curso: Sara Asmerón, Diego Fernández, Lucas Fernández, Yeray López e Hugo Rey.
  • Alumna de 5º curso: Daniela Escudeiro.
O sábado, 18 de marzo, celebrouse a fase final en Outeiro de Rei, na Casa Museo do poeta Manuel María.



16/3/17

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2016/2017

Os vindeiros 16 e 17 de marzo o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela acollerá unha vez máis os 

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES. 

Coma en anos anteriores, está convocado para a primeira xornada o profesorado dos centros que se incorporaron a este programa no curso 2016/2017, así como unha treintena de coordinadores da biblioteca do seu centro que son novos nesta responsabilidade. Xa na segunda xornada, o 17 de marzo, reuniranse os responsables da biblioteca da totalidade dos centros Plambe, que neste curso inclúe  615 bibliotecas. 

14/3/17

Mes de moitas celebracións

Temos un mes de marzo cargado con moitas celebracións:
 No colexio estamos a preparar actividades que vos iremos anunciando!

Entrega da 3ª cesta entroideira



A familia da nosa alumna Paula Ramos foi agraciada coa 3ª cesta entroideira. Noraboa!
Seguimos á espera da rifa do 2º premio.
A rifa para o 1º premio non foi vendida.

8/3/17

Día Internacional da Muller

O tema central do Día Internacional da Muller de 2017, que se celebra o 8 de marzo, será "As mulleres nun mundo laboral en transformación: cara a un planeta 50-50 en 2030".

O mundo laboral está a cambiar dun modo que terá consecuencias significativas para as mulleres. Por unha banda, os avances tecnolóxicos e a globalización brindan oportunidades sen precedentes a quen ten a posibilidade de acceder a eles. Doutra banda, están en aumento a informalidade laboral, a desigualdade dos ingresos e as crises humanitarias.  SEGUIR LENDO AQUÍ

Dende o o noso colexio traballamos co noso alumnado pola igualdade de xénero, pola xustiza, pola paz e non violencia hacia as mulleres, un camiño todavía moi longo por percorrer...
A través do EDLG (Equipo dinamizador da lingua galega) e da Biblioteca propuxemos varias actividades; unha delas e para celebrar en anos sucesivos, será dar a coñecer a vida e obra de mulleres representativas que  son exemplo de loita pola igualdade de dereitos.
Este ano comezamos coa viveirense Maruja Mallo, e así foron saíndo diferentes actividades que podemos ver  NESTA PÁXINA
  • Díptico informativo


6/3/17

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA




Do 6 ao 10 de marzo os centros educativos galegos celebran a 29º edición da Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa instituida oficialmente dentro do calendario escolar en 1989.




MÁIS INFORMACIÓN

5/3/17

Sorteo das cestas entroideiras

Desixamos aquí os números premiados no sorteo da ONCE, para levar as Cestas Entroideiras que prepararon os nenos e nenas de 5º e 6º, como actividade para recaudar fondos para a súa excursión de fin de curso.
  • O número do sorteo do 1 de marzo levará a 1ª cesta, 
  • O número do sorteo do 2 de marzo levará a 2ª cesta,
  • O número do sorteo do 3 de marzo levará a 3ª cesta.